25/06/18

REMATAMOS CURSO

Por fin chegou o verán, tan esperado,e con el o remate das clases. En 3º de Cultura Clásica e 1º de BAC fixemos unha chea de actividades das que fumos dando conta neste blog: rotulamos as dependenzas do instituto, celebramos o día do peón, conmemoramos o día da violencia de xénero, disfrutamos das conferencias de Teresa Amado participamos en concursos (e gañamos!), vimos teatro, viaxamos a Grecia e, como non, fixemos obradoiros.
Neste curso segue a ser fructífera a colaboración co Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nesta ocasión fabricounos unha fermosa kliné ou diván. Se seguimos a este paso imos necesitar un οἶκος ou casa para gardar este mobiliario. E para o ano que será? unha mesiña talvez?
Grazas a tod@s os que escollestes estas materias e participastes no día a día e nas actividades. Grazas por aprender a aprender e por facelo divertíndovos. Deixamos o noso catálogo de moda actualizado cos últimos mobles e poses. Pasade un feliz verán, vémonos á volta con máis cousas.