Este ano a nosa tradicional entrega de premios do Concurso Odisea foi máis emocionante que outras veces, xa que os nosos gañadores, o equipo melidense Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ, resultou ser tamén o primeiro de Galicia, nunha vitoria moi axustada na que superou ao equipo EHEU! do IES de Rivadeo por menos de dous minutos na entrega de respostas.
Fíxadevos se é importante esta noticia, que ata saiu mencionada no programa Verba Volant de hoxe, en RNE1. Podedes escoitar aquí o programa, cara o final (minuto 11.00) ata saen mencionados os equipos, entre eles o IES de Melide.
Esta foi a nosa clasificación:
1º Premio: Equipo Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ (1º de BAC)
YARA GONZÁLEZ BARRAL
AINHOA GARCÍA SIMÓN
ADRIÁN IGLESIAS CAMPOS
1º Clasificado IES Melide, 1º clasificado de Galicia, 3 h., 57 mm, 34 s con 101 puntos
2º Premio: Equipo LOCRILAUMELIDE (1º de BAC)
CRISTIAN ÁLVAREZ MEJUTO
ALBA LÓPEZ BUJÁN
LAURA URTAZA MENÉNDEZ
2º Clasificado IES Melide, 17º clasificado de Galicia, 2 h 3 mm 42 s., con 75 puntos
3º Premio: Equipo VALHALLA (3º de ESO)
ABEL ESPIÑO BUJÁN
DIEGO TARRÍO BANDE
3º Clasificado IES Melide, 19º clasificado de Galicia, 3 h, 27 mm, 17 s con 75 puntos
Este ano participaron arredor de mil alumn@s de toda Galicia agrupado@s en 328 equipos. É a primeira vez que o IES de Melide, que nunca deixou de participar dende que se creou este concurso hai trece anos, obtén un premio.
O noso equipo participará o xoves 1 de marzo no desempate estatal entre os gañadores das distintas seccións españolas. Vai ser un combate duro, pero con ese nome, Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ, sabemos que van loitar até o final. Esta era a frase coa que as nais espartanas despedían aos seus fillos cando partían a guerra: "Con el ou sobre el", referíndose ao escudo. Debían traelo, como vencedores, ou vir mortos sobre el, xa que abandoalo era sinal de rendición, cousa non permitida a un soldado espartano.
De todos xeitos, todos participantes do IES de Melide, arredor duns 40, xa gañaron o mellor premio, mergullarse no apaixoante mundo clásico e aprender xogando, todo un luxo que fan posible un equipo de persoas entregadas de SEEC Galicia e outras comunidades.
Titoría
-
1.- Kitbull.
2.- 5 consejos para la vuelta al cole.
3.- Berlín y Postdam (españoles por el mundo).
4.- La puerta de Brandenburgo.
5.- Altar de Pér...
Hai 4 anos