ROMA
-
A.- CONOCER ITALIA/ROMA...
- Sicilia (españoles por el mundo).
- Roma (españoles por el mundo).
B.- HISTORIA DE ROMA
0.- Historia de Roma (síntesis): el Im...
Hai 6 anos
Esta escena non sería posible sen a estupenda instalación que temos montada este ano no xardín do IES de Melide. Que pinta este veleiro en terra firme? Todo foi idea de Xosé Couso, profe de educación física do noso IES e auténtico experto nos grandes veleiros do s. XVIII, tal como nos demostrou na charla que nos impartiu na biblioteca. Pero o noso contramestre non podería facer o seu traballo se non contase coa man de obra do alumnado e profesorado do ciclo de madeira, que traballaron nesta ocasión como carpinteiros da ribeira, a pesares de ser de interior. Gloria, a nosa capitana da biblioteca, encargouse de tinxir con té as sabas vellas que lle levamos para darlles un aspecto envellecido (aínda que foi máis ben a nosa climatoloxía de inverno perpetuo a que deu esa pátina). Velaí ao alumando de madeira termando do mastro, nunha pose que a algúns nos trae a memoria outra famosa escena da Odisea, na que Ulises e os seu homes cegan ao Cíclope.
Rick Riordan cóntanos a historia de Perseus Jackson (Percy), un adolescente de 12 anos que padece THDA e dislexia, que foi expulsado de seis escolas nos últimos anos. A última é a academia Yancy, onde descubre algo que lle vai cambiar a vida.
Esta obra é unha adaptación ao cómic de A Odisea o poema épico composto por Homero no s. VII a. C., unha das obras máisimportantes da literatura universal.Normalmente nas adaptacións de calquera clásico o autor pode darlle á súa obra o carácter que el mesmo queira, polo que debe documentarse ben, xa que ás veces confúndese realidade e ficción, historia con mitoloxía e, na miña opinión, Pérez Navarro soubo facer un bo traballo.
Ulises inicia o seu relato cos Lotófagos, un pobo que se alimentaba de flores, até chegar ao seu encontro co cíclope Polifemo ó que debeu cegar para poder escapar del. Como consecuencia, este feito enfurece ao seu pai Poseidón, que castiga a Ulises facendo que se perda polos mares. Unha vez reuniron todas as naves tras o incidente co cíclope, Ulises e a súa tripulación chegaron á isla de Eolia, onde vive Eolo, deus dos ventos. Este deulle a Ulises unha bolsa que contiña todos os ventos, coa condición de que non a abrira até chegar á casa. Pero os seus camaradas tiñan moita curiosidade por saber qué contiña a bolsa e un día durante a travesía abrírona, os ventos desatados pola bolsa fixeron que se afastasen máis aínda da súa patria. A continuación chegan á illa dos Lestrigóns, uns xigantes que se comeron a case toda a tripulación. Escapando de alí chegan á illa de Eea, onde vive Circe unha meiga que transformaba en animais ós seus inimigos.
A muller namórase de Ulises e reteno durante un ano, até que un día os seus compañeiros comezan a querer volver para a casa. Circe enténdeo, pero advirte a Ulises que debe baixar ós infernos xa que Tiresias, o adiviño que lles pode indicar o camiño de regreso, atópase alí. Cando por fin chegan ao Hades, atopan a Tiresias,que tras beber sangue dun sacrificio, profetiza que Ulises terá un longo regreso á casa e que a súa familia está ben. Volveron xunto a Circe, como despedida, e de volta no mar o viaxeiro ten que enfrontarse a unhas sereas atándose ó mastro do barco para non sucumbir ás voces dos fermosos híbridos de muller e paxaro. Máis tarde, tivo que enfrontarse a Caribdis e Escila, dous
monstros mariños que vivían nun paso de rochas no mar. Moitos mariñeiros morreron, pero Ulises conseguiu chegar á illa do deus Sol onde tiñan unha soa condición, non matar animais. Tras moitos días sen comer, os mariñeiros remataron por matar unha vaca, provocando a furia de Helios, quen de novo no mar desatou unha tormenta á que tan só sobreviviu Ulises. Tras dez días agarrado a uns táboas de madeira, Ulises chegou ante Calipso, onde estivo sete
años. Durante este tempo, Ulises e a filla de Atlante tiveron dous fillos, pero chegado o momento Ulises partiu de novo.