21/06/11

DESPEDIMOS O CURSO CONTANDO ATA CATRO

Coma todos os anos por estas datas atopámos ao final do camiño, ou máis ben dunha etapa do camiño. Facendo un balance rápido empezamos dicindo que este curso, por razóns diversas, tivemos o blog algo abandoado e facemos firme propósito de reactivalo no próximo curso.
Despedimos ás nosas alumnas de 2º de BAC con parabéns xa que aprobaron selectividade con boas notas, cunha aceptable media en grego. Por parte da profe non queda máis que agradecer a Cristina, Xela e Tamara este curso no que compartimos horas moi agradables no departamento de grego traducindo, lendo aos clásicos e aos non tan clásicos, flando de historia, literatura... Moita sorte na vosa "viaxe a Itaca", desexamos que o voso camiño sexa longo, cheo de aventuras e coñecementos.
En primeiro de BAC tivemos un ano moi especial, xa que ademais de grego compartimos titoría, o que creou entre nós un vínculo máis forte. Tivemos momentos duros e agora estanos costando algo o traxecto final, pero como  Kavafis, non debemos temer nin aos Cíclopes nin ao fero Poseidón, non os atoparemos no camiño si non os levamos dentro de nós. Aprendimos moitas cousas xuntos e pasamos bos momentos... e se  alguén se anima a continuar co grego o ano que ven, benvido/a sexa!
En 4º de ESO tamén tivemos un ano estupendo, xa que con só oito alumnos/as pódense facer moitas cousas, sobre todo si hai ilusión e interese. Pasamos momentos emocionantes co concurso Odisea conseguindo chegar á fase final.Viaxamos a Grecia xunto cos de 3º de ESO e algún de BAC e o que vimos de mitoloxía, historia, literatura deunos para falar e moitas cousas, ademais do mundo clásico.
E xa acabamos cos de 3º de ESO, o grupo máis numeroso e tamén máis animado (...algunha vez a profe tivo que "desanimar" algo). Non vimos todo o que nos gustaría (ou o que lle gustaria á profe) pero levamos unha pequena idea de mitoloxía, literatura e outros aspectos da vida cotiá clásica. Vestímonos de gregos e romanos, viaxamos a Grecia, vimos teatro en Lugo e ata nos acompañou Ánxeles. Especialmente adicado aos rapaces e rapazas de 3º de ESO vai esta canción na imos aprender a contar ata catro en grego: Ta paidiá tu Pireá, "Os nenos do Pireo" que usamos como parte da nosa banda sonora do noso vídeo da viaxe a Grecia.
Esta canción é todo un clásico da música grega. Interpretouna por primeira vez Melina Mercuri, que ademais de unha gran actriz é un referente da cultura grega, chegando a ser ministra de cultura. A letra e música da canción foron composta para a película Nunca en Domigo (de J. Dasin, 1960) por Manos Jatsidakis, un dos autores máis influínte e prolífico no panorama musical grego do s.XX.
Esta primeira versión, a cargo de S. Rouvas, é algo máis tradicional e casi vai a ritmo de sirtaki. Nela podedes ver escenas da película:


Pero a versión que causou furor foi esta outra de Aroma FT Katerina, que xa nos vai preparando para o verán:


E para poder cantar todos xuntos en clase aquí vai a letra, transcrita e traducida ao galego. Despois de cantala unhas cantas veces, xa podedes contar ata catro en grego. Quen queira aprender a contar algo maís pode matricularse en grego o cultura clásica. FELICES VACACIÓNS E FELIZ VERÁN!!
Tα παιδιά του Πειραιά

07/06/11

A Loita Olimpica

A loita olimpica é un dos deportes máis antigos dos que coñecemos hoxe en dia, xa que iste se practicaba na antiga Grecia e Roma.

Historia:

A loita olímpica da antiga Roma e Grecia é bastante similar a que coñecemos hoxe en día como "loita libre olímpica", xa que nesta modalidade está permitido atacar as pernas do contrincante.

A loita olimpica seria un dos deportes máis aclamados en toda as Olimpiadas dedicadas a o deus Zeus,pero por desgraza coas guerras e a invasión doutras culturas este deporte non volvoria aparecer nunha Olimpiada ate o ano 1630.
No ano 1630 as Olimpiadas que se realizaron en Paris supuxeron o regreso da loita olimpica e a creacion da F.I.L.A. (Federacion Internacional de Luchas Asociadas) no ano 1912.

