02/11/16

OUTRA NOITE DE ESTRELAS

Estreamos nova tempada no noso blog para anunciar que hoxe, xoves 3 de Novembro, poderemos observar estrelas no IES de Melide a partir das 19.30 a través de potentes telescopios, da man de astrónomos profesionais do OARMA (Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC), dentro do programa TODOCOSMOS. Agardamos que as nubes non nos impidan ver os ceos e, ao igual que no curso pasado, poidamos disfrutar dunha noite espléndida.
Como é innegable a relación da astronomía coa mitoloxía, deixamos aquí unha presentación feita polo alumnado de cultura Clásica do curso pasado e completada co que estamos vendo estes días na clase de 3º de Cultura Clásica.

17/06/16

GUERRA DE TROIA

Traballo sobre a Guerra de Troia polas alumnas de 3º A-B de Cultura Clásica: Sarai Martínez Segade, Uxía Cardeiro García, Laura Liñeira Somoza e Yara González Barral.

H E R A C L E S

ESTE TRABAJO DE HÉRCULES EXPUESTO EN CLASE CON 15 DIAPOSITIVAS FOR REALIZADO POR ANXO GARCIA, ABDE MAZOUZI, IVÁN CASAL, ASIS ABDECHAFI .

18/05/16

COMO A XERACIÓN DAS FOLLAS, ASÍ SOMOS A XERACIÓN DOS HOMES...

Parafraseando uns versos que limos no canto VI da Ilíada, os homes somos como as follas das árbores, o vento espalla no chan as secas para reverdecer de novo en cada primavera. Así, cada mes de maio volvemos a ver partir a unha xeración máis, que marcha buscando outros portos, como dí o poeta, nesa viaxe a Ítaca.
A nosa viaxe en grego comezou cunha tripulación maior, Andrea, Adrián, Lucía Sesar e Raquel baixaron en portos anteriores para adquirir fermosas mercancías, na busca de rutas máis axeitadas. No barco continuaron Antía, Cristina, Dani, Jose e Lucía Varela. E aínda que, chegadas estas datas, sempre digo o mesmo do alumnado que marcha, o certo é que non podería ter atopado mellores compañeiros de viaxe. Será que sempre escolle esta materia o mellor de cada casa? ou será que a propia aprendizaxe nos fai mellores a todos? Neste curso, no que persoalmente comecei a notar o cansanzo de todos estes anos e a cobizar unha xubiliación imposible, compartir remo case cada día co alumnado de 2º de BAC foi unha táboa de salvación. Para máis fortuna, con eles empezaba e remataba a semana, nunca tan levadeira foi a 6ª hora dos venres.
Endexamais vin unha mala cara, se cadra algo de lóxico cansanzo ou ganas de atender a cousas máis interesantes que as parasangas de Xenofonte. Antía, reivindicativa, pero tan cálida... sempre atenta, coa súa sensibilidade para aprezar a poesía e esa habilidade plasmada nun fermoso poema de Safo, copiado sobre papiro, co que nos agasallou (unha auténtica Mulier habilis!). Cristina, auténtica, sen medo a manifestar os seus sentimentos, a personificación da sensatez, do apego, do cariño polos seus, nos que nos inclúe. Dani, "non te raies", que con ese sentido seu do humor e esa tendencia a escurrirse de todo agocha tanto afecto e traballo sistemático. Jose, que foi reducindo distancias e soubo compartir con nós as súas observacións e inquedanzas e algunha que outra paixón. Lucía, cun sorriso e mirada que iluminan a aula, sempre de bo humor, pasando dos vaciles pola súa teima de ter todo controlado... Viaxamos física e mentalemente, vestímonos de gregas e romanos, traballamos en equipoescribimos con cálamos, fixemos concursos, vimos teatro... a ate vimos as estrelas nunha fría noite de inverno. Grazas por apuntarvos a todo, grazas por ensinarme a vosa música, por deixarme entrar no voso mundo.

Houbo momentos duros na viaxe, nos que nos pareceu ver ao alporizado Poseidón, compartimos kleenex e palabras de acougo, sobre todo neste curso, 2º de BAC, que se acaba convertindo nunha carreira contra o reloxo. E aquí paramos a pensar. Imaxinades varios "2º de BAC" repartidos ao longo da vosa vida escolar, en 3º e 6º de primaria e, ao rematar a ESO, con carácter eliminatorio? Niso é no que quere convertir a LOMCE o sistema educativo, nun continuo salto de obstáculos que vai deixando xente nas cunetas, en lugar de ser un instrumento para limar as desigualdades.
O meu soño, o soño de calquera docente, penso, sería poder ter aportado ás miñas alumnas e alumnos durante estes anos ferramentas útiles para acadar outros coñecementos, para defenderse na vida, para realizarse coma persoas, para ser, en definitiva, máis felices. Gustaríame ter contribuído a formar boa xente, xente honesta, pero firme e comprometida, xente que non se conforme con ese futuro mediocre que lles ofrecemos, xente que se rebele e queira cambiar o mundo...
Outra vez máis, volvendo ao poeta, só me queda desexar que a viaxe sexa longa, chea de aventuras e coñecementos. Καλό ταξίδι!

11/05/16

I OBRADOIROS DE CULTURA CLÁSICA. LUDI COMPOSTELLANI

O pasado 3 de maio, un super equipo de alumnas e alumnos de cultura clásica, latín e grego do IES de Melide impartiu na Facultade de Filoloxía un obradoiro de moda clásica e outro de escritura antiga, nesta primeira edición de Obradoiros de Cultura Clásica, organizados pola sección Galega da SEEC. Esta actividade, que pretende ter continuidade e consolidatrese, foi bautizada como Ludi Compostellani, como recoñecemento aos veteranos Ludi Saguntini, evento imprescindible na comunidade educativa das clásicas.
Aínda que a idea inicial era facer unha xornada festiva que acompañase a entrega de premios da II Olimpíada de Tradución, os obradoiros adquiriron un protagonismo capaz de servir de reclamo a uns 20 centros que acudiron con arredor de 200 alumnos e alumnas, que ademais dos obradoiros de moda e escritura, participaron nun obradoiro de cociña, a cargo do alumnado do IES Xelmírez II, e nun obradoiro de xogos e outro de música a cargo do alumnado de filoloxía clásica da USC. O alumnado do IES de Ames encargouse de facer un precioso fotocoll que representaba ao deus Dioniso co seu séquito de sátiros e ménades. Estas actividades completábanse cun Itinerario Mitolóxico dunha hora de duración polo casco histórico compostelán, que partía da Praza do Obradoiro guiado por alumnas da USC e pola profesora Ana Suárez.
Para ser a primeira edición, a xornada festiva foi todo un éxito grazas ao traballo de todos os centros que participaron e da directiva da SEEC, en especial de Teresa Amado, alma mater do proxecto que estivo en todo momento apoiando e animando aos centros, pendente de que non faltase nada. Grazas, Teresa!

Pola nosa parte, contamos coa inestimable axuda do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos construío unha cadeira klismos, cálamos, transformáronnos unha capsa.... e no IES de Melide estivemos traballando nas aulas duramente ao longo do mes de abril, preparamos o material, distribuímos o traballo e velaí o resultado.  É certo que hai algunhas cousas que debemos mellorar: ensaiar mellor a exposición, coordinarnos máis, ser máis responsables co traballo individual... que tentaremos levar á práctica o próximo curso se conseguimos que esta actividade teña continuidade. Quen se apunta para o curso que vén? Sabedes que agora podedes volver a escoller cultura clásica en 4º de ESO?

I LVDI COMPOSTELLANI

30/04/16

OBRADOIRO DE MODA CLÁSICA

Estamos a punto de estrear o noso obradoiro de moda clásica nos I Obradoiros de Cultura Clásica, que, organizados por SEEC Galicia, terán lugar na Facultade de Filoloxía de Compostela o vindeiro martes 3 maio.
Para dar unha maior plasticidade aos nosos modelos, decidimos inspirarnos na arte e na mitoloxía clásica e para elo contamos, como tantas veces, coa imprescindible colaboración do ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos fabricou esta marabillosa cadeira klismos. Grazas pola vosa implicación, compañeiros!!


E, se queres saber algo máis sobre moda clásica, velaí este material que xa leva un tempiño no noso blog:

29/04/16

OBRADOIRO DE ESCRITURA PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Os departamentos de latín e grego estamos a desenvolver unha nova actividade que até o de agora só practicaramos cando viaxabamos a Sagunt, un obradoiro de escritura antiga cos dous alfabetos, latino e grego.
Despois de dúas visitas á Domus Baebia Saguntina, en 2010 e 2015, o empuxón definitivo para que nos animásemos a tentar facelo por nós mesm@s, foi o obradoiro que de xeito altruísta Fernando Lillo impartiu no outono de 2015 para un pequeno grupo de profesores e alumn@s da USC na facultade de filoloxía.
Para poder realizar este obradoiro contamos co apoio incondicional do profesorado e alumnado do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos fabricaron uns cálamos de altísima calidade, umbilici para enrolar os pairos e unha espectacular cadeira klismos.
E como Audentis Fortuna iuvat, embarcámonos a participar e preparar os I Obradoiros de Cultura Clásica, organizados pola SEEC, e estreámonos na nosa biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide, que o martes 26 e abril quedou convertida en biblioteca de Alexandría por un día. Velaí o resultado:

