02/12/08

ZEUS - HERA

Para unirse con Hera, a sua irmá e esposa lexitima, Zeus transformouse en cuco. Hera é moi celosa e persegue as amantes e os fillos de Zeus.
Da unión entre Zeus e Hera nacen Ares (deus da guerra), Hefesto (deus dos ferreiros), Ilitia (deus dos partos) e Hebe (deusa da xuventude).
O emblema de Hera é o pavo real. O seu nome romano é Xuno.
É deusa dos matrimonios e raiña dos deuses.
Hera ten varios templos adicados. Entre eles o seu santuario situado entre as antigas cidades micénicas de Argos e Micenas. Outro centro principal de culto a Hera estaba na Illa de Samos. Tamén tiña templos adicados en lugares como Olimpia, Corintio, Tirinto, Peracora (Ismo de Corinto ) e na Illa de Delfos. Na Magna Grecia construíronse dous templos dóricos a Hera sobre o 500a.C. e o 450a.C., durante moito tempo foi chamado “Templo de Poseidón”, no grupo do Paestum foi identificado nos anos 1950 un segundo templo de Hera.
Hera axudou os gregos na guerra de Troia e non se rendiu ata que a cidade de quedou destruida.
(Fonte: Wikipedia)

1 comentario:

  1. Moi ben Laura!. Un bo resumo cunha imaxe, sen esquecer poñer a fonte. Debes corrixir "Pecarora" e poñer no seu lugar "Peracora" ou "Perachora". Como é un lugar pouco coñecido, debes buscar este nome en google onde está e aclaralo no teu artigó, poñendo ao lado entre parénteses a rexión na que se atopa, por ex: "Toques (Melide)" para que estea todo máis claro.

    ResponderEliminar