Os antigos crían que os artistas non eran máis que instrumentos en mans dos deuses. Os seus talentos de pouco valían se neles non mediaba a intervención das musas.
As musas eran nove irmás, fillas de Zeus e froito doutras tantas noites de paixón coa deusa da Memoria, Mnemosine. Para seducila, disfrazouse de pastor e uniuse a ela durante nove noites consecutivas na Piéride (Macedonia), preto do monte Olimpo. Froito desta relación naceron Calíope (protectora da Épica), Clío (da Historia), Erato (Lírica), Euterpe (Música), Melponeme (Traxedia), Talía (Comedia), Terpsícore (Danza), Polimnia (Pantomima) e Urania, protectora da Astronomía.
As nove musas, de Carlos Mérida
Pero esta unión non foi só froito da luxuria: era un designio dos deuses orixinais, que ó finalizar a Titanomaquia lle encargaron ó Crónida a creación das divindades necesarias para protexer a nova orde establecida. Deste xeito, Zeus outorgoulle a Mnemosine a facultade de saber todo o que foi, é e será, de coñecer as raíces da creación e de darlle nome a todo o que existe. Fonte: laprensa.com
Moi ben Lucía! Conseguiches poñer o teu primeiro "post". A redacción é boa pero debes corrixir alguna cousiña: é necesario un título com Zeus e Mnmosine", unha imaxe. E tamén deberías por abaixo unha etiqueta, como "Esposas de Zeus", para clasificar mellor os nosos post. Ánimo, xa sbes que pode reeditar.
ResponderEliminarParabéns, Lucía. Agora o post está perfecto, ata puxeches a fonte de onde colliches a información. Estupendo.
ResponderEliminar