E como queremos compartir o noso traballo, deixamos aquí as seguintes ligazóns:
- Plantilla para escritura grega antiga
- Plantilla para escritura latina antiga
- Antoloxía de textos gregos para paleografía
- Antoloxía de textos latinos para paelografía
Animadevos a probar

26/04/16

DIA DO LIBRO, A BILIOTECA DE ALEXANDRÍA EN MELIDE

Botamos man dun material antigo, levemente reciclado, para conmemorar o día do libro. Se o ano pasado estábamos por estas datas a facer un obradoiro na Domus Baebia Saguntina, este ano atrevímonos a facelo nós mesmos, grazas as magníficas/os calígrafas/os que son quen de convertir a biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide en biblioteca de Alexandría por un día.
Pero todo isto non sería posible sen as ensinanzas de Salvador Muñoz, recibidas na Domus Baebia, e Fernando Lillo, o pioneiro galego en obradoiros, e a instimable colaboración do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos fabricou os cálamos, unha magnífica cadeira Klismos e nos transformou unha capsa. Gratias Plurimas!!
 

01/03/16

MEDEA E XEMELGOS, DE NOVO VENDO TEATRO CLÁSICO EN LUGO

Un evento inescusable na nosa axenda é a asistencia ao festival de teatro grecolatino que organiza a SEEC, agora en diferentes cidades galegas. Por motivos de proximidades xeográfica, sempre eliximos Lugo onde onte, luns 29 de febreiro, poidemos disfrutar dunha poderosa Medea de Eurípides e uns divertidos Xemelgos de Plauto.
Comezamos a nosa xornada visitando a Domus do Mitreo, onde vimos restos de peristilo, in pozo, un muíño de man, habitacións con canalizacións de auga e outras dependencias da casa que logo quedou partida coa construción da muralla. Pero o máis importante deste recinto é o templo de Mitra, único en Europa, onde vimos, en perfecto estado, a ara que lle dedicou un centurión a este deus persa.
Pola mañá, xa no auditorio, tocounos a traxedia. Unha Medea de Eurípides a cargo do grupo "El Ruiseñor" cun texto ben adaptado e unha dicción clarísima e moi traballada que permitiron unha perfecta comprensión e seguimento por parte do público. Na posta en escena destaca a interpretación dunha Medea implacable, presa pola paixón e na que apenas hai lugar para a dúbida, xunto cun tratamento libre do coro, no que as mulleres de Corinto interveñen individualmente e un grupo de danza asume actuación coral, de gran beleza plástica. Cabe destacar tamén a impecable interpretación do elenco de actores, na que sobrease a nodriza,capaz de transmitir ese πάθος ou paixón dramática.
Despois de xantar tocou algo máis lixeiro, uns Xemelgos interpretados pola compañía "Noite Bohemia" que, en esencia, conservaban ese espírito plautino: chistes adaptados ás circunstancias actuais, cantica (neste caso danza) para os entreactos e, sobre todo, moitas ganas de facer rir ao público. Actuación brillante de todos os actores e actrices, pero talvez sacrificio excesivo do texto orixinal en aras dun riso fácil, con algún chiste (de dubidosos tintes) evitable.
En resumo, unha xornada completa e estupenda, que seguiremos repetindo mentres a SEEC siga organizando coa eficacia e o bo facer que a caracteriza.
Despedímonoss facendo unha reivindicación, xa de vello, importante. Cando poderemos disfrutar dun espectáculo teatral na nosa lingua? Despois de tantos anos sen faltar a esta cita, é algo necesario que botamos de menos no IES de Melide. Dende aquí queremos animar á organizacion a que incentive os clásicos en galego, a ver se no 2017 podemos escoitar a Plauto, Aristófanes, Sóflocles ou Eurípides na nosa lingua.



24/02/16

PREMIOS ODISEA: GLORIA VICTIS!!

A semana pasada, pouco despois do desempate autonómico do concurso Odisea, ao cal non chegamos este ano, decidimos facer unha ceremonia de entrega de premios, con pompa incluída, para premiar o esforzo dos concursantes do IES de Melide.
Tal como explicamos máis abaixo, a semana do concurso foi moi emociante, aprendimos moitas couasas sobre a guerra no mundo antigo, sobre mitoloxía, vida cotiá, historia, literatura... Pero sobre todo adqurimos ferramentas (ou competencias, como se dá por chamar agora): buscar en internet, a ler con atención as preguntas e, sobre todo, a ler entre liñas, a relacionar, deducir, razoar...
A modo de réplica da célbre frase Vae Victis!, Ai dos vencidos! que pronunciara aquel xefe galo Breno que vencera a Roma no 390 a. C., nós usamos a réplica Gloria Victis!, inspirándonos nunha fantástica serie de cómics que temos na biblioteca. Gloria aos vencidos, porque eles son tamén vencedores!! Así premiamos aos tres equipos que obtiveron máis puntuación cun premio en especies, copiando a idea de Dives Gallaecia, un diploma e o máis importante, a coroa de loureiro, reservada na antigua Grecia aos favoritos de Apolo.
Estes foron os nosos clasificados:
  • 1º premio: SUPERBIS (4º ESO): Mariña Ferreiro Vilariño, Laura Sánchez Blanco e Ismael Río Vea.
  • 2º premio: AS TRES GRACIAS (3º ESO): Sarai Martínez Segade, Yara González Barral e Marta Vázquez Vilariño.
  • 3º premio: LOS NIGGAS (3º ESO): Diego Varela Cea, Alberto Villasante González e Mateo Agra Parrado.

16/02/16

OBSERVANDO ESTRELAS

Onte, luns 15 de febreiro, o tempo concedeunos unha tregua e puidemos celebrar a Noite de Estrelas, que tiñamos prevista, organizada polos departementos de Matemáticas, Física e Grego coa colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa, da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS, financiado pola FCYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).
Dous membros do observatorio fixeron primeiro unha exposición no salón de actos, repleto de xente de todas as idades, explicándonos conceptos básicos sobre o sistema solar, a lúa e as estrelas. Despois veu o máis emocionante, a observación no recinto do instituto da lúa, da nebulosa Orión e de Xúpiter cos seus satélites a través de potentes telescopios, coa guía e axuda de Jorge e Pedro Pablo Campo, que nos atenderon con infinita paciencia e amabilidade.
Máis de cen persoas de todas as idades, alumnado dos colexios e instituto, gozamos dunha noite fantástica de estrelas, a pesares dos -3º marcaban os termómetros ás 23.20 horas, cando rematou a nosa xornada.
Grazas a tod@s os que asististes e, sobre todo, ao OARMA (Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller)

07/02/16

ODISEA: Profe, encántame!!

Esta é a frase que máis escoitei esta semana de tolemia total, na que transcurriu o Concurso Odisea. Só por isto paga a pena o traballo de toda a xente que fai posible este concurso, o estress, as tantísimas horas na aula de informática, o carrexo de libros, as carreiras polos corredores... e tantos nervios.
En Melide a participación bateu un récord, 61 participantes distribuídos en 21 equipos, nada menos!! E clasificación non estivo nada mal. Para bens a todos os equipos, pero especialmente a SUPERBIS, que estivo moi cerca de clasificarse con 81 puntos.
Esta foi a clasificación dos nosos equipos:

Orde
Nome do Grupo
Nome do Centro
Localidade
Tempo empregado en preguntón
Puntuación Total
21º
SUPERBIS
IES DE MELIDE
MELIDE
12 horas, 12 minutos, 26 segundos
81
47º
AS TRES GRACIAS
IES DE MELIDE
MELIDE
6 horas, 39 minutos, 47 segundos
71
48º
LOS NIGGAS
IES DE MELIDE
MELIDE
11 horas, 40 minutos, 30 segundos
71
57º
LAS MINERVAS
IES DE MELIDE
MELIDE
14 horas, 11 minutos, 16 segundos
69
58º
EQUIPO S.U.
IES DE MELIDE
MELIDE
6 horas, 37 minutos, 50 segundos
68
73º
Μονόκερω&
IES DE MELIDE
MELIDE
8 horas, 30 minutos, 56 segundos
66
92º
OS MARRAUS
IES DE MELIDE
MELIDE
4 horas, 41 minutos, 21 segundos
62
99º
LOS POMPEYANOS
IES DE MELIDE
MELIDE
8 horas, 43 minutos, 30 segundos
59
100º
ÉFOROS
IES DE MELIDE
MELIDE
9 horas, 25 minutos, 18 segundos
59
107º
COS CODOS
IES DE MELIDE
MELIDE
4 horas, 42 minutos, 22 segundos
58
110º
OS MENDAS XD
IES DE MELIDE
MELIDE
13 horas, 59 minutos, 25 segundos
58
160º
LAS DRÍADES
IES DE MELIDE
MELIDE
9 horas, 5 minutos, 56 segundos
49
162º
LOS MERODEADORES
IES DE MELIDE
MELIDE
21 horas, 51 minutos, 53 segundos
49
165º
OS ELEMENTRIX
IES DE MELIDE
MELIDE
6 horas, 27 minutos, 15 segundos
47
196º
BLACK OPS
IES DE MELIDE
MELIDE
4 horas, 2 minutos, 7 segundos
44
198º
PALONSYGAY777
IES DE MELIDE
MELIDE
13 horas, 16 minutos, 41 segundos
44
225º
POLEMARCOS
IES DE MELIDE
MELIDE
24 horas, 0 minutos, 0 segundos
40
260º
HOPLITAS
IES DE MELIDE
MELIDE
7 horas, 18 minutos, 47 segundos
32
325º
DESBROCES L&R&M
IES DE MELIDE
MELIDE
24 horas, 0 minutos, 0 segundos
15
327º
AS GUERREIRAS
IES DE MELIDE
MELIDE
4 horas, 20 minutos, 21 segundos
14
372º
LAS NEREIDAS
IES DE MELIDE
MELIDE
24 horas, 0 minutos, 0 segundos
0

