17/03/14

UNHA ARTEMISA MANGA


Esta é a magnífica versión manga de Artemisa que nos fixo Li Wei, de 3º PDC de ESO. Podemos distinguila ben por algúns dos seus emblemas: o arco, a vestidura curta e o seu carácter agreste neses corniños que lle sobresaen na cabeza, case estilo fauno. Parabéns e só nos queda animar a Li Wei a que se lance a facernos algunha viñeta de cómic. A ver se se inspira coa versión manga da Ilíada e Odisea que está a ler.

2 comentarios:

Álvaro dixo...

Menudo fenómeno! está xenial!!

Susana Losada dixo...

Espero que con este comentario dun impenitente lector de cómics Li Wei se decida a facer unha pequena historieta en manga