18/06/15
PERCY JACKSON E A MITOLOXÍA
Andrea Rivadulla, de 1º B de Bac fixo un interesante traballo no que investiga os referentes clásicos na película Percy Jackson e o ladrón do raio.
17/06/15
INCENDIES, UNHA TRAXEDIA CLÁSICA
Como traballo complementario ás nosas lecturas deste curso, Edipo Rei e Lisístrata, Jose V. Pudelko, de 1º BAC B, fixo e expuxo este magnífico traballo no que analiza a película Incendies (Canadá, 2010) e o seu tratamento dun coñecido mito clásico. Non queremos contar máis para no facer spoiler e mesmo recomendamos que se vexan só a tres primeiras diapositivas antes de ver a película, a ver se sodes quen de descubrir o mito que late baixo esta historia de dous irmáns, que seguindo as últimas vontades da súa nai, teñen que atopar ao seu pai e ao seu irmán nun país de Oriente Medio (Líbano, talvez) que aínda non cerrou as súa feridas de guerra.
15/06/15
Homo Habilis: Atenea
Nas clases de Cultura Clásica fixemos un traballo da deusa Atenea polo tema da biblioteca, que este ano era o Homo Habilis. Neste traballo participamos Lucía Álvarez Ares, Paula Ares Turrado, Iria Barreiro Vázquez e Cristina López López, alumnas de 3ºESO B.
07/06/15
ULISES, SÓCRATES EL SEMI-PERRO
O cómic Ulises da serie “Sócrates el semi-perro” de Johan Sfar de edicións Sins Entido, ten como
eixe da trama a historia dunha segunda viaxe de Ulises despois da Odisea, pero o punto novidoso é que o narrador é Sócrates un semi-can propiedade do divino Heracles. Este can observa toda a historia dende un segundo plano e vainos narrando todas as súas impresións.
A primeira cousa que o sorprende é que o seu amo Heracles sucumba ante a paixón de Penélope e acabe matando a Telémaco, o fillo desta. Neste cómic mestúranse mitoloxías posto que tamén aparece a fábula xudeo-cristiá de Xonás e a balea. Toda a obra está sazonada cunha fina ironía e sarcasmo por parte do can, por exemplo na escena do barco cando fan ao espeto os piratas para comelos ou cando o can escolle como esposa a unha das sacerdotisas do templo de Corinto, a relación homosexual entre Ulises e Heracles...
Outro dos elementos que impregnan de sentido humorístico este libro é a linguaxe empregada escollendo termos mal soantes e inesperados nunha historia clásica.
Finalmente, comprendemos que a ensinanza desta historia é que o poder átanos a unha serie de responsabilidades para as que as veces non estamos preparados, pero cando somos líderes acabamos exercendo cargos nun ou outro lugar, como lle ocorreu ao bo de Ulises que quixo escapar das responsabilidades que implicaba ser rei e acabou sendo xefe do seu poboado. Por outro lado, os seres de espírito libre como Sócrates atópanse felices vagando polo mundo na busca de aventuras sen atarse a ninguén.
Lucía Sesar Miguélez 1ºBac B

02/06/15
29/05/15
LA ODISEA, VERSIÓN EN CÓMIC DE R. THOMAS & G. TOCCINI
Esta obra es una adaptación a cómic del poema épico de Homero, La Odisea. Homero es un clásico de la literatura universal, sus poemas marcan el inicio de la literatura griega y tuvieron enorme influencia en la literatura occidental.
La acción en la que se desenvuelve la historia transcurre en los años posteriores a la Guerra de Troya, que enfrentó a troyanos y griegos, en el siglo XII-XI a.C. Al transcurrir varios años tras la victoria sobre Troya la familia de Odiseo, nuestro protagonista, está desolada ya que no tienen noticias del rey de Ítaca. Penélope, mujer de Odiseo, llora día y noche por la falta de su marido y se ve obligada a elegir a uno de sus pretendientes. Su hijo, Telémaco, decide partir en busca de noticias de sobre el paradero de su padre, él al igual que Odiseo es ayudado por la diosa Atenea.
Ajeno a todo lo que ocurre en su casa, Odiseo se encuentra atrapado en la isla de la ninfa Calipso que finalmente le deja partir por orden de Zeus. Pero su vuelta a casa no será fácil ya que la furia de Poseidón acecha en cada paso que Odiseo da con su navío.
Finalmente, el hijo de Laertes consigue regresar a su isla con la ayuda de los faecios mandados por el Rey Alcino; último reino al que llega Odiseo antes de su regreso a Ítaca. Allí es recibido hospitalariamente y relata en un banquete celebrado en su honor, los obstáculos que había conseguido superar a lo largo de su viaje.
Tras desembarcar en su patria, con la ayuda de Atenea logra adentrarse en la isla con la apariencia de un mendigo, con la que engaña a todos, exceptuando al porquero real y a Telémaco que ya sabían sus artimañas. Con este atuendo Odiseo, consigue hablar con su esposa y darle una buena noticia diciéndole que su marido está vivo y vendrá pronto, aunque la triste Penélope ya duda de todo. La bella mujer decide convocar un concurso de arco que determine su destino sin alargar más la espera de sus pretendientes. El concurso consiste en encordar el arco de Odiseo y disparar una flecha por cada uno de los doce aros que tiene cada hacha encima. Ninguno de los allí presentes, incluido Telémaco, consiguen ese propósito. La única persona que queda por probar es el anciano mendigo, al que muchos tratan de impedir que lo intente y que para sorpresa general consigue tensar el arco y realizar la prueba. Atenea devuelve a Odisea su aspecto, que con ayuda de su hijo mata a todos aquellos que atentaron contra él o su familia, consiguiendo recuperar su casa y su trono y concluyendo su regreso después de diez años de viaje.
Esta versión en cómic de Roy Thomas y Greg Tocchini, editada por Marvel, resulta una lectura amena, llevando al lector a viajar por la Antigua Grecia. Aparte de entretener, a mi parecer enseña entre otras cosas, la mitología griega que sigue teniendo vigencia en las diferentes exprsiones artísticas enla actualidad. En relación a los dibujos que ilustran al texto bajo mi punto de vista son increíbles, como se suele decir: "Una imagen vale más que mil palabras".
Recomiendo este cómic a todo el mundo, tanto a las personas que busquen pasar un buen rato como las que quieran aprender mitología.
Antia Freire Seoane, 1º BAC B
22/05/15
DE NOVO DESPEDINDO A SEGUNDO DE BAC
Como soe ser habitual por estas datas, toca despedir ao alumnado de 2º de BAC que, parafraseando a Kavafis, continúa a súa viaxe a Ítaca na busca de novos portos nos que recalar. En ocasións coma esta escollo a primeira persoa de singular, algo pouco frecuente neste blog, para non enmascarar os propios sentimentos, e dun tempo a esta parte, talvez debilidades da idade, axúdome de poemas ou textos de outros e outras que escribiron moito mellor ca min.
O texto seleccionado este ano é un fragmento de Kazanzakis que nos fala da forza e a inconsciencia da xuventude, que non se decata do tesouro que posúe até que o perde na vellez. Se cadra isto é algo moi manido, case convertido nun tópico, pero compre facer unha relectura nestes tempos que corren. Hai pouco lía en El País, un artigo de Elvira Lindo do que destaco un par de párrafos:
"Estamos silenciando a los que vienen detrás, a los que tienen la edad de ser nuestros hijos, a fuerza de pagarles sueldos miserables, de mantenerlos como eternos becarios, de impedir que se independicen, de negarles el derecho a ser madres o padres cuando toca serlo y no cuando las hormonas comienzan a fallar. No es sólo que la población española esté envejeciendo, es que la vida pública destila un sabor a rancio. Incluso aquello que nos venden como novedad es algo que tenemos muy visto. Los partidos no han entendido que no habrá regeneración real si los que llevan años en primera línea no pasan a la retaguardia"
"Hay toda una generación que corre el peligro de entrar en la madurez sin que le hayamos permitido alcanzar los logros de una vida plenamente adulta. No mandan, no publican, no lideran, no tienen hijos, no tienen casa o han de compartirla, viven subvencionados por sus padres, y lo terrible es que nosotros los educamos para que aspiraran a todo".