Cometimos moitos erros, a maioría evitables se nos parásemos a ler con calma a pregunta e a razonar un chisco máis a resposta. Aprendimos un montón, non só sobre o a guerra e o mundo clásico en xeral, senón tamén a buscar información e traballar en equipo, que é máis importante.

E xa postos, imos facer un pouco de crítica, construtiva sempre, por se algún dos cerebros organizadores se pasa por aquí:
- Bravo polas preguntas dos tres primeiros días, eran asequibles e fixeron que os equipos se animasen.
- Preguntón demasiado longo e difícil demais, sobre todo tendo en conta que a maioría dos participantes, no IES de Melide polo menos, son de 3º de ESO.
- Realmente son necesarias as preguntas en latín? Non nos referimos a termos que xa son conocidos nesa lingua, como "impedimenta", senón a palabras gregas que un alumno de ESO non pode transcribir, mesmo sabendo un chisco de latín, palabras como "Gylippus" e algunha outra...
- A redacción dalgunhas pistas era ambigua demais e bastante cuestionable.

Está ben a dificultade, per ardua ad astra!, pero non pode ser tanta que faga que un equipo non teña un fío por onde tirar e se desespere. Ademais, no IES e Melide dende hai anos o alumnado que tería máis posibilidades de triunfar, o e 2º de BAC, non se anima a participar por estar agobiado de exames.
A pesares diso, pasamos unha semana emocionante e dende logo os nosos concursantes non han quedar sen premio, GLORIA VICTIS!!


29/01/16

ENTRENANDO CON KAHOOT PARA A GUERRA

Descubrimos Kahoot grazas a Álvaro P. Vilariño, Dives Gallaecia, que compartiu xenerosamente este Kahoot sobre a guerra de Troia:

Concurso sobre a guerra de Troia


E agora engadimos outro xogo máis sobre a Guerra no mundo antigo:

Concurso sobre a Guerra no mundo clásico


Pero para poder gañar neste xogo, bota un vistazo antes á presentación da Guerra de Troia e a unidade didáctica a Guerra no mundo antigo que tes no artigo de abaixo. Sorte e a xogar!

27/01/16

CONCURSO ODISEA: A GUERRA NO MUNDO CLÁSICO

Unha vez máis o alumnado do IES de Melide acude ao concurso Odisea, que terá lugar os días 1, 2, 3 e 4 de febreiro. Pero esta vez facémolo en orde de batalla, pois este ano o tema central será a guerra nas antigas Grecia e Roma. Para ir adestrando un pouco, estes días estamos tratando na aula temas relacionados co mundo bélico na antigüidade. Como o primeiro día as preguntas serán sobre a guerra na mitoloxía, recuperamos unha antiga presentación sobre a guerra de Troia:


Os outros días o tema será a guerra na vida cotiá, a Historia e institucións e a literatura. Para elo, recuperamos unha antiga unidade didáctica do baúl dos recordos e a maqueamos un pouco para disimular, e aquí a compartimos por se pode servir de axuda:

A Guerra no Mundo Clásico by Susana Losada


Para finalizar deixamos aquí unha lista de reprodución de youtube, moi mellorable, por certo. Moito ánimo e ao ataque!!