Por fin chegou o día D e alí estábamos, na biblioteca do IES de melide, as alumnas e alumnos de 1º de BAC, preparados para a lectura de texos clásicos, atendendo á convocatoria do Facebook "
Yo conozco mi herencia. ¿Y tu?"
Apuntámonos tarde e ás presas, xa que este mesmo día á mesma hora, o noso instituto participaba noutra iniciativa igual de interesante:
Recitando a Celso Emilio, que commemoraba o centenario do nacemento do poeta e reivindicaba o dereito a usar a nosa lingua.
Xa que ás 12.00 estabamos logo ocupados, comezamos o noso acto,
Eu coñezo a miña herdanza. E ti?, ás 12.12 h. (máis ou menos). Non tivemos moito tempo para ensaiar, pero aínda así conseguimos participar no evento con moita ilusión e público. Limos unha selección pequena de textos: O comezo da
Odisea de Homero, o famoso poema de Safo
Paréceme semellante a un deus, as palabras de Eurípides sobre a nefasta situación da muller na antiga Grecia postas en boca do seu xenial personaxe Medea, os distintos tipos de amos que nos mostra Platón no
Banquete, a descripción dos habitantes da lúa que nos fai Luciano de Samósata e, para rematar, a
Viaxe a Itaca de Kavafis.
Gustounos tanto esta experiencia que seguramente repitiremos, pero con máis ensaios.
Mil grazas á organización e noraboa a Lorena Lorente, organizadora do evento, unha auténtica
Praxágora.
Con este acto queremos reinvincar o noso dereito a unha fomación integral, humanística e completa, que non exclúa a esinanza da tradición clásica. No artigo de abaixo tedes máis información sobre a LOMCE e ligazóns para súa retirada.