02/12/08

Zeus e Alcmena


Alcmena, esposa do rei de Tebas Anfitrión, destacaba moito pola súa beleza. Zeus, que estaba namorado de Alcmena, aproveitou a falta do marido desta para seducila para poder estar con ela. Para seducila, Zeus adoptou a forma do seu marido. Zeus alargou esa noite, para poder pasar máis tempo con ela e para poder enxendrar a Heracles. Ó día seguinte, cando chegou Anfitrión, contoulle todo o que sucedera e él deuse conta de que fora substituído, por outro. O adiviño Tiresias, aclaroulles que ían ter dous fillos: Iflicles, fillo de Anfitrión, e Heracles, fillo de Zeus. Entón Anfitrión, aceptando a voluntade de Zeus, perdoa á súa esposa Alcmena, e adopta a Heracles (ou Hércules) como fillo propio.

1 comentario:

Susana dixo...

Moi ben Cris, esta é unha boa entrada, xa que non te limitas a copiar e fas unha redacción persoal. Eu corrixiría que Zeus aproveitou a falta... por "Zeus aproveito a ausencia do seu marido...". Fáltache poñer etiqueta ao texto.