21/06/09

Rapto de Helena

Ola a todos de novo. Por aquí andamos outra vez, pero non para falarvos de Poseidón, se non da causa da guerra de Troia, o rapto de Helena, a esposa de Menelao. O rapto de Helena foi realizado en Esparta por Paris, príncipe troiano. Existen varias versións sobre isto, e unha de elas é que Helena non foi obrigada, senon que se deixou levar por Paris.
Helena era filla de Zeus e Leda, e era moi famosa pola súa grande beleza. Dise que antes de ser raptada por Paris, xa fora raptada de pequena por Teseo, coa intención de contraer matrimonio con ela, pero deixouna coa súa nai Etra mentres el ía a por Perséfone que estava no inframundo. Logo, Helena foi salvada polos seus irmans, os Dióscuros, que fixeron prisioneira a Etra. Déixovos este video con imaxes dalgunha escea da guerra de Troia.

Rodrigo_(3º D)

1 comentario:

Susana Losada dixo...

Xa vemos que es un mestre do vídeo, Rodrigo. Moi interesante a galería de imaxes sobre o rapto de Helena. Paréceme unha boa idea que te centres nun episodio da guerra de Troia e profundices nel (moito mellor que falar en termos xerais sobre este asunto tan tratado). Por suposto que esta entrada repercutirá na nota. Felices vacacións.