Regulamento:

-É obligatorio o uso de maillot deportivo para o combate-Os combates son de 3 asltos-Hai 3 formas de gañar un combate:
·Tumbar a o contincante e facer que a sua espalda toque o chan(a isto chamaselle touch), cando isto ocorre o loitador xa gañou o combate e non ten que facer mais asaltos
·Superar a o contrincante por unha diferencia de 6 puntos, cando acontece isto o loitador gañou un asalto
·Gañar 2 dos 3 asaltos
-Esta prohibido morder, arañar, pegar ou producir calquer outro tipo de daño que non sexa producto dunha tecnica

Tecnicas:

A continuación imos ver algunhas das tecnicas basicas e famosas:

- Entrada a pernas

- Brazo martillo

- Suplex

15/04/11

Viaxe a Grecia

Por fin, 15 días despois da volta de Grecia, publicamos un pequeno resumo do noso percorrido. Non o fixemos antes porque algún/a aínda quedou alá e o regreso ao mundo real non foi tan rápido coma o avión. Amosámosvos este vídeo caseiro con imaxes de Atenas, Santorini, Micenas, Epidauro... pero hai outras cousas que o vídeo non puido recoller, como as vosas sencións, impresións... Se queredes, podedes facer algún comentario e nolo contades.

13/03/11

Preparándonos para a nosa viaxe a Grecia

Se hai pouco máis dun mes estabamos a participar unha vez máis no concurso Odisea, agora estamos a preparararnos para a nosa odisea particular en Grecia. Faltan xusto dez días para que aterricemos en Atenas e é hora de ir preparando a equipaxe: documentación o primeiro, roupa de abrigo, que vai facer frío, e sobre todo unha boa documentación do que imos ver.
Velai a guía de viaxe que imos levar, para que as aplicadas e aplicados vaian preparando o terreo. Esta guía, en formato A4, levaremola en todas as visistas e iremos léndoa por quendas e pobre do que se esqueza dela.Tamén levaremos unha pequena axenda en formato máis pequeno para levar no peto e ter a man datos úteis coma teléfonos, vocabulario grego, breves aclaracións sobre gastronomía e, incluso, un pequeniño plano para non perdernos en Atenas. Καλό ταξίδι!

11/02/11

Las 3 Gracias Actuales


Las Tres Gracias
se llamaban Eufrosine, Talía y Anglae y eran hijas de Zeus y Eurínome. Siempre aparecen desnudas ya que la belleza no necesita cubrirse. Son las representaciones de la afabilidad, la simpatía y la delicadeza.
Se suele decir que las Gracias o Cárites eran acompañantes de Afrodita (Venus), y tambien se dice que acompañaban a las 9 Musas en el Olimpo, bailando y festejando en compañia de Apolo.

Actualmente para mi, las 3 gracias serian estas tres mujeres de una belleza increíble!
Anahí , Rihanna , Alessandra Ambrosio.

07/02/11

Unha semana de Odisea

Esta semana pasada pasamos unha auténtica odisea en cultura clásica e grego, participando no Concurso Odisea. Foi un estupendo paréntese  que, aínda que supuxo romper co ritmo de clase (que nalgunha aula xa deixaba moito que desexar, ejem...), nos servíu para un aprender montón de cousas. Primeiro, se queremos atinar unha resposta, temos que ler ben a pregunta, sen omiti ningún detalle, aí xa está moitas pistas. En segundo lugar, buscar información no é tan doado como parece. Volvemos a escoitar por enésima vez aquilo de "Google non é un respondedor de preguntas, senón un buscador de palabras, frases...". Logo haberá que delimitar ben os criterios de busca. Vimos tamén, que ademais de internet, temos as fontes de toda a vida, os libros, nos que ás veces tamén se atopa unha resposta máis rápido que na rede: dicionarios de mitoloxía e literatura, manuais de literatura, vida cotiá... con índices marabillosos de materias e autores. E por último divertímonos un montón: compartimos comida nas aulas de informática, emocionámonos xuntos ao atopar algunha resposta e tivemos a sensación de traballo en equipo.
No IES de Melide participaron 11 equipos e a maioría fixeron un labor estupendo. Un deles, Gaia, formado por Yuri Alves, Elisa Ares e Alexandre Freire conseguiu a máxima puntuación e quedou clasificado para o desempate final. PARABÉNS!!! O desempate será o este mércores 9 de febreiro, aínda non sabemos si en Lugo ou Melide. Estaremos todos mordendo as uñas e rogandoa á deusa Atenea para que inspire a Xandre, Elisa e Yuri.
Mil grazas á Sección Galega da SEEC (Sociedade Española de Estudios Clásicos) por organizar actividades tan divertidas e fantásticas como esta, Parabéns!!

