En 4º de ESO, con nove rapazas e rapaces, poderemos traballar máis xa que temos unha hora máis de clase que en 3º. Varias rapazas cursan tamén latín, polo que a formación clásica vai ser aínda máis completa.
En grego de 1º Bac hai 12 alumnas/os, algún máis que o ano pasado. Case todos cursaron latín o ano anterior, polo que a entreda no grego vai resultar máis doada. Polo de pronto, están moi atarefados co alfabeto, e para axudalos un pouquiño, recomendámoslle que e
Por último, as super expertas de 2º Bac, as catro valientes que se animaron a escoler grego a pesares da multitude de opcións que había en 2º. As nosas clases van ser no departamento de clásicas, xa que no IES de Melide non andamos moi sobrados de aulas. Se en todos os cursos pronosticamos un feliz desenlace, con máis razón en 2º de Bac, onde estas catro currantas van facer a súas primeiras traduccións serias.
Temos tamén un pequeno programa de actividades extraescolares. Polo de pro
Pero a actividade máis esperada é a viaxe que facemos todos os anos. Este curso, para variar de Grecia, imos tentar algo diferente, a Comunitat Valenciana, visitando Sagunto e participando nos talleres de cultura clásica e Ludi que organiza a Domus Baebia Saguntina. Se cadra incluso podemos achegarnos a Tarraco e pasar unha semaniña en Levante. Estade atentos ás noticias, xa que pronto ampliaremos a información.
Rematamos esta benvida, dando moitos ánimos a todos e todas, seguro que sacamos beno curso e ademais o pasmos ben.
























