24/01/18

ADESTRANDO PARA O CONCURSO ODISEA

Un ano máis o alumnado do IES de Melide prepárase para participar na gran aventura do Concurso Odisea, unha das actividades estrela organizadas pola sección galega da SEEC.
Este ano o tema é "A morte ne Grecia e Roma" que, aínda que de entrada pareza un tema tétrico, é moi interesante e dá moito xogo.
Xa preparamos algo en Cultura Clásica de 3º de ESO coincidindo co Día de Defuntos. Para documentarnos algo máis imos deixar aquí un traballo espectacular realizado por Álvaro P. Vilariño:

- Ritos funerarios, IES M. García Barros da Estrada

- Presentación de diapositivas, algo máis antiga:




Tamén poñemos aquí a nosa presentación, para tela máis a man:

 


Se o repaso está feito, prepara o teu móbil ou ordenador e a xogar estes Kahoot: A morte no mundo clásico I e podes continuar en A morte no mundo clásico II .


14/01/18

FACENDO CIENCIA EN GREGO CON TERESA AMADO

O pasado venres tivemos a sorte de ter no IES de Melide a Teresa Amado, profesora de grego da USC, que impartiu unha conferencia sobre a orixe da ciencia na antiga Grecia e a creación de léxico científico ao alumnado de 4º de ESO e, como non, ao de grego de BAC.
Se coñecíamos o bo facer de Teresa Amado en moitas das súas facetas, o seu labor como divulgadora foi un auténtico descubrimento para os que asistíamos a unha das súas charlas por vez primeira.
Grazas á súa explicación entendimos porque xurdíu a ciencia en Grecia, a importancia da escritura e o feito de que unha gran parte da sociedade grega puidese acceder a ela, as distintas vías de formación de léxico... pero, sobre todo, moit@s d@s asistentes descubriron que sabían máis grego do que pensaban.
Agardamos con impaciencia a súa próxima visita, esta vez para falarnos de teatro grego, outra das súas grandes paixóns. Agradecemos enormemente a xenerosidade de Teresa, que a pesar da súa apretada axenda é capaz de buscar tempo para achegarse a Melide e compartir o seu traballo, entusiasmo e saber de forma tan desinteresada.