15/11/21

E VIMOS ESTRELAS!!

 A Noite de Estrelas de 2021, que anunciabamos máis abaixo, foi todo un éxito de afluencia de xente e poidemos superar o aforo permito, 100 persoas, porque a actividade desenvolveuse totalmente no exterior.

Despois dun fermoso día de Veraniño de San Martiño, o ceo cubriuse de nubes ao anoitecer, polo que o astrónomo que dirixía a actividade, Pedro Pablo Campo, decicidiu comezar directamente coa observación. Mentres agardábamos a nosa quenda no telescopio, Pedro Pablo explicounos cousas relacionadas co que íamos ver: Xúpiter e tres dos seus satélites, Saturno, a Lúa, Albireo, unha estrella dobre, e as Pléiades. A medida que avanzaba a noite, o ceo foi despexando e a observación mellorou moito. Avistamos tamén moitas constelacións a simple vista.

O público maioritario foron rapazas e rapaces do instituto e dos colexios que acudiron ao centro coas súas familias. Descubrimos entre eles un grupiño de auténticos astrónomos amateurs que sabían distinguir moitas constelacións e que fixeron preguntas moi interesnates a Pedro Pablo Campo.

Deixamos aquí fotografías do evento, cedidas por xentileza de Rodrigo Vázquez, de Turismo Melide.

Noite de Estrelas 2021 (Fotos de Rodrigo Vázquez)

Ningún comentario: