Así como algún ano despedimos o curso cantando, nesta ocasión en grego de 1º de BAC preferimos escoitar o canto das sereas. Dado que este foi un ano dedicado ás viaxes e dende a biblioteca fixemos un traballo interdisciplinar titulado A viaxe e a migración, entre búsqueda e a necesidade, pareceunos de necesidade recrear algunha escena da Odisea, a viaxe das viaxes.
Velaí a famosa escena na que Ulises (Yuri), resiste como un campeón. As nosas sereas, Iris e Montse, tratan de engaiolar ao héroe, pero canto máis se remexe este, máis apreta as cordas a comandante Lorena. Os remeiros, Wellington, Diego, Celtia, Eva, Sara, Aitana, María, Denís e Noelia, reman inmunes ao fetizo, pois o sabio adiviño Tiresias aconsellara a Ulises tapar os oídos con cera.

O departamento de música non foi capaz de reconstruír o máxico canto das sereas, pero prestounos estes estupendos remos, que eles utilizan para facer magníficas percusións.
Grazas a todas estas axudas poidemos revivir este archicoñecido episodio e dende o noso barco desexámosvos un bo verán, aínda que chova.
(E ollo co canto das sereas, que algún/a aínda ten pendente unha recuperación de grego...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario