Coma todos os anos por estas datas atopámos ao final do camiño, ou máis ben dunha etapa do camiño. Facendo un balance rápido empezamos dicindo que este curso, por razóns diversas, tivemos o blog algo abandoado e facemos firme propósito de reactivalo no próximo curso.
Despedimos ás nosas alumnas de 2º de BAC con parabéns xa que aprobaron selectividade con boas notas, cunha aceptable media en grego. Por parte da profe non queda máis que agradecer a Cristina, Xela e Tamara este curso no que compartimos horas moi agradables no departamento de grego traducindo, lendo aos clásicos e aos non tan clásicos, flando de historia, literatura... Moita sorte na vosa "viaxe a Itaca", desexamos que o voso camiño sexa longo, cheo de aventuras e coñecementos.
En primeiro de BAC tivemos un ano moi especial, xa que ademais de grego compartimos titoría, o que creou entre nós un vínculo máis forte. Tivemos momentos duros e agora estanos costando algo o traxecto final, pero como Kavafis, non debemos temer nin aos Cíclopes nin ao fero Poseidón, non os atoparemos no camiño si non os levamos dentro de nós. Aprendimos moitas cousas xuntos e pasamos bos momentos... e se alguén se anima a continuar co grego o ano que ven, benvido/a sexa!
En 4º de ESO tamén tivemos un ano estupendo, xa que con só oito alumnos/as pódense facer moitas cousas, sobre todo si hai ilusión e interese. Pasamos momentos emocionantes co concurso Odisea conseguindo chegar á fase final.Viaxamos a Grecia xunto cos de 3º de ESO e algún de BAC e o que vimos de mitoloxía, historia, literatura deunos para falar e moitas cousas, ademais do mundo clásico.
E xa acabamos cos de 3º de ESO, o grupo máis numeroso e tamén máis animado (...algunha vez a profe tivo que "desanimar" algo). Non vimos todo o que nos gustaría (ou o que lle gustaria á profe) pero levamos unha pequena idea de mitoloxía, literatura e outros aspectos da vida cotiá clásica. Vestímonos de gregos e romanos, viaxamos a Grecia, vimos teatro en Lugo e ata nos acompañou Ánxeles. Especialmente adicado aos rapaces e rapazas de 3º de ESO vai esta canción na imos aprender a contar ata catro en grego: Ta paidiá tu Pireá, "Os nenos do Pireo" que usamos como parte da nosa banda sonora do noso vídeo da viaxe a Grecia.
Esta canción é todo un clásico da música grega. Interpretouna por primeira vez Melina Mercuri, que ademais de unha gran actriz é un referente da cultura grega, chegando a ser ministra de cultura. A letra e música da canción foron composta para a película Nunca en Domigo (de J. Dasin, 1960) por Manos Jatsidakis, un dos autores máis influínte e prolífico no panorama musical grego do s.XX.
Esta primeira versión, a cargo de S. Rouvas, é algo máis tradicional e casi vai a ritmo de sirtaki. Nela podedes ver escenas da película:
Pero a versión que causou furor foi esta outra de Aroma FT Katerina, que xa nos vai preparando para o verán:
E para poder cantar todos xuntos en clase aquí vai a letra, transcrita e traducida ao galego. Despois de cantala unhas cantas veces, xa podedes contar ata catro en grego. Quen queira aprender a contar algo maís pode matricularse en grego o cultura clásica. FELICES VACACIÓNS E FELIZ VERÁN!!
Tα παιδιά του Πειραιά
07/06/11
A Loita Olimpica
A loita olimpica é un dos deportes máis antigos dos que coñecemos hoxe en dia, xa que iste se practicaba na antiga Grecia e Roma.
Historia:
A loita olímpica da antiga Roma e Grecia é bastante similar a que coñecemos hoxe en día como "loita libre olímpica", xa que nesta modalidade está permitido atacar as pernas do contrincante.
A loita olimpica seria un dos deportes máis aclamados en toda as Olimpiadas dedicadas a o deus Zeus,pero por desgraza coas guerras e a invasión doutras culturas este deporte non volvoria aparecer nunha Olimpiada ate o ano 1630.
No ano 1630 as Olimpiadas que se realizaron en Paris supuxeron o regreso da loita olimpica e a creacion da F.I.L.A. (Federacion Internacional de Luchas Asociadas) no ano 1912.
Regulamento:
-É obligatorio o uso de maillot deportivo para o combate-Os combates son de 3 asltos-Hai 3 formas de gañar un combate:
·Tumbar a o contincante e facer que a sua espalda toque o chan(a isto chamaselle touch), cando isto ocorre o loitador xa gañou o combate e non ten que facer mais asaltos
·Superar a o contrincante por unha diferencia de 6 puntos, cando acontece isto o loitador gañou un asalto
·Gañar 2 dos 3 asaltos
-Esta prohibido morder, arañar, pegar ou producir calquer outro tipo de daño que non sexa producto dunha tecnica
Tecnicas:
A continuación imos ver algunhas das tecnicas basicas e famosas:
- Entrada a pernas
- Brazo martillo
- Suplex