20/01/11

MITOS GRIEGOS

Este é un libro de cómic de Marcia Williams cuns debuxos fantásticos que axudan en gran parte a entender moito mellor a historia. Trata oito mitos gregos: La caja de Pandora, Arión y los delfines, Orfeo y Eurídice, Los doce trabajos de Heracles, Dédalo e Ícaro, Perseo y la cabeza de la Gorgona, Teseo y el Minotauro e Aracne contra Atenea.


Nós, as alumnas de Cultura Clásica de 4º de ESO imos falar de catro mitos:

La caja de Pandora

Prometeo, creador do home, roubou o lume a Zeus para dárllelo aos homes. Zeus castigouno, xa que temía que os homes foran máis poderosos ca el, mandando que encadearan a Prometeo a unha rocha e que unha aguia lle comera as entrañas todas as mañáns ata que foi liberado por Heracles. Pero Zeus tamén castigou os homes creando unha muller, Pandora. Esta estaba predestinada a casar con Epimeteo, o irmán de Prometeo, e o que gardaba unha caixa moi importante.
Pandora era moi egoísta e pensaba que naquela caixa había xoias e rouboulla a Epimeteo e dalí saíron todas as enfermedades e desgrazasnpero tamén había unha bolboreta que significaba esperanza.

Aracne contra Atenea

Ésta é a historia de como unha rapaza chamada Aracne foi castigada polos deuses ao compararse con eles. Aracne posuía a habilidade de tecer moi ben, tanto que pensaba que ela era a mellor e a xente pensaba que ese don dérallo a deusa Atenea. Esto en vez de alagar a Aracne, enfureciaa porque ela pensaba que tecía moito mellor que a deusa.
"Las Hilanderas" de Velázquez, inspirado no mito de Aracne
Cando as noticias chegaron ó Olimpo, Atenea decidiu ir falar con Aracne. Para iso aparecéuselle disfrazada de vella para que pedise perdon pola ofensa e Aracne lonxe de facer iso enfureceu aínda máis á deusa. Entón recuperou a sua forma natural e retouna a tecer durante todo o dia. Cando caeu a noite pararon o traballo e Atenea achegouse para ver o que fixera a súa rival, cando o viu o que tecera, unha burla os deuses entrou en cólera e Aracne agora chea de pavor aforcouse.
Nese momento chegou o pai da rapaza e o ver o que sucedera rogoulle a Atenea que a salvase.
E así foi, Aracne volveu vivir pero esta vez con forma de araña para que fixera o que máis queria, tecer e entendese que a un deus nunca o podes desafiar.

Arión y los delfines

Periandro rei de Corinto era un namorado da música .Na súa corte tiña moitos músicos, o seu preferido era Arión. Había un festival en Sicilia ao que Arión quería ir e convenceu a Periandro. Alí Arión fíxose moi famoso e gañou moito diñeiro.
Cando ía no barco de volta, os mariñeiros atracarono porque se querían quedar coas suas riquezas e botárono ao mar. Cando estaba apunto de afogar, un banco de delfíns acudiron a axudarlle atraidos pola súa música, e estes levarono a costa. Ao chegar a Corinto contoulle a historia a Periandro. Despois chegaron os mariñeros, foron chamados polo rei para pedirlle explicacións acerca de Arión, e estes contáronlle que morrera cando de súpeto apareceu Arión e entón foron castigados polo seu delito.
Orfeo y Eurídice

