Despois de dous anos sen facer obradoiros por mor da pandemia, puidemos pro fin este curso retomar esta actividade que tanto nos divirte.
Estas semanas, nas que a maioría do alumnado xa ten aprobada a materia foron as ideais para facer obradoiros de moda e escritura.
En 3º de ESO, como só temos dúas horas semanais, só puidemos facer o obradoiro de moda, pero en 1º de BAC, deunos tempo a probar un pouco os dous. Incluso hoxe tivemos convidados de outras materias que non puideron resistir a tentación de vestirse de hoplitas e simular unha loita. Velaí.
O pasado mércores 22 de xaneiro tivemos a nosa quinta edición dos LVDI COMPOSTELLANI, a gran festa da cultura clásica que, atrevémonos a dicir, está xa ben consolidada na Gallaecia.
Este día acudimos varios centros de secundaria a impartir e recibir obradoiros á facultade de filoloxía da USC que estaba engalanada para a ocasión con mobles de inspiración clásica fabricados polo Ciclo de Madeira do IES de Melide, un mural cun magnífico cortexo de Dioniso realizado polas profesoras Margarita Olivar e Eva Garea, un simpático romano de Xosé Tomás... que nos axudaban a trasladarnos ao mundo antigo. Neste marco clásico un equipo de mozas e mozos do IES de Melide agasallaba aos visitantes con tattos en grego e latín.
O IES de Melide, ao igual que en anos anteriores, impartiu os obradoiros de danza grega, escritura antiga e moda clásica cun alumnado cada vez máis afianzado e seguro que soubo expor ante outras alumnas e alumnos o que aprendera nas aulas. Este ano o obradoiro de moda contou coa colaboración de Hugo López, modisto e deseñador melidense, alumno de cultura clásica de 4º de ESO, que enriqueceu o noso catálogo cun espectacular traxe de grega minoica e outros deseños máis clásicos que luciron as súas compañeiras e profesoras.
O IES de Elviña estreouse este ano cun brillante obradoiro sobre hixiene e cosmética, onde puidemos ver unha réplica de letrina romana e facer un delicioso perfume. Fernando Lillo, magister maximus do IES de Santo Tomé de Freixido, ensinounos a facer graffiti pompepianos e a combatir como auténticos hoplitas gregos. O alumnado da filoloxía clásica da USC fíxonos xogar como antigos gregos e romanos. Fóra da Facultade, outros grupos de estudantes facían unha xincana de tema clásico pola zona monumental compostelá, guiados pola profesora Ana Suárez, especializada en Historia de Roma.
A media mañá puidiemos disfrutar dun espectáculo excepcional a cargo da Asociación cultural Gallaecia Viva que nos fixo vivir unha loita de gladiadores ao igual que na antiga Roma.
Unha xornada magnífica que nos ensinou a traballar en equipo e aprender divertíndonos.
Un ano máis SEEC Galicia vén de celebrar os LVDI COMPOSTELLANI, xa na súa cuarta edición. Se en anos anteriores os LVDI celebrábanse a finais de abril, coincidindo coa entrega de premios das Olimpíadas de Tradución, neste curso decidimos desligalos deste concurso e adiantar a data a xaneiro, para aproveitar a maior disponibilidade de espazo na Facultade de Filoloxía da USC. Esta nova data, ademais, permitiunos gozar dos Ludi sen os apremios de fin de curso.
Así, o pasado martes 22 de xaneiro, acudiron á cita arredor de 200 estudantes de secundaria do IES de Melide, CPR Ntra Sra de los Remedios, I.E.S. nº1 O Carballiño, IES de Curtis, Colexio la Salle de Santiago, IES Xelmírez II, IES nº 1 do Carballiño, IEs Antón Fraguas, IES Menéndez Pidal e o IES Moncho Valcárcel. Realizamos obradoiros de moda clásica, danza grega, cociña, escritura antiga, grafitos, hoplitas, xogos clásicos, unha xincana mitolóxica pola zona monumental.
Como novidade este ano disfrutamos dunha magnífica sesión do Club Falcata de Vigo onde aprendimos aspectos fundamentais da lexión romana e o día a día dos lexionarios.
