|
O supernumeroso 3º de ESO |
|
As/os valientes de 1º de BAC- humanas |
Como non podía doutro xeito, retomamos a nosa actividade despois da parada estival. E non é que no verán non haxa cousas que contar..., pero é ben certo que o calor, as viaxes e, para moitos de nós, a abundacia doutras obrigas fannos aparcar o blog durante un par de meses.
As clásicas seguen presentes e ben vivas no IES de Melide neste curso 2012-13. Imos facendo reconto. O departamento de grego faise cargo dun grupo de cultura clásica de 3º de ESO con 27 alumnos, nunca tantos fumos nun aula até o de agora. Nun principio desbotamos a posibiliade de facer un desdobre, pensando que o número de alumnos/as non pasaría de 25... para o ano que ven terémolo en conta e faremos as cousas mellor. En 1º de BAC hai 15 alumnas/os matriculados, superando en número aos ciencias, que son só 9 (a opción que arrasou en Melide no bacharelato foi a de Ciencias Sociais). En segundo de BAC 8 alumnas escolleron o grego como propio de modalidade, convencidas xa de entrada de que van atacar duro e sacar unha boa nota na selectividade, coa axuda dos deuses. Non conseguimos recuperar a cultura clásica de 4º, pero seguiremos pelexando para recuperarla. O departamento de grego completa horario con dous reforzos de 1º e 2º de ESO, apoios, club de lectura e o que vai xurdindo por aí. Folga dicir que en reforzo traballaremos con materiais de cultura clásica, xa estamso a voltas coa Odisea, a ver si non tardamos en poder ensinar os froitos do nosos traballo.
O departamento de latín asume un latín de 4º de ESO con 16 alumnos, o 1º de BAC de humanas con 16 alumnos e, atención, outro latín de 1º de BAC optativo, con alumnos de ciencias sociais e algún de ciencias e un latín de 2º de BAC tamén con 8 alumnas.
Este ano tentaremos ir introducindo novidades e tentaremos estudar o grego antigo de 1º de BAC como se estudian os idiomas modernos. Para elo seguiremos o método
Ἀθήναζε, que nun principio coñecéramos a través de
Sito Yelas. Pero a maior parte do material que empregaremos será o preparado por
Ana Ovando, unha superprofe de clásicas da Comunidat Valenciana, que podedes atopar nas nosas ligazóns imperscindibles:
Un neno grego en casa.
|
As 8 musas de 2º de BAC (9 coa profe a modo de Velázquez) |
Como todos os anos tentaremos facer unha viaxe longa na primavera. Este ano pensamos en novos destinos, lugares claves da cultura grega no Mediterráneo como Sicilia, como posible alternativa a Grecia. Pero se a crise nos impide saír da península, sempre poderemos asisitir aos
Ludi Saguntini, facendo un percorrido pola Comunidat Valenciana, paraíso da ensinanza das clásicas para calquera profesor que se precie.