29/04/18
III LVDI COMPOSTELLANI E PARABÉNS A MARIÑA FERREIRO
Un ano máis o IES de Melide acudiu a 3ª edición dos LVDI COMPOSTELLANI, unha festa da cultura clásica, organizada pola sección galega da SEEC, onde o alumnado de secundaria é o protagonista.
Como en anos anteriores, os estudantes de cultura clásica, latín e grego realizaron os obradoiros de moda clásica e escritura latina e grega, aos que acudiu numeroso alumnado de outros centros de Galicia. Nesta ocasión contamos cun novo obradoiro, no que un grupo de alumnos de cultura clásica dirixidos por David Canoura, o profe de música, ensinaron os rudimentos dalgunhas danzas gregas. Unha vez máis a colaboración do Ciclo de madeira foi imprescindible, eles fabricaron os nosos cálamos e utensilios varios, ademais do magnífico mobiliario, coa que xa podemos ir amueblando un oikos ou domus.
As mozas e mozos do IES de Melide tiveron a sorte de poder asistir a outros obradoiros como o de cociña, no que saborearon un delicioso moretum elaborado polxs colegxs do IES Xelmírez II, dirixidxs polo profesor Jorge Glez Rguez ou de microteatro, onde guiados polo alumnado do IES M. García Barros da Estrada co seu profesor Álvaro P. Vilariño, dous grupos de alumnos foron quen de representar maxistralmente dúas famosas escenas da Odisea cun tempo récord de ensaio. Con Fernando Lillo, magister maximus, puidemos facer grafitos de amor pompeianos en fíbulas e arxila, combatir como hoplitas gregos ou loitar nos xardíns de Filoloxía (a falta de area) como auténticos gladiadores romanos, con cascos de verdade. Xogamos como antigos gregos e romanos con Miguel Giadás e o alumnado de Filoloxía Clásica.
Non nos foi posible participar na Xincana Mitolóxica pola zona monumental de Compostela da man da profesora Ana Suárez, pero contamos poder facelo nunha próxima ocasión.
O alumnado de 4° de ESO Filosofía, coordinado por Marga Quintela, agasallounos cunha reigueifa entre filósofos gregos e alemáns.
Rematamos a xornada coa entrega de premios da IV Olimpíada de Tradución de textos clásicos, tremendamente orgullosxs da nosa compañeira de 2° de BAC B Mariña Ferreiro Vilariño, que gobtivo o primeiro premio de Galicia en tradución de textos latinos.
Durante toda a xornada os mobles de inspiración clásica realizados polo Ciclo de Carpintaría e Moble do IES de Melide, colocados no vestíbulo e Filoloxía acolleron aos centros participantes e deron a ambientación axeitada para a xornada. Numerosas persoas se achegaron para apreciar a cama ou kliné, a cadeira klismos ou a banqueta difros.
Despois desta xornada intensa e magnífica, na que participaron arredor de 300 alumnos de secundaria, volvimos a Melide esgotados pero contentos de ser quen de ensinar a compañeirxs doutros centros algunhas das cousas que aprendimos na aula.
Agora queda mellorar aspectos organizativos e infraestructuras se queremos uns IV LVDI COMPOSTELLANI. Agradecemos aos membros da xunta directiva de SEEC Galicia a súa implicación, especialmente a (súper) Teresa Amado, que está sempre detrás de todos os escenarios pendente de que non falte nada. Grazas a Álvaro P. Vilariño por este magnífico vídeo e a Miguel Bugallo, autor dalgunha das fotos que podedes descargar máis abaixo e ambos porfesores do IES Manuel García Barros da Estrada. E como non, moi agradecidxs aos nosos reporteiros do IES de Melide Carlos e Elisa Pampín.
E non podemos acabar este post sen resaltar o magnífico traballo e implicación do alumnado do IES de Melide e o esforzo de moitas familias: grazas ás mamás, ás avoas, aos papás, ás tías... que mercaron teas, cortaron e coseron quitando horas ao sono para que as súas fillas e fillos acudisen caraterizados con roupas clásicas e puidésemos ser romanos e gregos por un día.
