Máis que un heroe mitolóxico,
Edipo é un heroe tráxico, un home que loita contra o seu destino e, polo tanto, está condenado ao fracaso, xa que o destino está por riba de deuses e homes. Entre outras fontes, coñecemos o mito de Edipo a traveso da traxedia de Sófocles
Edipo Rei. Nesta obra preséntasenos a un home xusto, o rei de Tebas Edipo, que trata de averiguar cal é a causa pola que a súa cidade sofre unha peste. No curso da investigación Edipo descubrirá cousas terribles que traerán a destrución da súa casa. Poderíamos dicir que esta é unha das primeiras historias policíacas da literatura occidental.
Mentres ves a presentación, podes escoitar esta "Epopeya de Tebas", de
Les Luthiers en clave cómica.