No IES de Melide, como en anos anteriores, as alumnas e alumnos de cultura clásica, latín e grego impartiron os obradoiros de Danza, Moda e Escritura con moito siso e gran mestría, hai que dicilo. Pero é de xustiza engadir que o alumnado e profesorado participante, coa súa actitude positiva e colaborativa, axudou moito a que todo saíse ben.
Tod@s @s asistentes foron agasallados por SEEC Galicia cunha pulseira que reza "Eu💗Clásicas" e tiveron a oportunidade de facer un tattoo clásico. As pulseiras e os tattoos foron unha idea orixinal do departamento de filosofía do IES de Melide e a profe Marga Quintela, da que nós, como bos clásicos, fixemos imitatio.
Todo un éxito grazas ao traballo en equipo de SEEC Galicia, do alumnado e profesorado que realizou os obradoiros e participou neles. Parabéns a tod@s e a por uns V LVDI COMPOSTELLANI con máis obradoiros.
Por fin chegou o verán, tan esperado,e con el o remate das clases. En 3º de Cultura Clásica e 1º de BAC fixemos unha chea de actividades das que fumos dando conta neste blog: rotulamos as dependenzas do instituto, celebramos o día do peón, conmemoramos o día da violencia de xénero, disfrutamos das conferencias de Teresa Amado participamos en concursos (e gañamos!), vimos teatro, viaxamos a Grecia e, como non, fixemos obradoiros.
Neste curso segue a ser fructífera a colaboración co Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nesta ocasión fabricounos unha fermosa kliné ou diván. Se seguimos a este paso imos necesitar un οἶκος ou casa para gardar este mobiliario. E para o ano que será? unha mesiña talvez?
Grazas a tod@s os que escollestes estas materias e participastes no día a día e nas actividades. Grazas por aprender a aprender e por facelo divertíndovos.
Deixamos o noso catálogo de moda actualizado cos últimos mobles e poses. Pasade un feliz verán, vémonos á volta con máis cousas.
Un ano máis o IES de Melide acudiu a 3ª edición dos LVDI COMPOSTELLANI, unha festa da cultura clásica, organizada pola sección galega da SEEC, onde o alumnado de secundaria é o protagonista.
Como en anos anteriores, os estudantes de cultura clásica, latín e grego realizaron os obradoiros de moda clásica e escritura latina e grega, aos que acudiu numeroso alumnado de outros centros de Galicia. Nesta ocasión contamos cun novo obradoiro, no que un grupo de alumnos de cultura clásica dirixidos por David Canoura, o profe de música, ensinaron os rudimentos dalgunhas danzas gregas. Unha vez máis a colaboración do Ciclo de madeira foi imprescindible, eles fabricaron os nosos cálamos e utensilios varios, ademais do magnífico mobiliario, coa que xa podemos ir amueblando un oikos ou domus.
As mozas e mozos do IES de Melide tiveron a sorte de poder asistir a outros obradoiros como o de cociña, no que saborearon un delicioso moretum elaborado polxs colegxs do IES Xelmírez II, dirixidxs polo profesor Jorge Glez Rguez ou de microteatro, onde guiados polo alumnado do IES M. García Barros da Estrada co seu profesor Álvaro P. Vilariño, dous grupos de alumnos foron quen de representar maxistralmente dúas famosas escenas da Odisea cun tempo récord de ensaio. Con Fernando Lillo, magister maximus, puidemos facer grafitos de amor pompeianos en fíbulas e arxila, combatir como hoplitas gregos ou loitar nos xardíns de Filoloxía (a falta de area) como auténticos gladiadores romanos, con cascos de verdade. Xogamos como antigos gregos e romanos con Miguel Giadás e o alumnado de Filoloxía Clásica.
Non nos foi posible participar na Xincana Mitolóxica pola zona monumental de Compostela da man da profesora Ana Suárez, pero contamos poder facelo nunha próxima ocasión.
O alumnado de 4° de ESO Filosofía, coordinado por Marga Quintela, agasallounos cunha reigueifa entre filósofos gregos e alemáns.