Este mito cóntanos a historia de Orfeo e Eurídice. Orfeo era o mellor poeta de Grecia e estaba namorado da ninfa Eurídice, o día que casou con ela foi o día máis feliz da súa vida.
A Eurídice encantáballe bailar, saltar e correr polos campos. Un día, cando ía polo campo, picouna unha serpe e morreu. Cando lle deron a noticia a Orfeo quixo morrer e durante varios días non comeu, nin bebeu ata que decidiu ir o Hades para recuperar a súa Erídice. Ao chegar á lagoa Estixia pedíulle a Caronte que o levase á outra beira, pero el díxolle que non, entón convenceuno cantando e tocando a lira. No Hades tivo que pasar moitas cousas para chegar onde a Plutón e Perséfone e dixéronlle que lle permitían levar á súa amada cunha condición, que non mirase para atrás xa que ela desaparecería. Cando xa estaban case no final, Orfeo non confiou e mirou para atrás; viu que Eurídice si que estaba, pero de repente ía desaparecendo pouco a pouco ata que se convertiu nun fantasma e mentres isto pasaba Caronte levaba de regreso a Orfeo.

Elisa, Yoli, Sandra e Irune

09/01/11

Odisea 2011

Un ano máis temos en marcha o concurso Odisea, no que o IES de leva participado en todas as súas convocatorias anteriores. Como algúns xa sabedes, este concurso está organizado pola SEEC de Galicia (Sociedade Española de Estudos Clásicos) e é un concurso on line, que facemos contestando unhas preguntas a través de internet durante unha semana. Este ano terá lugar o 31 ao 4 de febreiro e, ademais das seccións habituais (mitoloxía, vida cotiá, historia, institucións, literatura...) este ano está dedicado á muller, cousa que nos alegra moito aos blogueiros de Aspasia, que, espero, nos esquezades porque se chama así este blog.
Este ano, ademáis participa unha comunidade autónoma más, Aragón, polo que o desempate promete ser moi emocionante. E xa para acabar de facervos a boca auga, este ano hai aínda máis premios!! Mirade con detalle as bases.
E por último, recomendar una boa lectura para ir quentando motores: o blog Mujeres de Roma, da escritora Isabel Barceló, gran coñecedora do mundo feminino da antigüidade clásica, que tivo a amabilidade de escribir unhas fermosas palabras de presentación ao concurso:
"É fundamental nos nosos días contemplar o pasado no seu conxunto. Se deixamos fóra do campo de visión ás mulleres, a nosa percepción das sociedades antigas será parcial, distorsionada e inxusta. As mulleres aportaron ás sociedades de todos os tempos tanto como os homes. transmitiron a vida, foron creadoras e transmisoras de cultura; regalaron coidados e afectos, aspectos fundamentais para o desenvolvemento da personalidade humana; contribuíron á economía e ao equilibrio social; padeceron os mesmos males que todos os demais. No bo e no malo, foron actoras sociais.
Negarlles o papel que historicamente desempeñaron non só é unha inxustiza, senón que ten efectos no presente: a falta de respecto xeral cara ás mulleres, as dificultades para que accedan a postos de decisión e de relevancia profesional e social, a continua necesidade de xustificar as súas esixencias, son algúns deses efectos.
Paga a pena combater todos eses prexuízos e perxuízos recuperando a memoria das mulleres do pasado. Aprender a coñecelas, valoralas, amalas. Darlles o recoñecemento que merecen, volvelas á memoria e á vida. Facerlles e facernos xustiza". 

24/10/10

Viaxe a Grecia

Coma o ano pasado por estas datas comezamos a planificar a nosa viaxe anual. Esta ano queremos volver a tentar o noso máximo obxectivo, xa que o ano pasado non foi posible e nos tivemos que conformar cunha viaxe pola Tarraconensis, visitando Tarragona, Valencia e Sagunt, que non estivo nada mal.
Este ano parece que hai un grupiño ben disposto e con moitas ganas, só falta que os deuses axuden para levar a cabo a nosa visita a Grecia. Olla o noso plan provisional e o plan detallado, no enlace da última diapositiva e anímate, imos empezar pronto a traballar.

