01/04/09

Deméter


Ola rapaces! Como andades de examenes polo insti? porque estas semanas debestes ter bastantes...
Eu son Deméter así me chaman en Grecia, e o meu nome romano é Ceres. Son a filla de Cronos e Rea.
Os emblemas cos que me identifico son: as espigas, a fouce e a amapoula.
Xa que son a deusa grega da agricultura, nutricia da terra pura e xoven, ciclo vivificador da vida e a morte, e protectora do matrimonio e a lei sagrada.
Tiven unha relación con Zeus, é dicir, fun unha das súas amantes, e naceu Perséfone, a que quero.
Pero todo se entristeceu na miña vida, cando Hades, o meu propio irmán e deus dos infernos, levou secuestrada á miña filla... estaba tolo por ela!.
Busqueina desesperadamente e deixei todas as miñas tarefas, así foi que a terra deixou de producir por completo e a xente quedou sen alimento. Pero eu só me preocupaba por encontrar a miña Perséfone.
Cheguei e Eleusis, disfrazada de anciana para que ningún me recoñecera, e unha vella chamada Iamba axudoume moito e deume moitos ánimos para seguir buscando.E por fin encontrei a Perséfone, pero como Hades tíñaa custodiada no seu reino, supliqueille ao meu irmán Zeus que buscase unha solución. Zeus non podía entrometerese entrometerse no reino do seu irmán, pero tampouco quería ver morrer aos homes de fame. Ao final fixemos un trato con Hades: Perséfone pasaría a metade do ano conmigo e a outra metade con él. Ao recobrar á miña filla e a miña felicidade a terra volveu a producir.
E así todos os anos fago que a terra se encha de froitos cando estou feliz coa miña Perséfone, e déixoa descansar cando ela marcha a cumplir os seus deberes como raíña do Inferno.

1 comentario:

  1. Moi ben, Patricia, corrixo eu algún erro de expresión ao principio e ao final do post, para que se vexa claramente a realción deste mito cos ciclos de producción da terra. Está moi ben que puxeses un enlace en Eleusis.

    ResponderEliminar