25/03/09

Apolo


Chámome Apolo e son un deus grego nacín na illa de Delos na presencia de todos os inmortales. Na mitoloxía grega e romana son un deus olímpico dos máis importantes e multifacéticos. Son reconocído como o deus da luz e do sol, como a mediciña e a curación e máis importante como o deus da música, poesía e as artes. Son fillo de Zeus e de Leto e son irmán xemelgo da cazadora virxen Artemisa. Teño dous lugares de culto: a sagrada illa de Delos e o santuario de Delfos, ao pe do monte Parnaso.
Cando Hera descubriu que miña nai, Leto ou Latona, estaba embarazada e que Zeus era o meu pai, prohibíu que dera a luz en terra firme, continente ou en calquera illa no mar. Entón miña nai encontrou unha illa flotante, Delos, que non era no continente e tívonos alí a miña irmá Artemisa e máis a min. No momento do parto, a illa quedou fixa cunhas cadeas no fondo do mar e máis tarde foi consagrada para min.

O oráculo de Delfos é un un gran recinto sagrado dedicado principalmente a min, ten no centro o meu gran templo. Considérase que Delfos esta situado no centro ou embigo do mundo, o pe do monte Parnaso. Alí estaba a famosa fonte de Castalia, onde se reunían as musas. Como xefe das musas e director do seu coro, actúo como deus patrón da música e da poesía. Hermes creou a lira para min e ese instrumento convertíuse nun atributo para min.

Unha vez Marsias, un sátiro, desafioume nun concurso musical. De Marsias dise que nacera en Celea (Frixia), na fonte principal do río Meandro. Marsias era un experto tocando o aulos, unha especie de frauta dobre. Enfrontámonos nun concurso musical coa condición de que o gañador podría tratar ó perdedor como quixese. As xuíces eran as musas, polo que gañei eu e Marsias foi desollado vivo nunha cova preto de Celea pola súa hybris ou soberbia ao desafiar a un deus. Clavei a pel de Marsias nun árbol, preto do lago Aulocrene e a súa sangue formou o río Marsias.

Bueno rapaces agora xa sabedes un pouco mais de min, veña un bico. Por certo estou moi a gusto en Melide donde tanta xente estudia e toca música.

2 comentarios:

  1. Moi ben María. Debes corrixir algún erro e ampliar un pouco mais, porque Apolo é un deus moi importante para os gregos. Podes explicar que era o oráculo de Delfos, que imos visitar mañá os que estamos en Grecia. Tamén podes engadir o episodio de Apolo e Marsias.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben a ampliación, só queda agora pulir algunha expresión e engadir algún enlace.

    ResponderEliminar