Por outra banda, velaí ao noso παλνητάρχης termando do mundo, nunha viñeta de Fernando Vicente, que saíu publicada en El País do 25-1-09 para ilustrar o artigo de Vargas Llosa Obama en la casa Blanca. É indubidable que esta imaxe nos recorda algo, algo relacionado coa mitoloxía. Aí vai, logo un traballiño:
- Para 1º e 2º de BAC un traballo de etimoloxía:
- Buscar o significado das dúas palabras gregas que compoñen πλανητάρχης e traducir literalmente o seu significado.
- Buscar helenismos na nosa lingua que conteñan cada unha destas raíces, παλνήτης e ἀρχή (alomenos dous de cada palabra).
- Intentar crear con estas dúas raíces gregas unha palabra equivalente na nosa lingua (logo podemos propñela á RAG ou á RAE, a ver si a aceptan)
1. Averiguar a que personaxe mitolóxico fai referencia esta viñeta de Obama. Para elo ten en conta as seguintes pistas:
- Era un titán, fillo de Xapeto e, polo tanto, irmán de Prometeo.
- Por rebelarse contra os deuses na titanomaquia, Zeus castigouno a ter que cargar contra cos ceos
- O seu nome propio utilizámolo como nome común, para designar un libro que contén mapas.
3. Averiguar que personaxe mitolóxico o convertiu en pedra, dando lugar a un importante accidente xeográfico no norte de África.
Para dar a túa resposta, fai un comentario a este artigo e non esquezas poñer o teu nome, para que a profe che poda subir a nota. Date presa, porque só os primeiros comentario coas solucións correctas serán publicados e terán dereito a subida de nota.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarNora boa a todas, pero a mási rápida foi Cristina conde, e para que os de 3º tamén poidan participar e non vexan a solución, véxome obrigada a borrar os comentarios
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarNoraboa a Patri e, aínda que non foi a primeira, a Daniela. Xa sabedes que para atopar a solución correcta cumpre ler atentamente as instruccións e as pistas. Varios atopastes boas explicacións en Wikipedia, que é unha boa páxina. Ánimo a seguir entrenando para o concurso Odisea
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarPara 1º e 2º de BAC un traballo de etimoloxía:
ResponderEliminar1. Significa literalmente poder do planeta.
2. Planetario, planeta; arquilogía, arquiblasto.
3. A palabra nova é planetarquía.