Xa que, afortunadamente, os profes que impartimos optativas nunca somos seleccionados para dar discursos nas glamourosas (e xa inevitables) festas de graduación, aproveito este humilde blog para lanzar a miña mensaxe ás mozas e mozos que rematan segundo de BAC. Como profesora, o meu maior desexo sería que a vosa etapa no instituto vos servise para adquirir ferramentas coas que poder enfrontarvos ao mundo e poder seguir completando a vosa formación. Gustaríame ter contribuído a formar persoas responsables e comprometidas, activas na defensa dos seus dereitos e da súa identidade. Persoas que loiten por un ensino público de calidade, cidadáns do mundo que non renuncien a súa cultura, militantes da xustiza e da igualdade que impidan que ninguén lles roube o seu futuro. Gustaríame que cando vos vexa pola rúa dentro duns anos non teña que forzar a miña conversa, como fago agora, para non preguntar se estades no paro. Saíde a rúa, loitade, facede vosa esa fera da que fala Kazanzakis.
E deixando a arenga, quero despedirme dunha espléndida xeración de rapazas e rapaces, comezando polas alumnas de 2º de BAC de grego. Empezamos sendo cinco, pero xa no primeiro trimestre Irene non puido soportar a presión dun curso que remataba nunha selectividade e no que se xogaba o futuro. O noso alento non foi suficiente e Irene preferiu seguir a outro ritmo, moito ánimo, princesa!. En que se convertirá o ensino cando teñamos unha reválida a cada pouco?
As clases seguiron con Patricia, Cristina, Melani e María que só faltaron a clase por causas de forza maior e, con moito ánimo e algo de desesperación ás veces, foron quen de traducir textos de Xenofonte, controlar o temario e obter bos resultados. Pero máis que ser boas alumnas, foron excelentes persoas, nunca houbo malas caras nin mal humor, a pesares do pouco que se durmira pola noite ou da angustia por algún exame. Era entrar na nosa aula pequeniña e topar o seu sorriso en primeira liña, aínda que despois compartíramos algunha pena e liberasemos adrenalina, sempre respectando o tempo do traballo. Grazas a Cristina, polo seu sentido crítico e análise da realidade, xa lle gostaría a moitos adultos (que saen pola tele e todo), a Patricia, pola súa sensatez e discreción, a Melani polo seu agarimo e a María, polo seu sentido do humor e por facernos rir tantas veces. Grazas por tantas horas agradables, grazas por ensinarme tanto coa vosa honestidade e espontaneidade. Se algunha de vos chega a ser profe algún día só lle desexo alumnas coma vos.
Quero recordar ao alumnado de humanidades que fixo Grego I o ano pasado. É inesquecible esa foto na que estamos a bailar un sirtaki no entroido, que ben o pasamos!, como foi tan fácil convencervos desa tolemia? Álex, que tamén nos deixou a principio de curso, Jose, Diego, Cynthia, Alba, Marta, Uxía, Aroa, Nuria, Miriam, Manuel e Lorena grazas por ese ano tan estupendo, boteivos moito de menos este curso!