Rematamos a xornada coa entrega de premios da IV Olimpíada de Tradución de textos clásicos, tremendamente orgullosxs da nosa compañeira de 2° de BAC B Mariña Ferreiro Vilariño, que gobtivo o primeiro premio de Galicia en tradución de textos latinos.
Durante toda a xornada os mobles de inspiración clásica realizados polo Ciclo de Carpintaría e Moble do IES de Melide, colocados no vestíbulo e Filoloxía acolleron aos centros participantes e deron a ambientación axeitada para a xornada. Numerosas persoas se achegaron para apreciar a cama ou kliné, a cadeira klismos ou a banqueta difros.
Despois desta xornada intensa e magnífica, na que participaron arredor de 300 alumnos de secundaria, volvimos a Melide esgotados pero contentos de ser quen de ensinar a compañeirxs doutros centros algunhas das cousas que aprendimos na aula.
Agora queda mellorar aspectos organizativos e infraestructuras se queremos uns IV LVDI COMPOSTELLANI. Agradecemos aos membros da xunta directiva de SEEC Galicia a súa implicación, especialmente a (súper) Teresa Amado, que está sempre detrás de todos os escenarios pendente de que non falte nada. Grazas a Álvaro P. Vilariño por este magnífico vídeo e a Miguel Bugallo, autor dalgunha das fotos que podedes descargar máis abaixo e ambos porfesores do IES Manuel García Barros da Estrada. E como non, moi agradecidxs aos nosos reporteiros do IES de Melide Carlos e Elisa Pampín.
E non podemos acabar este post sen resaltar o magnífico traballo e implicación do alumnado do IES de Melide e o esforzo de moitas familias: grazas ás mamás, ás avoas, aos papás, ás tías... que mercaron teas, cortaron e coseron quitando horas ao sono para que as súas fillas e fillos acudisen caraterizados con roupas clásicas e puidésemos ser romanos e gregos por un día.
Seguimos a traballar nos nosos obradoiros, deixando listo material para o curso que vén.
Nesta ocasión queríamos incorporar á nosa colección de recreacións de cerámica grega a nova cadeira difros (banqueta) que nos fabricou este curso o ciclo de madeira do IES de Melide. Xunto coa cadeira klismos do ano pasado, o Ciclo de madeira do IES de Melide está a facernos todo un conxunto de mobiliario da antiga Grecia. O curso que vén falar de facernos unha cama, kliné ou triclinium, a este paso imos ter que construír un oikos, unha casa da antiga grecia, par meter todo este mobiliario.
Pero o mellor de todo é que este ano, ademais do Ciclo de Madeira, o noso aliado natural, contamos coa colaboración do Museo Da Terra de Melide e puidemos reproducir a famosa escena na que un pretendente (Diego) descubre o truco de Penélope (Xanaia) no tear e unha escena típica de mulleres (Ainhoa, Carla, Elisa, Xanaia, Dolores e Olalla) tecendo grazas ao magnífico telar co que conta o museo, aínda que non é vertical como na antiga Grecia. Tamén puidemos usar unha balanza romana e madeixas de liño para a foto.
Na outra imaxe, feita na entrada do instituto temos unha escena típica dun xineceo, as mulleres entretéñense con flores e paxariños (Lucía, Ánxela, Hilda e Mariña) acompañando a unha posible noiva (Virxinia).
Grazas a Cristina Vázquez Neira, a arquéologa encargada do museo, que nos axudou con entusiasmo e nos explicou cousas importantes sobre o tecido e o mundo castrexo, a todas estas rapazas/es, a Carlos, o fotógrafo, e a todos os que non se ven polo voso etraballo e paciencia.
Rematamos a nosa sesión cun merecido chocolate con churros. Para o ano, seguimos. Feliz verán!!
O mércores 3 de maio celebráronse na Facultade de Filoxía, en Compostela, os II LVDI COMPOSTELLANI, organizados pola sección galega da SEEC con motivo da entrega de premios da III Olimpíada de Tradución de textos clásicos.
