05/12/08

Zeus & Europa


Europa era unha princesa filla do rei fenicio Aginor e da raíña Telefasa de Tiro (situado no que agora é o sur do Libano).
Zeus namorouse dela, para seducila transformouse en touro branco e achegouselle mentres paseaba pola praia. A moza agarimouno e vendo que era manso montouse na súa espalda, entón o touro adentrouse no mar e nadou ata a illa de Creata. Alí reveloulle a súa identidade e uniuse a ela. O acto amoroso tivo lugar baixo un plátano, árbol que, segundo a mitoloxía, debe que as súas follas sexan perennes a este acontecemento. Naceron desta unión Minos (lendario rei de Creta), Sarpedón e Radamantis.

Zeus non puido quedarse con Europa, e para compensala fíxolle tres agasallos: o autómata de bronce que coidaba das costas de Creta contra os desembarcos inimigos, un can infalible na cacería e unha xabalina que sempre atinaba no branco elixido.

Ademais disto, propiciou o matrimonio entre Europa e Asterión, o Rei de Creta, que adoptou os seus tres fillos.
Desta liñaxe descende o minotauro.
Fonte: wikipedi.org e libreopinion.com

1 comentario:

Susana Losada dixo...

Bravo, Doa. Moi ben as explicacións dos lugares. Suxírote cambiar a orde de redacción para que quede máis claro: "e de Telefasa, raíña de Tiro (situado no que agora é o sur do Libano)." Corrixe o nome do pai de Europa, non é correcto. A imaxe é moi fermosa, e estaría ben que puxeses o nome do seu autor (xa é un vello coñecido na clase).