28/04/18
VIAXE A GRECIA 2018
Por fin contamos algo case tres semanas despois do noso regreso. Máis que contar imos deixar que as imaxes falen por si soas. Foi unha viaxe longa e intensa, pero inesquecible, que realizmos xunto con IES de Ames (A Coruña)
Chegamos na tarde do 3 de abril a Atenas, pero pouco máis puidemos que dar un paseo por Plaka e tomar un giro no Areópago, xa que a mañá seguinte saímos rumbo ao Peloponeso. En Epidauro, centro medinal da antigüidade, visitamos o santuario de Asclepio e, como non, o famoso teatro, onde puidemos comprobar a súa magnífica acústica. Continuamos ata Micenas, onde subimos ao pazo-fortaleza do mítico Agamenón, quen dirixira aos gregos contra Troia, visitamos o museo e o tesouro de Atreo. Fixemos noite en Olimpia.
No museo de Olimpia puidemos disfrutar, entre outras cousas, do Hermes con Dioniso de Práxiteles. O recinto arqueolóxico estaba en todo o seu esplendor primaveral, foi unha delicia percorrer a palestra, o ximnasio, os restos do templo de Zeus, o Hereo... e, como non, o estadio olímpico cunha temperatura ideal baixo a sombra das árbores.
De Olimpia saímos dirección Kalávrita, enclave montañoso no norte do Peloponeso, tristemente célebre pola matanza que os nazis fixeron en 1943, durante a II Guerra mundial. Cando íamos de camiño fíxose silencio no bus ante a fermosura abraiante da paisaxe, a garganta do río Vuraikós e o parque natural de Khelmós. Encantounos este lugar, tan acolledor na montaña, un hotel estupendo e unha cea aínda mellor. Ao día seguinte visitamos a Cova dos Lagos, chea de estalactitas e estalagmitas e percorrimos a garganta do Vuraikós no lendario tren de cremalleira ata Diakoptó. Inesquecible.
Volvimos durmir en Atenas, pero só de paso, para coller a mañá seguinte, moi moi cedo, un barco con destino a Santorini, a perla das Cícladas. Alucinamos coa arquitectura branquísima sobre os cantís de Fira e Ía contrastando coas cores volcánicas. Moitxs non esquecerán o "paseíño" de Karterados a Ía. Unha boa camiñata e un fin de xornada na praia de Perissa. O último día foi un tanto apurado, por mor da Pascua Ortodoxa tivemos que concentrar as nosas visitas o luns de pascua. Visitamos Akrotiri, unha esplendorosa cidade que que quedou sepultada pola violenta erupción do volcán sobre o 1500 a. C. A continuación baixamos ao porto antigo a toda présa para coller un barquiño e visitar as pequenas illas que nun pasado moi remoto formaban parte da illa de Sanorini, Palea Kaimeni, onde os máis valentes se bañaron nas súas augas termais ferruxinosas, e Nea Kaimeni, onde puidemos visitar o cráter do volcán.
Por fin, de regreso en Atenas, puidemos dar conta da cidade. Nunha xornada moi completa visitamos o Museo Arqueolóxico Nacional, a Ágora, o Museo da Acrópole e a tan esperada Acrópole, que xa nos tardaba.
Despois de tantos días xuntos, xa parecíamos unha familia numerosa. Os profes, Fernando e Susana, queremos agradecer ao alumnado a súa actititude, o seu saber estar e aproveitar que fixeron que a viaxe fose na mellor das compañas. Tamén queremos agradecer as familias a confianza depositada e os esforzos de todo tipo para que as súas fillas e fillos puidesen realizar esta viaxe, esperemos que foxe unha viaxe proveitosa, longa e chea de aventuras e coñecementos, como di o poeta.
Para o ano dicíamos Sicilia, non?