30/04/09

Mitos de morte e resurección: O Cristianismo.

A Pascua cristiá celebra a morte e a resurección de Cristo. Esta celebración cristiá ten a súa orixe na pascua xudea, na que se celebraba a saída de Exipto do pobo xudeo baixo a guía de Moisés cara a terra prometida. Esta Pascua era o que celebraba Xesús e os seus disípulos na Última Cea, na que Xesús anunciou que un deles o traizoaría cun bico e así foi ó rematar a cea foron ó monte Getsmaní, onde Xudas Iscariote lle deu un bico para que o exército que viña o levara preso, despois crucificárono e sepultárono cuns gardas vixiando. O 3º día despois da súa morte resucitou e por quen primeiro foi visto foi por María Magdalena.
A Pascua crstiá celébrase o primeiro domingo despos da primeira lúa chea da primavera, ou sexa a partir do 21 de Marzo.
A morte e a resurección de Xesús representa a "resurección" da terra na primavera e a "morte" desta no inverno, xa que na primavera a terra é fértil e produce e no verán non é fértil e non produce.

2 comentarios:

  1. A resurreción de Xesucristo tamén ten significados moito máis profundos e trascendentes que o retorno da primaveira

    ResponderEliminar
  2. É evidente que para os crentes cristiáns a resurección de Xesuscristo ten outros significados máis profundos e transcendentes. Aquí non pretendemos cuestionarnos os principios de fe de ningunha relixión. O que pretendemos e buscar similitudes entre as distintas mitoloxías e relixións e tentar comprender o que explican. É unha realidade que a Pascua cristiá se celebra co plenilunio de primavera e tamén é unha realidade que outras festas cristiás importantes coinciden cos solsticios, como por exemplo o Nadal. Logo, independentemente da fe, parece que o cristianismo, ao igual que outras relixións e mitoloxías, usa de simboloxías relacionadas coa natureza para explicar mellor os seus feitos e escolle determinadas datas axeitadas: a chegada da luz no solsticio de inverno coa chegada dun salvador, a resurección de Cristo que redime aos homes, coa resureción da terra. Mesmo é un feito recoñecido que o cristianismo cristianizou festas pagás celebrando nesa mesma data outra con contido cristiá, como por exemplo o San Xoán. Trátase logo de tentar ver nas relixións e mitoloxías ese intento de harmonizar coa natureza e de comprender os fenómenos que nos rodean,

    ResponderEliminar