Este ano participaron máis de 40 alumnos e alumnas de cultura clásica e grego repartidos en 13 equipos e aínda que non conseguimos clasificarnos para a final, pasamos unha semana apaixoante. Aprendimos moitas cousas do mundo clásico, sobre todo as relacionadas co teatro, que era o tema en torno ao cal xiraba o concurso, tema que ademais imos estudiar neste segundo trimestre.
Unha das cousas máis imprtantes que aprendemos é a ler ben e con atención as preguntas e a procesar mellor a información que atopamos en internet e os libros. Aprendemos tamén a manexar libros de forma rápida e eficaz, usando os índices xerais e os específicos de autores e obras. Pero a aprendizaxe máis importante foi o valor do traballo en equipo para acadar a meta.
Como non conseguimos clasificarnos para a final, decidimos autopremiarnos con cousas sinxelas, facendo imitatio de outros centros: Esta foi a nosa clasificación:
1º de BAC, no que, en realidade houbo empate técnico
- 1º premio: Equipo LÓGOMI: Miriam Mellid, Lorena Vidal e Cristina Gómez Remeseiro
- 2º premio: Equipo ALTER EGO: Patricia Amboage, Uxía Ferreiro. Irene Fandiño
3º de ESO
- 1º Premio: Equipo LOS DIOSES!: Borja Piñeiro, Esteban López Valiño, Jesús Cabo e Alfonso Montero
- 2º premio: Equipo AS ATENEAS: Tamara Pereiro, Belén Ayude e Aldara Vidal
Ningún comentario:
Publicar un comentario