13/12/12
12 do 12 do 12 ás 12.12 h.
Por fin chegou o día D e alí estábamos, na biblioteca do IES de melide, as alumnas e alumnos de 1º de BAC, preparados para a lectura de texos clásicos, atendendo á convocatoria do Facebook "Yo conozco mi herencia. ¿Y tu?"
Apuntámonos tarde e ás presas, xa que este mesmo día á mesma hora, o noso instituto participaba noutra iniciativa igual de interesante: Recitando a Celso Emilio, que commemoraba o centenario do nacemento do poeta e reivindicaba o dereito a usar a nosa lingua.
Xa que ás 12.00 estabamos logo ocupados, comezamos o noso acto, Eu coñezo a miña herdanza. E ti?, ás 12.12 h. (máis ou menos). Non tivemos moito tempo para ensaiar, pero aínda así conseguimos participar no evento con moita ilusión e público. Limos unha selección pequena de textos: O comezo da Odisea de Homero, o famoso poema de Safo Paréceme semellante a un deus, as palabras de Eurípides sobre a nefasta situación da muller na antiga Grecia postas en boca do seu xenial personaxe Medea, os distintos tipos de amos que nos mostra Platón no Banquete, a descripción dos habitantes da lúa que nos fai Luciano de Samósata e, para rematar, a Viaxe a Itaca de Kavafis.
Gustounos tanto esta experiencia que seguramente repitiremos, pero con máis ensaios.
Mil grazas á organización e noraboa a Lorena Lorente, organizadora do evento, unha auténtica Praxágora.
Con este acto queremos reinvincar o noso dereito a unha fomación integral, humanística e completa, que non exclúa a esinanza da tradición clásica. No artigo de abaixo tedes máis información sobre a LOMCE e ligazóns para súa retirada.
11/12/12
EU COÑEZO A MIÑA HERDANZA. E TI?
Por fin o departamento de grego do IES de Melide se decicidiu, xa na última hora, a apuntarse ao evento convocado en facebook: Yo conozco mi herencia. ¿Y Tu? Esta é unha estupenda inciativa dun grupo de profesoras/es de Murcia da asociación AMUPROLAG e da SEEC para tentar frenar a exclusión das linguas clásicas que se reflicte no anteproxecto da LOMCE.
En moitos centros de España de varios paises europeos, que podedes ver neste mapa, estaremos lendo textos clásicos ou textos relacionados co mundo clásico o 12 do 12 do 12 ás 12. No noso centro será ás 12.12, xa que ás 12.00 temos un recitado de Celso Emilio, o noso gran poeta no centenario do seu nacemento.
Se queredes, podedes ler aquí o borrador da LOMCE, a nova lei de educación que será en breve aprobada polo congreso de deputados e, si vos parece oportuno, asinar as seguintes peticións:
- Al gobierno de España: Que se cuente con la lenguas clásicas en la LOMCE
- Sr. Wert: No excluya a las Lenguas Clásicas de la enseñanza
- Ministro de Educación José Ignacio Wert: Retirada anteproyecto Ley LOMCE y diálogo con comunidad educativa
Se queredes, podedes ler aquí o borrador da LOMCE, a nova lei de educación que será en breve aprobada polo congreso de deputados e, si vos parece oportuno, asinar as seguintes peticións:
- Al gobierno de España: Que se cuente con la lenguas clásicas en la LOMCE
- Sr. Wert: No excluya a las Lenguas Clásicas de la enseñanza
- Ministro de Educación José Ignacio Wert: Retirada anteproyecto Ley LOMCE y diálogo con comunidad educativa
10/12/12
VIAXE A SICILIA 2013
Despois de moito agardar, por fin temos un plan provisional (e prezo tamén provisional) da viaxe a Sicilia. Agora cómpre que nos vaiamos decidindo para comezar a traballar, polo que non o esquezades:
VENRES 14 DE DECEMBRO REUNIÓN NA AULA 106.
Deixamos de novo as imaxes para acabar de convencer aos que aínda dubidan.
VENRES 14 DE DECEMBRO REUNIÓN NA AULA 106.
Deixamos de novo as imaxes para acabar de convencer aos que aínda dubidan.