Por fin chega o acontecemento máis esperado do curso, a nosa viaxe a Grecia. Sairemos o xoves 3 de abril de Santiago, con destino Atenas, onde faremos o noso percorrido clásico. Como sempre, viaxeremos a unha illa e este ano toca o mundo minoico de Creta. De volta no continente peregrinaremos a Delfos, a ver que oráculos nos depara o deus Apolo. Xa para rematar, faremos unha última parada en Istambul, a antiga Bizancio e Constantinopla, onde andaremos a todo correr para tratar de ver algunas das marabillas desta cidade en tan só 24 horas. O 11 de abril estaremos de volta, e teremos as vacacións de semana santa para repoñer forzas e asimilar todo o que vimos, escoitamos, ulimos, probamos e tocamos, porque se viaxa cos cinco sentidos.
Na parte superior temos a nosa guía de viaxe con información de todos os recintos arqueolóxicos e na inferior a nosa axenda de peto, con notas prácticas sobre itinerario, gastronomía, idioma e diario de viaxe. Talvez este sexa o último ano que as imprimamos en papel, as tabletas mandan!!
25/03/14
VISITA A SANTA OLALLA DE BÓVEDA E LUGO
Como cada ano, o alumnado de grego e cultura clásica asistirá este mércores 26 de marzo ao festival de teatro grecolatino que organiza a SEEC de Galicia. Este ano volveremos a ver Troianas de Eurípides, un magnífico alegato contra a guerra onde o autor empatiza coas vítimas da guerra de Troia, e Asembleístas de Aristófanes, onde as mulleres de Atenas, colándose disfrazadas de homes na Asemblea, plantexarán unha solución para sacar á cidade da crise na que se atopa. Dous temas de absoluta actualidade plasmados en dúas obras escritas hai 2500 anos.
Pero antes de chegar a Lugo, faremos unha paradiña polo camiño para ver a igrexa de Santa Olalla de Bóveda, edificada sobre un enigmático santuario de época romana, talvez dedicado á deusa Cibeles. O interior deste templo contén un dos mellores conxuntos de pintura da Hispania romana. No vídeo da parte superior pódese ver un fragmento extraído da magnífica serie Roma da cadea HBO, no que se explica en que consitía o taurobolium, ou bautismo de sangue que formaba parte dos ritos a Cibeles, deusa nai semellante á Rea grega. No documento de abiaxo tes unha explicación mási detallada deste rito e dos posibles usos deste edificio.
Despois completaremos a nosa visita cun breve paseo polo centro do Lugo antigo, vendo a muralla, catedral... e marcharemos ao auditorio Gustavo Freire para ver teatro clásico.

17/03/14
APRENDENDO A SER PROFE DE CLÁSICAS
Hoxe toca de novo impartir unha charla dentro das xornadas que organiza a SEEC co título "A influencia de Grecia e Roma na cultura occidental".
Ao igual que hai un par de anos cos alumnos do máster de Filosofía, volvo a sentir un pouco de vergoña, porque o meu traballo é moi cativo ao lado dos "imprescindibles" que cito. Espero que o feito de compartir experiencias, dúbidas, medos e proxectos con alumnado de máster, postgrao e outros compañeiros, venza estes reparos meus e nos permita pasar un rato agradable.

UNHA ARTEMISA MANGA
Esta é a magnífica versión manga de Artemisa que nos fixo Li Wei, de 3º PDC de ESO. Podemos distinguila ben por algúns dos seus emblemas: o arco, a vestidura curta e o seu carácter agreste neses corniños que lle sobresaen na cabeza, case estilo fauno. Parabéns e só nos queda animar a Li Wei a que se lance a facernos algunha viñeta de cómic. A ver se se inspira coa versión manga da Ilíada e Odisea que está a ler.