13/12/08

Zeus - Leto

Leto era filla dos titáns Febe e Ceo, nai de Artemisa (deusa da caza) e Apolo (deus da adiviñación, das artes e da música). Foi unha das moitas amantes de Zeus. Hera desterrouna e todos os países e illas negáronse a darlle a Leto un fogar para que naceran os seus fillos, por temor a unha posible vinganza de Hera, pero logo dunha longa viaxe chegou a insua (illa flotante) de Delos, no mar Exeo, alí Leto pediu aloxamento e recibiu a hospitalidade dos seus habitantes. No momento en que Leto recibiu a hospitalidade dos habitantes de Delos surxironlle catro columnas dende o fondo do mar que a deixaron firmemente anclada para sempre, e pasou de ser unha insua a ser unha illa. Na illa de Delos naceron os seus dous fillos xemelgos Apolo e Artemisa. A illa de Delos dende eso momento foi a illa sagrada de Apolo.
(Fonte: Enciclopedia Encarta)

1 comentario:

Susana dixo...

Un segundo post!, Isto xa é veteranía, Laura. Corrixe un pouco o primeiro párrafo, non hai verbo. En realidade quen a desterrou foi Hera, debes corrixir isto tamén. Tampouco esquezas mencionar que en Delos deu a luz aos dous xemeos e que por isto a illa estaba consagrada a Apolo.