E por último, a todas as alumnas e alumnos de ciencias e ciencias sociais, especialemente aos meus exalumnos de cultura clásica, á xente de club de lectura e a todos aqueles cos que tantas veces falei na biblioteca e corredores ou compartimos viaxes: Belén, María, Alba, Cristina, Uxía, Alberto, Brais, Adrián, Diego, Marta, Rocío, Carlos, Manuel, Naiara, Pablo, Laura... e tantos e tantas que me esquecen... Que a sorte vos acompañe e, seguindo con Kavafis, que cheguedes a portos que vedes por primeira vez, adquiride fermosas mercadorías, facede que a vosa viaxe sexa longa, chea de aventuras, chea de coñecemento.
26/04/15
DÍA DO LIBRO NA DOMUS BAEBIA
Así celebramos o día do libro o alumnado de clásicas de viaxe en Tarragona e Valencia, asistindo a un taller de escritura impartido na Domus Baebia Saguntina, nesta semana de Ludi á que asistimos. Escollemos este taller por ser a escritura unha faceta imoi importante do Homo Habilis,o noso tema de traballo deste ano na biblioteca do IES de Melide. Todo un luxo, volver a estar nas estancias desta domus escribindo cun calamus nun papiro, rodeados de obxectos que nos trasladan ao mundo antigo.
23/04/15
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o día do libro, esta ano decidimos traballar co alumnado de 2º e 3º de ESO a escritura, como unha unha manifestación evidente do Homo Habilis, o nos tema de traballo de bibloteca para este curso. O alumnado de reforzo traballou os distintos sistema de escritura e tipos soportes, o de matemáticas os distintos sistemas numéricos e o de música a evolución da anotación musical.
Deixamos aquí o traballiño sobre o alfabeto grego que fixo o alumnado de reforzo de 2º A de ESO. Nos outros curos de 1º e 2º de ESO estamos a aprender o alfabeto grego para ser capaces de escribir o noso nome en cartolinas de cores.
17/04/15
Preparando a nosa viaxe a Tarraco e Saguntum
Como este ano non conseguimos xente suficiente para unha nova expedición a Grecia, decidimos repetir a experiencia de hai cinco anos, participar nos Ludi Saguntini, visitando, ademais de Sagunt, Valencia e Tarragona.En Sagunt teremos a sorte de poder realizar dous talleres na Domus Baebia Saguntina: escritura e hixiene e coidado persoal e, se fose posible, participarímos nun terceiro para practicar un pouco de latín vivo. O noso periplo culminará coa asistencia á representación do Miles Gloriosus de Plauto no teatro romano de Sagunt, vestidos de romanas e romanos. A estas alturas estamos todas nerviosas/os, acabando de facer a nosa equipaxe e dando os últimos toques ao noso traxe de romanos.
Deixamos aquí a nosa guía de viaxe, unha versión correxida e aumentada da anterior de 2010.
13/03/15
VENDO TEATRO CLÁSICO EN LUGO
Un ano máis, o alumnado de clásicas do IES de Melide asistiu a súa cita co Festival de Teatro Grecolatino, organizado pola sección galega da SEEC. Podemos dicir que no IES de Melide esta é xa unha tradición arraigada, pois dende que se empezou aa celebrar, no ano 2001, non faltamos a ningunha edición.
As obras que escollemos este ano foronr Edipo Rei, de Sófocles, e A Cestiña, comedia de Plauto. A nosa escolla estivo motivada, como tantas veces, polo temario de selectividade, que inclúe estas lecturas obrigatorias nas materias de latín e grego. Hai varios anos, xa viramos estas mesmas obras representadas pola mesma compañía, SV Producciones, de Madrid e aínda que en xeral gustaron bastante, algunhas botamos de menos a forza drmática e o πάθος daquela Iocasta de hai uns cinco anos e segue sen convencernos moito ese escravo Lampadión que dá unha imaxe de amanerado algo parvo, cando o servus plautino é listo como un allo e é o que resolve con éxito os enredos.
