18/11/18
A VIAXE A SICILIA, POR FIN
Velaí o acontecemento máis agardado do ano. A viaxe a Sicilia está en marcha!! Mira estas paisaxes espectaculares e non poderás resistirte. Aquí tes o plan provisonal da viaxe máis detallado, condicións e presuposto provisional. Toma nota da reunión e non faltes.
30/09/18
VOLTA AO COLE
Con dúas semanas de clase, unha vez superada a pereza do regreso ás aulas, imos facer un balance, adiantamos que positivo, deste novo curso que se nos presenta.
Nos tempos que corren moit@s profes de clásicas temos a nosa crise de setembro, terei alumn@s? en que niveis? respectarían a elección do alumnado? Cal é materia que compite coa miña? que rabia que non poidan escoller grego con lit. universal ou con historia, economía... Por sorte, para min este foi un ano de vacas gordas en grego: D@s seis alumn@s de grego I do curso pasado que podían matricularse en Grego II, cinco escollérono este ano, co cal o grupo está garantido. Pero para miña sorpresa, dezaseis rapaz@s escolleron Grego en 1º de Bacharelato, cantidade que non está nada mal se temos en conta que o total da matrícula en 1º de Bac ronda @s cincuenta alumn@s, dun total de catrocentos e pouco estudantes que ten o IES de Melide.
Pola contra, só temos catorce matrículas en Cultura Clásica de 3º de ESO e, un ano máis, non conseguimos curso en 4º. Esta é a tarefa pendente de cara o curso que vén. QUEREMOS VOLVER TER CUCA EN 4º!! E recuperar alumnado en cultura clásica de 3º.
E volvendo ao grego de 1º de Bac, xorden as preguntas. Por que tanta xente? Boa racha? os marabillosos días que pasamos en Grecia o curso pasado? o cambio de plantexamento didáctico na materia, aprendendo co gran Santi Carbonell?
O caso é que na aula de Grego I atopo dezaseis pares de ollos e orellas abertos de par en par, desexando aprender. Caras e marmurios de sorpresa que me recordan o θαυμάζειν, esa actidude de admiración dos primeiros filósofos gregos ante a natureza que fixo xurdir o λόγος, o pensamento racional, a ciencia. Canta razón tiña Teresa Amado cando nos dicía nunha conferencia o curso pasado que co grego pasaba o contrario do principio socrático Só sei que non sei nada. E que sorte a miña, que podo participar na gran aventura de aprender e ensinar.
Velaí a estes valentes compañeiros de viaxe estreándose co grego. Estes son os seus nomes, uns traballos magníficos, orixinais, creativos e perfectos dende o punto de vista lingüístico. Parabéns!!

25/06/18
REMATAMOS CURSO
Por fin chegou o verán, tan esperado,e con el o remate das clases. En 3º de Cultura Clásica e 1º de BAC fixemos unha chea de actividades das que fumos dando conta neste blog: rotulamos as dependenzas do instituto, celebramos o día do peón, conmemoramos o día da violencia de xénero, disfrutamos das conferencias de Teresa Amado participamos en concursos (e gañamos!), vimos teatro, viaxamos a Grecia e, como non, fixemos obradoiros.
Neste curso segue a ser fructífera a colaboración co Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nesta ocasión fabricounos unha fermosa kliné ou diván. Se seguimos a este paso imos necesitar un οἶκος ou casa para gardar este mobiliario. E para o ano que será? unha mesiña talvez?
Grazas a tod@s os que escollestes estas materias e participastes no día a día e nas actividades. Grazas por aprender a aprender e por facelo divertíndovos. Deixamos o noso catálogo de moda actualizado cos últimos mobles e poses. Pasade un feliz verán, vémonos á volta con máis cousas.

10/05/18
ADEUS Á PROMOCIÓN 2012-2018
Despedir a promocións que marchan é xa un clásico neste blog. Nesta ocasión ocorréuseme xuntar imaxes deses anos a modo de memoria visual e velaí o resultado. Seis anos lendo, viaxando, aprendendo e soñando xunt@s. Sei que me repito, que digo cousas semellantes todos os anos, pero é que cada ano teño a sorte de seguir disfrutando nas aulas co alumnado que me toca, que sempre é o mellor de casa.
Este curso digo adeus a Lucía Cagide, Mariña Ferreiro, Azul Grasso, Marcos Lodeiro, Virginia Mosteiro, Hilda Mosteiro e Ángela Prado con quen tiven a sorte de compartir estes seis anos, pois a case tod@s coñézoas ben dende que chegaron ao instituto en 1º de ESO. Volvo dicir que foi un pracer darlles clases e que debería pagar eu por facelo en vez de recibir un soldo. Grazas por deixarme aprender con vos. Se algunha vez vos toca estar do outro lado, ensinando, oxalá teñades alumn@s como vos o sodes comigo.
Como di o poeta, Se vas emprender a viaxe cara Ítaca, pide que o teu camiño sexa longo, cheo de aventuras, cheo de coñecementos. Gustaríame que no IES de Melide durante estes anos conseguísemos fornecervos de ferramentes útiles para esa viaxe. Deséxovos unha viaxe apaixoante, recalade en fermosos portos e adquiride fermosas mercadorías e por favor, seguide sendo vos mesmas, seguide escribindo, danzando, facendo música, pintando... BERRADE, LOITADE, CONQUISTADE... o futuro ten que ser voso.

29/04/18
III LVDI COMPOSTELLANI E PARABÉNS A MARIÑA FERREIRO
Un ano máis o IES de Melide acudiu a 3ª edición dos LVDI COMPOSTELLANI, unha festa da cultura clásica, organizada pola sección galega da SEEC, onde o alumnado de secundaria é o protagonista.
Como en anos anteriores, os estudantes de cultura clásica, latín e grego realizaron os obradoiros de moda clásica e escritura latina e grega, aos que acudiu numeroso alumnado de outros centros de Galicia. Nesta ocasión contamos cun novo obradoiro, no que un grupo de alumnos de cultura clásica dirixidos por David Canoura, o profe de música, ensinaron os rudimentos dalgunhas danzas gregas. Unha vez máis a colaboración do Ciclo de madeira foi imprescindible, eles fabricaron os nosos cálamos e utensilios varios, ademais do magnífico mobiliario, coa que xa podemos ir amueblando un oikos ou domus.
As mozas e mozos do IES de Melide tiveron a sorte de poder asistir a outros obradoiros como o de cociña, no que saborearon un delicioso moretum elaborado polxs colegxs do IES Xelmírez II, dirixidxs polo profesor Jorge Glez Rguez ou de microteatro, onde guiados polo alumnado do IES M. García Barros da Estrada co seu profesor Álvaro P. Vilariño, dous grupos de alumnos foron quen de representar maxistralmente dúas famosas escenas da Odisea cun tempo récord de ensaio. Con Fernando Lillo, magister maximus, puidemos facer grafitos de amor pompeianos en fíbulas e arxila, combatir como hoplitas gregos ou loitar nos xardíns de Filoloxía (a falta de area) como auténticos gladiadores romanos, con cascos de verdade. Xogamos como antigos gregos e romanos con Miguel Giadás e o alumnado de Filoloxía Clásica.
Non nos foi posible participar na Xincana Mitolóxica pola zona monumental de Compostela da man da profesora Ana Suárez, pero contamos poder facelo nunha próxima ocasión.
O alumnado de 4° de ESO Filosofía, coordinado por Marga Quintela, agasallounos cunha reigueifa entre filósofos gregos e alemáns.
Rematamos a xornada coa entrega de premios da IV Olimpíada de Tradución de textos clásicos, tremendamente orgullosxs da nosa compañeira de 2° de BAC B Mariña Ferreiro Vilariño, que gobtivo o primeiro premio de Galicia en tradución de textos latinos.
Durante toda a xornada os mobles de inspiración clásica realizados polo Ciclo de Carpintaría e Moble do IES de Melide, colocados no vestíbulo e Filoloxía acolleron aos centros participantes e deron a ambientación axeitada para a xornada. Numerosas persoas se achegaron para apreciar a cama ou kliné, a cadeira klismos ou a banqueta difros.
Despois desta xornada intensa e magnífica, na que participaron arredor de 300 alumnos de secundaria, volvimos a Melide esgotados pero contentos de ser quen de ensinar a compañeirxs doutros centros algunhas das cousas que aprendimos na aula.
Agora queda mellorar aspectos organizativos e infraestructuras se queremos uns IV LVDI COMPOSTELLANI. Agradecemos aos membros da xunta directiva de SEEC Galicia a súa implicación, especialmente a (súper) Teresa Amado, que está sempre detrás de todos os escenarios pendente de que non falte nada. Grazas a Álvaro P. Vilariño por este magnífico vídeo e a Miguel Bugallo, autor dalgunha das fotos que podedes descargar máis abaixo e ambos porfesores do IES Manuel García Barros da Estrada. E como non, moi agradecidxs aos nosos reporteiros do IES de Melide Carlos e Elisa Pampín.
E non podemos acabar este post sen resaltar o magnífico traballo e implicación do alumnado do IES de Melide e o esforzo de moitas familias: grazas ás mamás, ás avoas, aos papás, ás tías... que mercaron teas, cortaron e coseron quitando horas ao sono para que as súas fillas e fillos acudisen caraterizados con roupas clásicas e puidésemos ser romanos e gregos por un día.
28/04/18
VIAXE A GRECIA 2018
Por fin contamos algo case tres semanas despois do noso regreso. Máis que contar imos deixar que as imaxes falen por si soas. Foi unha viaxe longa e intensa, pero inesquecible, que realizmos xunto con IES de Ames (A Coruña)
Chegamos na tarde do 3 de abril a Atenas, pero pouco máis puidemos que dar un paseo por Plaka e tomar un giro no Areópago, xa que a mañá seguinte saímos rumbo ao Peloponeso. En Epidauro, centro medinal da antigüidade, visitamos o santuario de Asclepio e, como non, o famoso teatro, onde puidemos comprobar a súa magnífica acústica. Continuamos ata Micenas, onde subimos ao pazo-fortaleza do mítico Agamenón, quen dirixira aos gregos contra Troia, visitamos o museo e o tesouro de Atreo. Fixemos noite en Olimpia.
No museo de Olimpia puidemos disfrutar, entre outras cousas, do Hermes con Dioniso de Práxiteles. O recinto arqueolóxico estaba en todo o seu esplendor primaveral, foi unha delicia percorrer a palestra, o ximnasio, os restos do templo de Zeus, o Hereo... e, como non, o estadio olímpico cunha temperatura ideal baixo a sombra das árbores.
De Olimpia saímos dirección Kalávrita, enclave montañoso no norte do Peloponeso, tristemente célebre pola matanza que os nazis fixeron en 1943, durante a II Guerra mundial. Cando íamos de camiño fíxose silencio no bus ante a fermosura abraiante da paisaxe, a garganta do río Vuraikós e o parque natural de Khelmós. Encantounos este lugar, tan acolledor na montaña, un hotel estupendo e unha cea aínda mellor. Ao día seguinte visitamos a Cova dos Lagos, chea de estalactitas e estalagmitas e percorrimos a garganta do Vuraikós no lendario tren de cremalleira ata Diakoptó. Inesquecible.
Volvimos durmir en Atenas, pero só de paso, para coller a mañá seguinte, moi moi cedo, un barco con destino a Santorini, a perla das Cícladas. Alucinamos coa arquitectura branquísima sobre os cantís de Fira e Ía contrastando coas cores volcánicas. Moitxs non esquecerán o "paseíño" de Karterados a Ía. Unha boa camiñata e un fin de xornada na praia de Perissa. O último día foi un tanto apurado, por mor da Pascua Ortodoxa tivemos que concentrar as nosas visitas o luns de pascua. Visitamos Akrotiri, unha esplendorosa cidade que que quedou sepultada pola violenta erupción do volcán sobre o 1500 a. C. A continuación baixamos ao porto antigo a toda présa para coller un barquiño e visitar as pequenas illas que nun pasado moi remoto formaban parte da illa de Sanorini, Palea Kaimeni, onde os máis valentes se bañaron nas súas augas termais ferruxinosas, e Nea Kaimeni, onde puidemos visitar o cráter do volcán.
Por fin, de regreso en Atenas, puidemos dar conta da cidade. Nunha xornada moi completa visitamos o Museo Arqueolóxico Nacional, a Ágora, o Museo da Acrópole e a tan esperada Acrópole, que xa nos tardaba.
Despois de tantos días xuntos, xa parecíamos unha familia numerosa. Os profes, Fernando e Susana, queremos agradecer ao alumnado a súa actititude, o seu saber estar e aproveitar que fixeron que a viaxe fose na mellor das compañas. Tamén queremos agradecer as familias a confianza depositada e os esforzos de todo tipo para que as súas fillas e fillos puidesen realizar esta viaxe, esperemos que foxe unha viaxe proveitosa, longa e chea de aventuras e coñecementos, como di o poeta.
Para o ano dicíamos Sicilia, non?

11/03/18
TEATRO CLÁSICO EN LUGO 2018
Un ano máis O IES de Melide acudiu fiel a súa cita co Festival de Teatro Grecolatino que, na súa 18ª edición organiza a sección galega da SEEC. Este ano as obras elixidas foron Edipo Rei, de Sófocles, por ser lectura obrigatoria en grego de 2º de BAC, e a Cásina de Plauto. Dende hai un par de anos o alumnado de clásicas está acompañado das alumnas e alumnos de artes escénicas, que imparte o departamento de música, e das de literatura universal, a cargo do departamento de lingua e lit. castelá.
Para aproveitar ben a xornada comezamos visitando Santalla de Bóveda, esa marabilla de santuario tardorromano tan pouco coñecida por moit@s. Grazas a amabilidade de Montse, unha das persoas encargadas do recinto, puidemos visitar o templo un luns, día que normalmente está pechado ao público.
Antes do comezo da representación de Edipo Rei, o equipo Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ do IES de Melide, formado por Ainhoa García Simón, Yara González Barral e Adrián Iglesias Campos tivo a honra de recoller o 1º premio de Galicia do Concurso Odisea de mans de Ricardo Martín, unha das persoas que xunto con Teresa Amado fan posible este Festival de Teatro. Os nosos campións quedaron no 5º posto na clasificación estatal, esperamos que en breve reciban o seu pequeno premio.
A posta en escena do Edipo Rei estivo a altura da grandeza desta obra maestra de Sófocles. Edipo conseguiu transmitir o seu πάθος ou angustia ao público cun clímax intenso e pleno, apoiado por un brillante Creonte e un magnífico coro rebosante de plasticidade. O corifeo e Iocasta estiveron un tanto comedidos, talvez algo faltos da intensidade que inunda a traxedia. Pero, con todo, o resultado foi un éxito total, conseguindo chegar e emocionar ao público escolar e adulto.
Pola tarde a representación de Cásina non cumpriu as espectativas desexadas. Nada máis comezar a comedia, supoñemos que nun intento de actualizar o humor plautino, un dos actores utilizou o xa manido recurso de imitación do acento galego para inducir á risa, pero sen conseguir o seu obxectivo. Se cadra este mecanismo funciona noutros lugares, pero en Galicia xa non nos fai graza a ridiculización do noso propio acento. Por simpático que nos poida parecer o acento arxentino, non semella unha boa idea usalo, por exemplo, nun teatro de Buenos Aires.
Tampouco nos gustou moito a manipulación do argumento de Plauto. Se ben unha das características dos clásicos é que se prestan a múltiples revisións, interpretacións e versións, un cambio importante na esencia da obra non nos parece axeitado nun festival de teatro escolar no que gran parte do profesorado e alumnado traballamos coas obras que se nos facilitan con antelación. Elíminase o papel protagonista do escravo, que en lugar dun servus callidus parece un pailanciño. Así vemos a un Lisidamo, o senex, absorvendo o protagonismo que debía ter Calino, que é quen realmente resolve o conflito. Creánse personaxes innecesarios como ese fillo tonto, o tal Racleto (?), que coas súas trangalladas despista ao público do diálogo que de por si é rico en xogos de palabras e dobres sentidos, a base do humor plautino. O personaxe de Pardalisca resultou excesivamente badoco e pola suma destes detalles o alumnado, en xeral, gustou moito máis da traxedia que da comedia.
Por que as directoras e directores de escena teñen tanto medo a usar ese humor intelixente, tan presente en Plauto? Acaso desconfían das capacidades do seu público? Se consiguen que unha traxedia tan complexa como Edipo chegue a un público novo, por favor, non dubiden en mostrarnos a un Plauto xenuino, seguro que nos gusta máis.
Seguimos a botar de menos aquelas comedias do grupo Sardiña, que sen renunciar a actualizar recursos cómicos, respectaban a esencia de Plauto sen necesidade de recurrir a un humor tan facilón e basto.
25/02/18
PREMIOS CONCURSO ODISEA 2018: CAMPIÓNS DE GALIZA!!!
Este ano a nosa tradicional entrega de premios do Concurso Odisea foi máis emocionante que outras veces, xa que os nosos gañadores, o equipo melidense Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ, resultou ser tamén o primeiro de Galicia, nunha vitoria moi axustada na que superou ao equipo EHEU! do IES de Rivadeo por menos de dous minutos na entrega de respostas.
Fíxadevos se é importante esta noticia, que ata saiu mencionada no programa Verba Volant de hoxe, en RNE1. Podedes escoitar aquí o programa, cara o final (minuto 11.00) ata saen mencionados os equipos, entre eles o IES de Melide.
Esta foi a nosa clasificación:
1º Premio: Equipo Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ (1º de BAC)
YARA GONZÁLEZ BARRAL
AINHOA GARCÍA SIMÓN
ADRIÁN IGLESIAS CAMPOS
1º Clasificado IES Melide, 1º clasificado de Galicia, 3 h., 57 mm, 34 s con 101 puntos
2º Premio: Equipo LOCRILAUMELIDE (1º de BAC)
CRISTIAN ÁLVAREZ MEJUTO
ALBA LÓPEZ BUJÁN
LAURA URTAZA MENÉNDEZ
2º Clasificado IES Melide, 17º clasificado de Galicia, 2 h 3 mm 42 s., con 75 puntos
3º Premio: Equipo VALHALLA (3º de ESO)
ABEL ESPIÑO BUJÁN
DIEGO TARRÍO BANDE
3º Clasificado IES Melide, 19º clasificado de Galicia, 3 h, 27 mm, 17 s con 75 puntos
Este ano participaron arredor de mil alumn@s de toda Galicia agrupado@s en 328 equipos. É a primeira vez que o IES de Melide, que nunca deixou de participar dende que se creou este concurso hai trece anos, obtén un premio.
O noso equipo participará o xoves 1 de marzo no desempate estatal entre os gañadores das distintas seccións españolas. Vai ser un combate duro, pero con ese nome, Η ΤΑΝ Η ΕΠΙ ΤΑΣ, sabemos que van loitar até o final. Esta era a frase coa que as nais espartanas despedían aos seus fillos cando partían a guerra: "Con el ou sobre el", referíndose ao escudo. Debían traelo, como vencedores, ou vir mortos sobre el, xa que abandoalo era sinal de rendición, cousa non permitida a un soldado espartano.
De todos xeitos, todos participantes do IES de Melide, arredor duns 40, xa gañaron o mellor premio, mergullarse no apaixoante mundo clásico e aprender xogando, todo un luxo que fan posible un equipo de persoas entregadas de SEEC Galicia e outras comunidades.

09/02/18
ODISEA 2018, COA MORTE NOS TALÓNS
Un ano máis no IES de Melide embarcámonos no Concurso Odisea, que este ano xiraba en torno á morte no mundo clásico. Preparamos algunhas cousas, que podedes ver máis abaixo, e este luns comezamos a nosa travesía xunto con máis de trescentos equipos de toda Galicia e cerca de dous mil de toda España.
Durante esta semana as aulas de informática estiveron tomadas pola xente de cultura clásica, latín e grego, recreos incluídos. Hoxe xoves, ademais do estrés do preguntón, foi xoves de comadres e algunhas e algúns non quixemos perder a ocasión de celebralo.
Aínda non coñecemos a clasificación final nin sabemos se algún equipo de Melide irá ao desempate local, pero o que si que está claro é que só chegar até aquí xa pagou a pena. Aprendimos a traballar en equipo, a buscar información, a decatarnos do importante que é ler correctamente as preguntas... aprendimos a pensar, en definitiva. Pero sobre todo, durante esta semana deixámonos seducir polo apaixonate mundo clásico e pola emoción de aprender xogando.
Gratias plurimas agimus, εὐχαριστοῦμεν πολύ a todas as persoas que fan posible este concurso.

24/01/18
ADESTRANDO PARA O CONCURSO ODISEA
Un ano máis o alumnado do IES de Melide prepárase para participar na gran aventura do Concurso Odisea, unha das actividades estrela organizadas pola sección galega da SEEC.
Tamén poñemos aquí a nosa presentación, para tela máis a man:
Se o repaso está feito, prepara o teu móbil ou ordenador e a xogar estes Kahoot: A morte no mundo clásico I e podes continuar en A morte no mundo clásico II .
Este ano o tema é "A morte ne Grecia e Roma" que, aínda que de entrada pareza un tema tétrico, é moi interesante e dá moito xogo.
Xa preparamos algo en Cultura Clásica de 3º de ESO coincidindo co Día de Defuntos. Para documentarnos algo máis imos deixar aquí un traballo espectacular realizado por Álvaro P. Vilariño:
- Ritos funerarios, IES M. García Barros da Estrada
- Presentación de diapositivas, algo máis antiga:
- Ritos funerarios, IES M. García Barros da Estrada
- Presentación de diapositivas, algo máis antiga:
Tamén poñemos aquí a nosa presentación, para tela máis a man:
Se o repaso está feito, prepara o teu móbil ou ordenador e a xogar estes Kahoot: A morte no mundo clásico I e podes continuar en A morte no mundo clásico II .
14/01/18
FACENDO CIENCIA EN GREGO CON TERESA AMADO
O pasado venres tivemos a sorte de ter no IES de Melide a Teresa Amado, profesora de grego da USC, que impartiu unha conferencia sobre a orixe da ciencia na antiga Grecia e a creación de léxico científico ao alumnado de 4º de ESO e, como non, ao de grego de BAC.
Se coñecíamos o bo facer de Teresa Amado en moitas das súas facetas, o seu labor como divulgadora foi un auténtico descubrimento para os que asistíamos a unha das súas charlas por vez primeira.
Grazas á súa explicación entendimos porque xurdíu a ciencia en Grecia, a importancia da escritura e o feito de que unha gran parte da sociedade grega puidese acceder a ela, as distintas vías de formación de léxico... pero, sobre todo, moit@s d@s asistentes descubriron que sabían máis grego do que pensaban.
Agardamos con impaciencia a súa próxima visita, esta vez para falarnos de teatro grego, outra das súas grandes paixóns. Agradecemos enormemente a xenerosidade de Teresa, que a pesar da súa apretada axenda é capaz de buscar tempo para achegarse a Melide e compartir o seu traballo, entusiasmo e saber de forma tan desinteresada.