Ola amigos! son Ares, o deus olímpico da guerra. Eu son a personificación da forza bruta e da violencia; a diferenza da miña irmá Atenea, que ademais de ser deusa da sabiduría, tamén o é da guerra, pero nun senso menos violento . Os romanos identifícanme como Marte, tamén deus da guerra.Todos me representan como fillo de Zeus e de Hera. O meu lugar de nacemento estaba situado moi lexos, entre os bárbaros e os belicosos tracios, donde fuxín cando me descubriron con Afrodita, a deusa do amor e da beleza.E vaia coa súa beleza! je,je. Cando ocorria algunha desgraza sempre pensaban que era eu o que estaba detrás de todo, e fun moi odiado por todos, incluso polos meus pais. Na mitoloxía Romana aparezo como pai de Rómulo e Remo, tras unirme a Vestal Rea Silvia.Unha das cousas máis terribles que me sucedeu, foi cando Oto e Efialtes, os dous xemelgos Alóadas, tomaron o monte Olimpo e lograron secuestrarme e meterme nunha vasilla durante trece meses, fun liberado cando Artemisa se ofreceu para deitarse con Oto, Efialtes sentiu celos e comezou a pelexar co seu irmán, Artemisa transformouse en cerva e saltou entre os dous, os Alóadas ,para evitar que fuxira, arroxaron as súas lanzas e mataronse un ao outro
Os meus emblemas son:o casco, o escudo e as armas.
Ben Cristina, corrixín algunhas cousas no principio e aínda queda algo que pulir. Está bastante completo e moi ben a reseña dos Alóadas. Podías engadir cales eran os seu fillos, que o acompañaban no combate e que teñen un papel alegórico. Non estaría demais que contases como o pillou Hefesto cando estaba con Afrodita.
ResponderEliminar