23/09/09

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Despois de case tres meses de vacacións, Aspasia volve con forza e ganas de actividade. Copiando unha idea de Luís Inclán, un super profe de latín en Catalunya, comezaremos por presentar ás novas alumnas e alumnos que temos en cultura clásica e grego, aínda que algúns e algunhas xa son expertos mergulladores do mundo clásico. Imos, pois, cos máis noviños, os de 3º ESO, onde temos 20 alumnos/as, un pouco de cada 3º. Temos a sorte de que os repetidores volveron a coller cultura clásica, polo que xa son veteranos no blog Rodrigo, cos seus vídeos estupendos, María, Iris e Lucía. Aos outros irémolos coñecendo pouco a pouco e, en breve aparecerán como autores. Como en Galicia temos a mala sorte (ou malas leis...) de non poder escoller a cultura clásica nos dous cursos de 2º ciclo de ESO, os repetidores van a resultar os únicos que teñan o "privilexio" de poder cursar a materia dous anos.
En 4º de ESO, con nove rapazas e rapaces, poderemos traballar máis xa que temos unha hora máis de clase que en 3º. Varias rapazas cursan tamén latín, polo que a formación clásica vai ser aínda máis completa.

En grego de 1º Bac hai 12 alumnas/os, algún máis que o ano pasado. Case todos cursaron latín o ano anterior, polo que a entreda no grego vai resultar máis doada. Polo de pronto, están moi atarefados co alfabeto, e para axudalos un pouquiño, recomendámoslle que escoiten o rap do alfabeto que temos na barra da dereita.
Por último, as super expertas de 2º Bac, as catro valientes que se animaron a escoler grego a pesares da multitude de opcións que había en 2º. As nosas clases van ser no departamento de clásicas, xa que no IES de Melide non andamos moi sobrados de aulas. Se en todos os cursos pronosticamos un feliz desenlace, con máis razón en 2º de Bac, onde estas catro currantas van facer a súas primeiras traduccións serias.
Temos tamén un pequeno programa de actividades extraescolares. Polo de pronto agardamos a estrea de Ágora, de A. Amenábar, para ir a vela ao cine en Santiago. O nove de marzo iremos, ao igual que en anos anteriores, a ver teatro clásico a Lugo: As Asambleístas de Aristófanes e Miles Gloriosus de Plauto (gracias á eficiencia da SEEC, este ano coñecemos o programa moito antes).
Pero a actividade máis esperada é a viaxe que facemos todos os anos. Este curso, para variar de Grecia, imos tentar algo diferente, a Comunitat Valenciana, visitando Sagunto e participando nos talleres de cultura clásica e Ludi que organiza a Domus Baebia Saguntina. Se cadra incluso podemos achegarnos a Tarraco e pasar unha semaniña en Levante. Estade atentos ás noticias, xa que pronto ampliaremos a información.
Rematamos esta benvida, dando moitos ánimos a todos e todas, seguro que sacamos beno curso e ademais o pasmos ben.

6 comentarios:

Ana dixo...

Enhorabuena por la cantidad de alumnos, seguro que vais a disfrutar muchísimo.
Ojalá podáis veniros a ver el Mediterráneo. Si conseguís hacerlo coincidir con los Ludi Saguntini (la tercera semana de abril probablemente), podéis asistir también al teatro en Sagunt. Aunque la Domus Baebia está abierta todo el curso escolar y cualquier fecha es buena. Ya estoy deseando veros, porque si puedo, me acercaré aunque solo sea a saludaros.
Muchos ánimos para el curso que empieza.

Susana Losada dixo...

Gracias Ana por tu comentario. Es una suerte tener cerca a centauriña como tu, que siempre está detrás animando. Ya vi en tu post que tu tambien tenías un montón de laumnos. La verdad es que me gustaría tener aún más alumnos, pero en fin... Lo de VAlencia lo intentaremos y creo que saldrá adelante. No sabía que los Ludi fuesen tan tarde, y no se si podrá coincidir.

Luis Inclán dixo...

Gracias por las alusiones (a todas luces exageradas...)Tienes unos buenos grupos, Susana. Felicítalos de mi parte por emprender una aventura tan ilusionante.
Te aconsejo vivamente que vayas a la 'Domus Baebia', con o sin teatro: es una experiencia única.
Saludos desde la otra punta de la península.

Daniel Lagoa Martínez dixo...

¡Qué maravilla, Susana! ¡Cuántos alumnos, cuántas actividades...! Estoy seguro de que tus alumnos se lo van a pasar de maravilla y no se van a arrepentir de haberse decantado por esa opción a veces tan problemática que son las humanidades (ya sabes, si eso no vale para nada,si eso es un aburrimiento, si tal y si cual...). Pero aquí estamos nosotros para pelear a la contra. Mucha suerte y muchos ánimos. Nos leemos.

Susana Losada dixo...

Con tanta mensaxe ánimo, eu que xa estaba ilusionada, estou dando saltos. Espero poder contaxiar ás rapazas e rapaces. Xa vin a túa referencia na cea de fin de curso, Daniel. Que gusta da acabar un curso cunha sensación tan boa. Eu ás ceces, cando falan da falta de autoridade e dos profes queimados, non entendo nada

Álvaro P. Vilariño dixo...

Que cantidade de alumnos en Cultura Clásica! Noraboa.
Unha gran idea a viaxe a Sagunt. Xa verás como non os arrepentides.
Nós fomos en avión, bastante barato, pero creo que xa quitaron a liña (Ryanair).
En fin, moita sorte neste inicio de curso.