Ao igual que o ano pasado por estas datas, metimos no bus todos os nosos trastos, os cestóns de moda e escritura, a magnífica cadeira klismos que nos fabricou o ciclo de Madeira, lanzas, escudos, espadas... e 50 persoas máis para pasar toda unha xornada de traballo en Santiago.
Nesta ocasión, o alumnado de filosofía de 4º de ESO coa súa profe Marga Quintela acompañáronnos para representar "A Academia de Platón", un superéxito que comeza dando vida ao famoso cadro de Rafael "A Escola de Atenas" e remata facendo un alegato en defensa da filosofía como ferramenta indispensable para vivir nun mundo mellor.
Montamos os nosos tenderetes nos vestíbulos da 1ª e 3ª pranta da facultade e atendimos varias sesións de obradoiros en todo o día. Ao principio costou un pouco, pero logo as cousas rodaron soas e ao final da xornada as alumnas e alumnos de 3º de ESO e 1º de BAC eran xa expertos comunicadores.
Tamén tivemos a sorte de asistir a outros obradoiros como o de taboiñas micénicas e hoplitas, ambos impartidos por Fernando Lillo, mestre veterano e pioneiro de todo tipo de actividades. No obradoiro de ciencia, impartido polo IES e Ames, aprendimos a manexar unha escítala laconia e fixemos un reloxio de sol. No obradoiro de xogos, a cargo do alumnado de clásicas da facultade, competimos e atnamos algunhas resposta do pasapalabra e probamos con xogos tradicionasi, que son como os da AGXPT que temos no instituto. Non puiemos participar no obradoiro de cociña nin na xincana mitolóxica polas rúas de Compostela, outra vez será.
Esta xornada non sería posible sin a axuda de Davide Canoura, o noso musicus xa experto en escritura, e Marga Quintela, magistra maxima de filosofía e artes escénicas. Moitas grazas pola vosa sensibilidade co mundo clásico (e con outras moits cousas...). Tampouco sería posible montar semellante "feira" en filoloxía sin a imprescindible Teresa Amado e o apoio de toda a xente da SEEC.
Foi un día longo no que traballamos en equipo alumnado e profes e demostramos que o mundo clásico segue vivo e é necesario coñecelo para entender quen somos.
Deixámosvos aquí unha ligazón a Dives Galllecia, onde poderedes ver un vídeo realizado por Álvaro P. Vilariño e toda unha morea de fotos que fixeron os nosos reporteiros oficiais Carlos e Elisa Pampín.
Ao igual que o curso pasado, a biblioteca Xaquín Yebra volveu convertirse na Biblioteca de Alexandría por un día durante a conmemoración da Semana do Libro no IES de Melide. O alumnado de clásicas copiou textos clásicos en papiro cos fabulosos cálamos que nos fabricou o ciclo de madeira. Así na nosa pequena colección de volumes hai textos de Homero, Safo, Arquíloco, Xenofonte, Tucídides, Estrabón, Virxilio, Cicerón, Ovidio, Fedro... e toda unha colección de máximas en latín e grego para aqueles escribas menos osados.
Ata tal punto aumenta a nosa biblioteca de papiros, que estamos preparar unha nova capsa, esa caixa cilíndrica na que se gardaban os rolos, porque a que temos non da abasto. Velaí parte da nosa actividade.
O pasado 3 de maio, un super equipo de alumnas e alumnos de cultura clásica, latín e grego do IES de Melide impartiu na Facultade de Filoloxía un obradoiro de moda clásica e outro de escritura antiga, nesta primeira edición de Obradoiros de Cultura Clásica, organizados pola sección Galega da SEEC. Esta actividade, que pretende ter continuidade e consolidatrese, foi bautizada como Ludi Compostellani, como recoñecemento aos veteranos Ludi Saguntini, evento imprescindible na comunidade educativa das clásicas.
Aínda que a idea inicial era facer unha xornada festiva que acompañase a entrega de premios da II Olimpíada de Tradución, os obradoiros adquiriron un protagonismo capaz de servir de reclamo a uns 20 centros que acudiron con arredor de 200 alumnos e alumnas, que ademais dos obradoiros de moda e escritura, participaron nun obradoiro de cociña, a cargo do alumnado do IES Xelmírez II, e nun obradoiro de xogos e outro de música a cargo do alumnado de filoloxía clásica da USC. O alumnado do IES de Ames encargouse de facer un precioso fotocoll que representaba ao deus Dioniso co seu séquito de sátiros e ménades. Estas actividades completábanse cun Itinerario Mitolóxico dunha hora de duración polo casco histórico compostelán, que partía da Praza do Obradoiro guiado por alumnas da USC e pola profesora Ana Suárez.
Para ser a primeira edición, a xornada festiva foi todo un éxito grazas ao traballo de todos os centros que participaron e da directiva da SEEC, en especial de Teresa Amado, alma mater do proxecto que estivo en todo momento apoiando e animando aos centros, pendente de que non faltase nada. Grazas, Teresa!
Pola nosa parte, contamos coa inestimable axuda do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos construío unha cadeira klismos, cálamos, transformáronnos unha capsa.... e no IES de Melide estivemos traballando nas aulas duramente ao longo do mes de abril, preparamos o material, distribuímos o traballo e velaí o resultado. É certo que hai algunhas cousas que debemos mellorar: ensaiar mellor a exposición, coordinarnos máis, ser máis responsables co traballo individual... que tentaremos levar á práctica o próximo curso se conseguimos que esta actividade teña continuidade. Quen se apunta para o curso que vén? Sabedes que agora podedes volver a escoller cultura clásica en 4º de ESO?
Estamos a punto de estrear o noso obradoiro de moda clásica nos I Obradoiros de Cultura Clásica, que, organizados por SEEC Galicia, terán lugar na Facultade de Filoloxía de Compostela o vindeiro martes 3 maio.
Para dar unha maior plasticidade aos nosos modelos, decidimos inspirarnos na arte e na mitoloxía clásica e para elo contamos, como tantas veces, coa imprescindible colaboración do ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos fabricou esta marabillosa cadeira klismos. Grazas pola vosa implicación, compañeiros!!
E, se queres saber algo máis sobre moda clásica, velaí este material que xa leva un tempiño no noso blog:
Os departamentos de latín e grego estamos a desenvolver unha nova actividade que até o de agora só practicaramos cando viaxabamos a Sagunt, un obradoiro de escritura antiga cos dous alfabetos, latino e grego.
Despois de dúas visitas á Domus Baebia Saguntina, en 2010 e 2015, o empuxón definitivo para que nos animásemos a tentar facelo por nós mesm@s, foi o obradoiro que de xeito altruísta Fernando Lillo impartiu no outono de 2015 para un pequeno grupo de profesores e alumn@s da USC na facultade de filoloxía.
Para poder realizar este obradoiro contamos co apoio incondicional do profesorado e alumnado do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos fabricaron uns cálamos de altísima calidade, umbilici para enrolar os pairos e unha espectacular cadeira klismos.
E como Audentis Fortuna iuvat, embarcámonos a participar e preparar os I Obradoiros de Cultura Clásica, organizados pola SEEC, e estreámonos na nosa biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide, que o martes 26 e abril quedou convertida en biblioteca de Alexandría por un día. Velaí o resultado:
Botamos man dun material antigo, levemente reciclado, para conmemorar o día do libro. Se o ano pasado estábamos por estas datas a facer un obradoiro na Domus Baebia Saguntina, este ano atrevímonos a facelo nós mesmos, grazas as magníficas/os calígrafas/os que son quen de convertir a biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide en biblioteca de Alexandría por un día.
Pero todo isto non sería posible sen as ensinanzas de Salvador Muñoz, recibidas na Domus Baebia, e Fernando Lillo, o pioneiro galego en obradoiros, e a instimable colaboración do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos fabricou os cálamos, unha magnífica cadeira Klismos e nos transformou unha capsa. Gratias Plurimas!!
A pesares de que o tempo se nos resiste e non da marchado o inverno, xa é primavera en Aspasia. Velaí toda unha ampla gamma de modelos que poderemos lucir proximamente nos Ludi Saguntini, na representación do Miles Gloriosus no teatro romano de Sagunt.
E que non queda case nada para a nosa viaxe a Sagunt e Tarraco!!!. Esta vai ser unha auténtica viaxe no tempo: escoitar unha obra en latín nun teatro romano e vestidos de romanos.
E para que a nosa participación estea á altura do acontecemento, estamos a estudar na aula como vestían os antigos gregos e romanos. Xa levamos un cantos "talleres" ensaiando diferentes modelos con teas, e a verdade é que non parecen complicados e son bastante lucidos.
Aínda que non imos todos a Sagunt, a gran maioría si imos usar o traxe de romano/a en máis ocasións, como na gran festa romana "Arde Lucus" a finais de xuño en Lugo.
Veña, conseguide xa a tela que non queda moito tempo e aínda temos moito que facer.
Como Aspasia, a muller de Pericles, somos un grupo estudantes de clásicas que queremos saír da sombra. Gústanos a mitoloxía e o mundo clásico en xeral e queremos amosarcho a ti.
ROMA
-
A.- CONOCER ITALIA/ROMA...
- Sicilia (españoles por el mundo).
- Roma (españoles por el mundo).
- Nápoles -1 (españoles por el mundo) [22.03]
B.- HISTORIA D...
Visita ao Vigo Romano
-
Hoxe, mércores 27 de novembro, os alumnos de Latín, Grego e Cultura
Clásica, visitaron o museo do Mar de Vigo (onde participaron nun obradoiro
de "*Lucerna...
Unos saberes útiles y desinteresados (y VI)
-
Por último, desearía subrayar algunas ideas que nos hacen entender mejor la
validez, hoy, del estudio de la antigüedad.
*El mundo clásico es tal porque t...
Nou curs d’estiu de la SCEC
-
Bon dia, avui comença el curs d’estiu de formació del professorat de la
SCEC. El curs enguany es fa en memòria de Margarida Capellà i, a partir
d’ara, aque...
Rumbo a Roma Parte III
-
Honorio se quedó muy sorprendido al decirle las palabras "De un lugar muy
lejano". Su cara expresaba emoción y nos dijo que nos reuniéramos solos
para habl...
Bacchanalia posa música als clàssics a la UAB
-
El grup Bacchanalia farà una actuació en el marc de la jornada professional
del grau d’Humanitats aquest divendres 22 de maig, a les 12,40 h. El grup,
form...
Lectura do abecedario latino
-
Picando nesta práctica de lectura podedes prepararvos para a proba oral.
Aquí vedes os exercicios de lectura do libro para os que non o teñades
aínda. Para...
“Orfeo serás tú”, de Jester
-
ORFEO SERÁS TÚ forma part de l’últim EP Es solo el principio del grup de
Sant Andreu “Jester”. És una cançó que ja amb el títol denota el seu
referent dire...
EL AMOR TAMBIÉN PUEDE VERSE CON HUMOR
-
Ayer, en el programa "Aquí la 8ª, de 8Tv Mediterráneo, conducido por
Antonio Pardo, tuvimos una animada charla hablando de mi novela "Dido,
reina de Car...
Linguas clásicas e medicamentos: Tranxilium.
-
Imaxe do autor. O seguinte medicamento é o Tranxilium, pertencente ao grupo
dos ansiolíticos. Estas pastillas están indicadas para tratar
manifestacións ...
Lo intentamos un año más
-
Empezamos nuevo curso y otra vez con buenos propósitos, entre ellos,
volver a tener actualizado este espacio que nos ha sido tan útil a lo largo
de tantos...
Expoclàssica 25
-
Un any més els i les alumnes del Batxillerat Humanístic (Llatí i Grec) i de
4rt d'ESO (Llatí) han exposat al hall del nostre centre els tallers duts a
te...
Llegint George Steiner
-
M'ha vingut a les mans un llibret d'aquest gran estudiós de la literatura i
cultura europea. El títol, naturalment, no és casual, *La idea d'Europa*. I
el ...
OLIMPIADES DE TRADUCCIÓ DE GREC
-
Ens sentim molt orgullosos de Sergi Martín, de 2n B de batxillerat, per
haver guanyat el 1r premi de les Olimpiades de Traducció de Grec
organitzades per ...