Como traballo complementario ás nosas lecturas deste curso,
Edipo Rei e
Lisístrata, Jose V. Pudelko, de 1º BAC B, fixo e expuxo este magnífico traballo no que analiza a película
Incendies (Canadá, 2010) e o seu tratamento dun coñecido mito clásico. Non queremos contar máis para no facer spoiler e mesmo recomendamos que se vexan só a tres primeiras diapositivas antes de ver a película, a ver se sodes quen de descubrir o mito que late baixo esta historia de dous irmáns, que seguindo as últimas vontades da súa nai, teñen que atopar ao seu pai e ao seu irmán nun país de Oriente Medio (Líbano, talvez) que aínda non cerrou as súa feridas de guerra.