Esta é a aportación que o alumnado de grego de 1º de BAC fixo para a celebración do Día do Peón no IES de Melide, que este ano tivo que ser o venres 10 de novembro, xa que o San Martiño caeu en sábado. Escolleron breves frases famosas e aforismos gregos que explicamos:
εὕρηκα!
“Atopeino” (Eureka!)
Cando Arquímedesdispúñase a bañarse, decatouse de que el nivel del auga subía ao meterse dentro da bañeira, co que descubriuo chamado Principio de Arquímedes, é dicir, que o volume de auga que ascendía debía ser igual ao volume del corpo que se mergullaba nela. Deste xeito podía medir o volume dos corpos irregulares con precisión, e resolver así o encargo que lle fixera o tirano de Siracusa Hierón II, descubrir se a coroa que lle encargara a un ourive estaba feita de ouro puro (ao calcular a súa densidade partindo dunha masa xa coñecida, o ouro que o rei entregara). Púxose tan contento que saíu á rúa correndo espido e berrando “Eureka!". A autora foi Yara Gez Barral e encántame particularmente a coroíña arredor do ferrón.
θάλαττα, θάλαττα.
“O mar, O mar!“
O berro dos soldados mercenarios gregos que, comandados por Xenofonte, participaron na Expedición dos 10.000 en axuda do príncipe persa Ciro para destronar ao seu irmán Artaxerxes. Segundo nos conta o propio Xenofonte na Anábase IV, 7, 24, o exército veu o Mar Negro dende o monte Teques, en Trapezunta, no ano 401 a. C, despois de percorrer case 4.000 km. A artista é Marta Prado.
καλλίστῃ
"Para a máis fermosa".
Inscrición da famosa Mazá da discordia, que se disputaban as deusas Hera, Atenea e Afrodita no xuízo de Paris, que deu orixe a guerra de Troia. O peón é obra de Uxía Cordido.
μολὼν λαβέ
“Vén collelas!”a famosa resposta do rei Espartano Leónidas cando o rei persa Xerxes lle pediu que depuxese as armas na Batalla das Termópilas. O autor non podía ser outro que Adrián Iglesias, un gran amante da historia.
οἶνοψ πόντος
"Mar de cor viño"
Fermoso epíteto de Homero para o mar no momento do solpor. A autora é Nuria Fociños
σπεῦδε βραδέως
"Bule a modo", como no latín Festina lente ou o famoso refrán “vísteme despacio que teño presa", elaborado primorosamente por Ainhoa García Simón.
Velaí o magnífico resultado destes artistazos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario