29/11/17

VIOLENCIA MACHISTA NA MITOLOXÍA CLÁSICA

Se, por desgraza, a violencia machista é un feito universal, está claro que o mundo clásico non está libre dela. Moito poderíamos falar da situación da muller nas antigas Grecia e Roma, pero preferimos centrarnos na mitoloxía, en casos que coñecemos ben.
A violencia machista é tan abundante na mitoloxía clásica que tivemos que elixir os casos máis rechamantes, inclinándonos por aqueles que, ademais, inspiraron representacións plásticas coñecidas  que fan máis patente aínda esa violencia. Case tod@s coñecemos o famoso grupo escultórico de Apolo e Dafne de Bernini ou o Rapto de Porsepina do mesmo autor, e non podemos deixar de admirar a súa beleza extraordinaria, delicada, perfecta, sutil... que nos poden facer esquecer que o que de verdade se representa é un acto de brutalidade contra mulleres.
Decidimos seguir a estética da campaña Compostela en Negro, que se extendeu a moitos concellos de Galicia, e ademais de imaxes, iulustrar os nosos carteis con textos de Ovidio, Homero, Eurípides e a nosa escritora Marilar Aleixandre.


Violencia machista na mitoloxía

Ningún comentario: