Amosando publicacións coa etiqueta Mitoloxía e astros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mitoloxía e astros. Amosar todas as publicacións

15/11/21

E VIMOS ESTRELAS!!

 A Noite de Estrelas de 2021, que anunciabamos máis abaixo, foi todo un éxito de afluencia de xente e poidemos superar o aforo permitido, 100 persoas, porque a actividade desenvolveuse totalmente no exterior.

Despois dun fermoso día de Veraniño de San Martiño, o ceo cubriuse de nubes ao anoitecer, polo que o astrónomo que dirixía a actividade, Pedro Pablo Campo, decidiu comezar directamente coa observación. Mentres agardábamos a nosa quenda no telescopio, Pedro Pablo explicounos cousas relacionadas co que iamos ver: Xúpiter e tres dos seus satélites, Saturno, a Lúa, Albireo, unha estrela dobre, e as Pléiades. A medida que avanzaba a noite, o ceo foi despexando e a observación mellorou moito. Avistamos tamén moitas constelacións a simple vista.

O público maioritario foron rapazas e rapaces do instituto e dos colexios que acudiron ao centro coas súas familias. Descubrimos entre eles un grupiño de auténticos astrónomos amateurs que sabían distinguir moitas constelacións e que fixeron preguntas moi interesnates a Pedro Pablo Campo.

Deixamos aquí fotografías do evento, cedidas por xentileza de Rodrigo Vázquez, de Turismo Melide.

Noite de Estrelas 2021 (Fotos de Rodrigo Vázquez)

10/11/21

NOITE DE ESTRELAS


O club de ciencias, do que forma parte activa o departamento de grego, como non podería ser de outro xeito, organiza esta noite unha actividade de observación de estrelas, coa colaboración do OARMA (Observatorio Astronómico Ramón María Aller) da USC. Esta actividade xa se realizou en ocasións anteriores e está aberta a calquera persoa da Terra de Melide que quera achegarse. Con ela inauguramos as actividades estraescolares do curso 21-22 e tentamos recuperar un pouco o ritmo anterior a pandemia (crucemos os dedos para que sexa posible unha relativa normalidade).

Por que nos interesan tanto as estrelas? Á parte do pracer de contemplalas, están estreitamente ligadas á mitoloxía clásica. Bota unha ollada.

26/10/17

NOITE DE ESTRELAS

Estreamos nova tempada no noso blog para anunciar que hoxe, xoves 26 deoutubro, poderemos observar estrelas no IES de Melide a partir das 19.30 a través de potentes telescopios, da man de astrónomos profesionais do OARMA (Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC), dentro do programa TODOCOSMOS, subvencionado polo FECYT (fundación Española para a Ciencia y la Tecnología) e a USC. Agardamos unha noite espléndida na que e, á diferenza da noite de mal tempo do curso pasado, poidamos disfrutar das estrelas. Como é innegable a relación da astronomía coa mitoloxía, deixamos aquí unha presentación feita polo alumnado de cultura Clásica do curso pasado e completada co que estamos vendo estes días na clase de 3º de Cultura Clásica.

02/11/16

OUTRA NOITE DE ESTRELAS

Estreamos nova tempada no noso blog para anunciar que hoxe, xoves 3 de Novembro, poderemos observar estrelas no IES de Melide a partir das 19.30 a través de potentes telescopios, da man de astrónomos profesionais do OARMA (Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC), dentro do programa TODOCOSMOS. Agardamos que as nubes non nos impidan ver os ceos e, ao igual que no curso pasado, poidamos disfrutar dunha noite espléndida.
Como é innegable a relación da astronomía coa mitoloxía, deixamos aquí unha presentación feita polo alumnado de cultura Clásica do curso pasado e completada co que estamos vendo estes días na clase de 3º de Cultura Clásica.

16/02/16

OBSERVANDO ESTRELAS

Onte, luns 15 de febreiro, o tempo concedeunos unha tregua e puidemos celebrar a Noite de Estrelas, que tiñamos prevista, organizada polos departementos de Matemáticas, Física e Grego coa colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa, da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS, financiado pola FCYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).
Dous membros do observatorio fixeron primeiro unha exposición no salón de actos, repleto de xente de todas as idades, explicándonos conceptos básicos sobre o sistema solar, a lúa e as estrelas. Despois veu o máis emocionante, a observación no recinto do instituto da lúa, da nebulosa Orión e de Xúpiter cos seus satélites a través de potentes telescopios, coa guía e axuda de Jorge e Pedro Pablo Campo, que nos atenderon con infinita paciencia e amabilidade.
Máis de cen persoas de todas as idades, alumnado dos colexios e instituto, gozamos dunha noite fantástica de estrelas, a pesares dos -3º marcaban os termómetros ás 23.20 horas, cando rematou a nosa xornada.
Grazas a tod@s os que asististes e, sobre todo, ao OARMA (Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller)

26/01/09

O horóscopo e a mitoloxía

Como o 2009 é o Ano Internacional da Astronomía, nós quixemos facer a nosa aportación, relacionada como sempre coa cultura clásica. Unhas semanas atrás estivemos traballando na clase relacionando os signos do zodíaco coas súas características e as súas correspondentes explicacións mitolóxicas. Cada unha de nós preparou a presentación do seu signo, e este é o resultado.