Ola rapaces! Que tal?
Son Afrodita, Venus en Roma.
Deusa do amor e a beleza.
Son filla de Urano e Xea, nacín do semen de meu pai pero vouvos contar a historia completa.
O meu pai Urano non deixaba saír do interior da miña nai Xea a meus irmáns e entón Cronos castrouno e eu nacín do seu semen.
Os meus símbolos ou emblemas son: a cuncha, a pomba, a mazá e o carro tirado por cisnes.
Estou casada con Hefesto, pero como é tan feo teño uns cantos amantes como Ares, o home ó de verdade amo e foi co que me pillou un día o meu marido e co que tiven un fillo chamado Eros, Adonis co que paso 2/3 do ano, e algúns homes máis.
Hay unha lenda que di que son filla de Zeus e Dione, pero a min sempre me dixeron que era filla de Urano e Xea.
Bueno e non me enrollo moito máis porque seguro que tedes moito que facer.
Adeus.
Ben Andrea, pero podes "pulir" un pouquiño máis. Debes poñer un enlace en Hefesto, que pode ser ao propio post de Iván. A Adonis tamén lle podes poñer outro enlace. Afrodita era deusa moi importante, podes comentar cousas como que é a que máis inspira aos artistas ou a que máis retratos ten ou a quen máis lle rendiron culto os homes e mulleres de todas as épocas, date conta que é a deusa do amor (moi importante, non?). Debes mencionar tamén o episodio da mazá da discordia. Seguro que hai moitos videos en You Tube, podes incluír algún en lugar da foto ou enlazalo ao artigo. Procura tamén unha linguaxe máis desenfadada e pícara...
ResponderEliminar