Mentres non me decido a crear un blog persoal, vou facer trampa e utlizar Ἀσπασία, o blog de aula, para escribir sobre o un curso (ou máis ben, a primeira parte dun curso) que fixen o 21 e 22 de novembro en Santiago.
Xa que isto o van ler as miñas alumnas/os, explícome un pouco. A Sociedade de Estudios Clásicos (si, os que fan o do teatro de Lugo e o concursazo Odisea, no que o pasamos tan ben) organizou un curso para que os profes de clásicas aprendésemos a usar os recursos da web 2.0: blogs, wikis, aulas vituais... O curso estivo impartido por membros de
Chiron, unha web colaborativa formada por profesores de clásicas. Ensináronos un montón de cousas, todas elas ferramentas moi uteis para traballar na clase. Eu xa coñecía o traballo de varios deles, porque entraba nos seus blogs e páxinas web, ás veces sen saber que estaban en Chiron.
O primeiro día de curso marchei algo depre para casa,porque me veía desbordada por tantas cousas e estaba "apabullada" por todo o que facían os demais. Pouco apouco funme tranquilizando e vendo, que xa sabía facer algunhas cousas e que outras as podía aprender rápido e, sobre todo, que ía contar cunha axuda inmellorable par facelas.
Tivemos problemas técnicos gordos, como quedarnos sen rede e non poder facer as primeiras prácticas do que estabamos aprendendo (...e iso que estabamos nun insti de cidade, para que vexades que non só en Melide temos unha rede cutre) Pero a pesar dos problemas, eu aprendín algo moi importante: que xusto con estas ferramentas e este modelo de traballo, podo conseguir cambiar o meu modelo de ensinanza e facer que sexa colaborativa. Espero que as miñas alumnas/os noten un "antes e un despois" de deste curso.
E xa para rematar, direivos que estou facendo "deberes" do curso (si,os profes tamén temos deberes) e que o estou pasando ben. E como as diversións hai que compartilas hai van deberes para as de 4º de ESO: buscade en google quen era Quiron , no que se inspiraron os da web Χείρων-Chiron para buscar un nome, e facede a vosa primeira entrada.