31/05/12
VIAXE A MÉRIDA E ANDALUCÍA
Por fin, un mes despois do noso regreso temos o vídeo da viaxe a Mérida e Andalucía, organizada polo departamento de grego do 23 ao 29 de abril. Non damos detalles, porque as imaxes valen mási que mil palabras. Parabéns a Jessica Barreiro, que ademais de disfrutar da viaxe, montou este vídeo na aula de TICs, con algunha axuda de Susana Oro.
28/05/12
ADEUS, PROFESOR MORALEJO
O venres 25 de maio faleceu en Compostela Juan José Moralejo, catedrático de grego na USC e profesor da
meirande parte das profesoras e profesores actuais de clásicas en
Galicia. A moitos de nós sorprendeunos esta noticia, pois hai apenas uns meses asistíamos a unha homenaxe polo seu 70º aniversario e puidemos disfrutar do seu bo humor que parecía descartar calquera problema de saúde.
Non pretendo facer aquí un resumo biográfico ou unha necrolóxica, e tampouco podería recopilar o moito que me transmitiu o profesor Moralejo. Si ben é certo que a miña vocación de filóloga xa era firme cando fun alumna súa, el alimentouna aínda moito máis coas súas clases de lingüística indoeuropea e textos gregos. Daría calquera cousa por conseguir nun só alumn@ meu esa emoción e ansiedade por saber que el provocaba en min coas súas clases de indoeuropeo. Pero máis que coñecementos, un profesor sempre ensina actitudes, todos percibíamos e nos beneficiábamos do seu pracer por ensinar. Esa frase que moitas veces emprego "eu debería pagar por dar clases" aprendina e copieina de el.
Nun principio parecíanos un profesor distante, que inspiraba un respeto que rozaba o medo, pero pouco a pouco a súa retranca e o seu agudo sentido do humor descubríronnos unha persoa entrañable. Sirva como mostra esta autodefinición "licenciado en trucholoxía e profesor de grego en temporada de veda", porque ademais da súa profesión soubo apaixoarse polas pequenas e grandes cousas da vida que merecen a pena.
Χαῖρε, δάσκαλε que os deuses lle concedan unha última travesía favorable, sabio e rico con canto gañou no camiño.

16/05/12
Viaxando a Itaca de novo
Como é habitual nesta época do ano, comezamos as despedidas en 2º de bacharelato. É certo que aínda nos queda traballo por facer e, ademais duns textiños de Xenofonte para redondear a nota, temos as clases de preparación de selectividade (si, imos todas a selectividade, a poder ser en xuño!).
Como dábamos conta a principio de curso, este ano cinco alumnas cursaron Grego II no IES de Melide: Cristina Corral, Ángeles Santos, Lorena Labandeira, Cristina Conde e Raquel Vázquez. Compartimos moitas horas no departamento, pelexándonos con verbos, textos de Xenofonte, temas de literatura e historia... pero tamén momentos de agobio, cansanzo dos venres (ou dos luns), problemas e problemiñas, alegrías esperadas e inesperadas e, sobre todo, bo humor. Ademais desta convivencia do día a día, o noso achegamento viña currado do ano anterior coa titoría de 1º B de BAC.
Á parte de grego, aprendimos a tolerarnos, repectarnos, valorarnos e, como é lóxico, coñecernos e querernos.
A boa sintonía nunha aula pode facela propensa a convertirse nun caixón de satre, no que se fala de todo un pouco, incluída a materia que se imparte. Non foi este o noso caso, xa que en todo momento estas cinco alumnas souberon respectar sempre os tempos de clase e buscar momentos para arranxar o mundo ou o que cadrase.
Que máis pode pedir unha profesora a quen, ademais, encántalle impartir a súa materia? Unha considérase privilexida por poder traballar nestas condicións e case lle dan ganas de pagar por traballar. Eu vou calar xa, que isto de pagar por traballar pode ser o seguinte recorte que nos apliquen... O certo é que por moito que saqueen o ensino público, nunca poderán recortar satisfaccións coma estas. Que será de nós o próxmo ano? poderemos ter un grupo de cinco alumnas?
Agárdannos tempos difíciles, pero máis aínda para os que se embarcan para Itaca, como ás dúas Cristinas, Lorena, Raquel e Ángeles. Grazas por compartir tantas cousas, grazas pola frescura, atención, sinceiridade, grazas polo voso afecto. Espero que partades con forzas e que a noite de pedra que temos por diante non sexa tan longa e cheguedes a bo porto, que os deuses vos proporcionen unha viaxe favorable!