Pero todo isto lévase con alegría ao comprobar como resisten as clásicas en Melide, cal aldea gala de Asterix, citando á nosa admirada Ana Ovando. Imos por partes:
- En 3º de ESO escolleron Cultura Clásica nada menos que 49 alumnas/os!!. O departamento de grego
faise cargo dun grupo de 25 e o de latín do outro de 24. Foi a optativa maioritaria, escollida polo 70% do alumnado.
Parte da lexión de Cultura cClásica de 3º |
- En 4º de ESO non se fixo grupo de cultura clásica, xa que só 8 alumnos a escolleron. Ante as protestas dos alumnos e a solicitude da profesora, estudiarase na próxima CCP facer grupos na ESO con menos dos 10 alumnos que marca a lei, sempre e cando haxa disponibilidade horaria do profesorado. Non obstante, o departamento de latín asume a docencia dun grupo de latín con 15
Os Argonautas de 1º de BAC |
- En 1º de BAC temos un grupo amplo de humanidades. !9 alumnas/os escolleron latín e grego.
- E xa rematando en 2º de BAC matriculáronse en grego II 10 alumnas/o. Ademais neste nivel hai dous grupos de latín, uns 8 na propia de modalidade e uns 5 con Latín II optativo.
En grego seguiremos intentando renovarnos un pouco, botando man do neno grego e tamén, como xa fixemos o ano pasado, das presentacións, textos e xogos de Lingua Graeca per se illustrata;
pero sen deixar de combinar algo de gramática e outros textos máis tradicionais, para que o salto a 2º de BAC non sexa tan traumático e sigamos sacando boas notas en selectividade.
Apolo e as nove musas de 2º de BAC |