07/12/08

Zeus e Temis


Temis era filla de Urano e Xea e polo tanto, tía de Zeus. Temis era a deusa da orde e da xustiza e encargábase de rexilas leis. Dicíase que cando un mortal imcumpría as leis, ela advertía a Némesis, a deusa da discoradia, e esta castigábao. Foi a constructora do templo de Delfos.
A unión de Zeus e Temis é moi importante e simboliza " A Lei Suprema " pois o deus de todos os deuses esta a casar coa XUSTIZA. Temis era moi respetada e dicíase que era a titánide máis antiga. Ata Hera a respetaba e se dirixía a ela como "Señora Temis".
Desta unión nacen divinidades moi importantes tales como as Moiras ( Parcas ), as Horas e astrea.
As Moiras eran tres fiandeiras que tiñan no seu tear o destino dos mortais. Elas tiñan nas súas mans o principio e o fin da vida dos homes o cal estaba encarnado nos fíos do seu tear.
As Horas era as deusas das estacións do ano nun principio, pero logo foron consideradas coma as deusas da xustiza xunto coa súa irmá Astrea.
Astrea " a estrelada " era a portadora dos raios de Zeus. Era unha deusa alada e cunha coroa brillante e que levaba nas súas mans os raios de seu pai. Ela era totalmente fiel ó deus supremo e este agradecido decidiu honrala convertíndoa na constelación Virgo e permitíndolle ser virxe.

1 comentario:

  1. Parabéns, Cristina. Eres xa unha veterana co teu segundo post. Se podes engade algún comentario das imaxes. Eu creo que a de arriba é de Ingres (s.XVIII-XIX) e non representa a Zeus e Temis, senón a Zeus e Tetis. Poderías aclaralo?

    ResponderEliminar