O IES de Melide participaba con 10 equipos:
- Set: Sarai, Eva e Tamara de 3º de ESO
- La teletienda: Álex, Mario e Sergio, de 3º de ESO
- Αἱ Χάριτες: Aitana, Alba e María de 1º de BAC
- As Danaides:Lucía Sesar, Yaiza e Raquel (+ Lucía Rodríguez) de 3º de ESO
- Circes: Nerea Ramos, Lucía G. Mella e Cristina, de 3º de ESO
- Furia de Titáns: Nerea Quintás, Alexis e Xoel, de 3º de ESO
- Hefarto: Andrés, Miriam e Andrea, de 3º de ESO
- Helénicas: Noelia e Montse de 1º de BAC
- Los Churecus: Denís, Diego e Yuri, de 1º de BAC
- Dríades: Eva, Lorena e Celtia, de 1º de BAC
Αἱ Χάριτες tamén son dignas de mención, porque a pesares de ter un erro xa o primeiro día continuaron con todo o seu entusiasmo até o final.
E non podemos deixar de felicitar ás Dríades e aos Churecus, que estiveron a puntiño de quedar clasificados e decidiron traballar xuntos, aínda que sabían que só un deles podería ir ao desempate no caso de conseguir a máxima puntuación.
Como todos os anos, ademai de divertirnos aprendemos un montón, este ano en particular tomamos nota dos seguintes erros, algúsn dso cales vimos arrastando todos estes anos:
- Non lemos ben o enunciado e ás veces non buscamos o que se nos pregunta.
- Danos perguiza ler un texto longo con atención, moitas veces temos a resposta na pantalla do ordenador, pero non a vemos.
- Seguimos sen saber usar os índices dos libros, os glosarios... e xa nos decatamos de que algúns manuais son de moita axuda neste concurso.
- NON LEMOS BEN AS BASES!! e cometemos erros como poñer unha palabra en latín cando non se nos pide ou ao revés.
O ano que ven melloraremos aspectos organizativos e tácticas de búsqueda de información. Copiaremos algunhas boas ideas como chamar á prensa e estableceremos algún premio internos para os equipos do IES de Melide. Ou por que non xa dar premios este ano? Estade atentos/as
Gustounos moito esta entrada. Eu tamén nota nota das ideas de Álvaro (Ferrero Rocher e prensa) e das túas.
ResponderEliminar