Seguimos botando de menos unha mellor organización por parte do concello de Lugo, que non é quen de ampliar a súa oferta cultural e museística nunhas datas concretas nas que a cidade rebosa de estudantes de clásicas, con cousas tan sinxelas como abrir ao público cun amplo horario os seus momumentos romanos, saltándose durante tres dáis os seus propios horarios, xa de por si limitado, para poder pormocionarse e atraer aos amantes das clásicas.
O mellor da xornada, como sempre, a boa compaña do alumnaado do IES de Melide, que unha vez máis demostrou o seu saber estar nunha actividade cultural.

01/02/15
CONCURSO ODISEA
Este era o panorama en isntitutos de toda España a mañá do xoves 26 de xaneiro.
No IES de Melide conseguimos que tres equipos se clasificasen: Αἱ καλαὶ καὶ ἀγαθαί (Cristina, Lucía Varela e Lucía Sesar, de B1B), As discípulas de Atenea (Antía, Andrea e Raquel, de B1B) e Pegasusunlimited (Luís, S3B). Pero outros dous equipos estiveron moi moi cerca, como Tres Gratiae (Paula, Ángela e Virginia de S3B), Tributo a Bob (Iria e Mariña, S3B) ou Ceres y Plutón (Andrea e Elena) quedaron nas portas por erros moi pequeniños. CAse todos os equipos traballaron duro e o máis importante é o ben o que o pasamos e o moito que aprendimos.
Agora só nos queda consensuar que equipo representará ao IES de Melide no desempate o próximo mércores 4 e enfrontarnos ao próximo reto.

26/01/15
COMEZAMOS A NOSA TRAVESÍA, ODISEA 2015
Hoxe comezamos a nosa Odisea, e para conxurar todos os perigos, transmitimos unha menxase de benvida da organización:
Tamén estaremos presentes no Twitter co hashtag #odisea2015. Ánimo, que as preguntas de hoxe son moi faciliñas, e boa sorte!!
Hoxe comeza a vosa singradura. Sen que teñades que descender ao Hades para consultar a Tiresias podémosvos adiantar algúns consellos.Durante tres días o apacible Euro guiaravos por augas en calma. Gozade, sen abafos de tempo, coas preguntas que se vos propoñan e asegurade as respostas, pero, coidado! FESTINATE LENTE, σπεύδετε βράδεως!O xoves verédesvos azoutados por Bóreas implacable e teredes que afrontar terribles momentos de desfalecemento ante as esquivas pistas do "preguntón" que, semellantes a Escila e Caribdis, axitarán o vinoso ponto para que se decanten os mellores. Sede prudentes como o paciente Odiseo, CAVETE, προσέχετε σαυτοῖς!Os organizadores e organizadoras deste concurso desexámosvos moito éxito:ἀγαθῇ τύχῃ, FORTUNAM SECUNDAM VOBIS!
Tamén estaremos presentes no Twitter co hashtag #odisea2015. Ánimo, que as preguntas de hoxe son moi faciliñas, e boa sorte!!
12/01/15
CONCURSO ODISEA 2015, VIVA O AMOR!
Como é tradición no IES de Melide, comezamos o ano con moitas ganas de participar no Concurso Odisea, que anda xa pola súa décima edición en Galicia. Este concurso, organizado pola Sección Galega da SEEC (Sociedade Española de Estudios Clásicos) é xa toda unha insitución e tradición no IES de Melide, que até o de agora, participou en todas as convocatorias, con maior ou menor sorte.
Nos últimos anos o concurso centrouse e diferentes temas como as viaxes ou a muller no mundo antigo e neste ano 2015 o tema elexido é O amor en Grecia e Roma, como non podía ser menos. Ai, o amor, esa forza que move o mundo, aínda que moitas veces o Eros teña que competir do Thánatos...
E mentres imos pensado no nome do noso equipo, imos facendo un repasiño dalgúns aspectos dese Eros tan poderoso, cunha vella presentación:

Eros from Susana Losada