29/09/10

COMEZANDO O CURSO CON MOITO ÁNIMO

Por fin nos desperezamos e comezamos a nosa actividade en Aspasia. Este ano estamos encantados porque somos un montón, unha boa nova nestes tempos que corren.
Como di Ana, unha admirada e querida profe grego, a situación dos profes de clásicas é difícil, dado que só vivimos de optativas e se fallamos as alumnas e alumnos escollen as nosas materias. Algúns, a pesares da sorte que é ter un traballo estable, temos a sensación termos gañar o pan día a día sen baixar nunca a garda, facendo todo tipo de actividades para non perder alumnado. Ata o de agora imos tendo sorte, pero ata cando nos van favorecer os deuses olímpicos? e, o que é peor, aturaremos o ritmo frenético de actividade ata os 67 anos? Ata o de agora fumos tendo sorte, pero incerto é o destino...
O noso récord é a cultura clásica de 3º de ESO, na que se matricularon 40 alumnos/as, repartidos en dous grupos, un a cargo do departamento de latín e outro a cargo do de grego. Parece que axudaron os deuses do Olimpo e tamén algo as gardas en 2º de ESO con películas relacionadas coa cultura clásica, os proxectos de viaxe... É un curso moi prometedor, xa que varias rapazas e rapaces son voraces lectoras e xa leron adaptacións da Odisea, cómics das Aventuras de Ulises e outros libros de mitoloxía que temos na biblioteca. Ademais temos a sorte de ter unha das nosas horas de clase na aula de infomática, polo que poderemos traballar no blog e con outros recurso Tics.
En 4º de ESO só hai sete alumnos de cultura clásica,pero con moitas ganas de aprender. Máis que un inconvinte, ser pouquiños é perfecto para traballar en equipo. Seguro que as tres horas semanais dan para moito. En 4º de ESO hai, ademais, dous grupos de latín de 19 e 7 alumnos cada un.
En 1º de BAC este ano matriculáronse 19 alumnos en latín e grego, formando un grupo completo coa opción de humanidades, coa profe de grego como titora (ídevos preparando...)
En 2º BAC só se matricularon 3 alumnas en grego II, e 6 en latín II. Certo é que estas tres alumnas (As Ttres Gracias) son do mellorciño e seguramente terán uns magníficos resultados dadas as súas ganas de traballar. As clases van ser no departamento de grego e seguro que estaremos comodísimas con todo o material tan a man.
E xa só nos queda poñer as pilas e empezar a traballar en serio. Non esquezamos que a partir da segunda quincena de outubro comezamos a organizar a viaxe a Grecia, a ver si este ano vai (e senón, tampouco está mal Valencia, Andalucía, Extremadura, Cataluña... e por suposto Galicia. Preguntádelle aos de outros anos).

29/06/10

A ODISEA NUNHA IMAXE


Se unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí podemos ver un magnífico resumo dos miles de versos da Odisea de Homero. César Fdez, o autor do debuxo, cursa 2º de Primaria no CEIP A Barquiña, de Noia (A Coruña) e será, supoñemos, un futuro alumno de cultura clásica nalgún instituto de Noia. Ademais da pintura, a César encántalle a mitoloxía clásica e aos seus oito anos coñece moitas historias e mitos con detalles que non saben os maiores.
Velaí este debuxo, que aínda que se titula "La Ilíada y La Odisea", refírese a Odisea. Por si nos pasa como ao autor do Principiño que facía debuxos que os maiores non entendían, explicamos algún pequeno detalle. O Cíclope á esquerda e Odiseo en pe no seu barco, aguantando coma un campeón o canto das sereas, non necesitan moita explicación (nótese que as Sereas adquiren forma de diferentes aves e seres alados). Seguramente a resistencia de Odiseo explícase polo seu pensamento, recorda a Penélope e Telémaco e no medio pululan tamén os recordos de Circe (frasco de pócima e variña máxica) e de Calipso (flocos dourados, que seguramente formaban parte dalgún fabuloso vestido seu). Un pouco máis á dereita, enriba dunha onda, temos a Ino ou Leucotea que co seu velo salvou ao noso heroe de non morrer afogado na tempestade que provocou Poseidón cando marchou da illa de Calipso. Enriba do monte pace tranquilamente unha vaca de Helios, o Sol, que os famentos homes de Odiseo mataron, causando deste xeito a súa morte. E, á dereita, as terribles Escila e Caribdis agardan a súa quenda para causar aínda máis desgrazas ao noso heroe.
Con esta imaxe desexámosvos un bo verán, con tantas viaxes e aventuras coma as de Odiseo (aforramos as tempestades e naufraxios, que estamos en crise). A César desexámoslle que lea moitos libros de mitoloxía, de Gerónimo Stilton e do que lle cadre, que xogue moito e que pinte moitos debuxos coma este.

25/05/10

GRAN DESFILE DE MODA CLÁSICA

O IES de Melide está a convertirse nun centro de moda. Nesta semana e a seguinte ofreceremos un desfile de modelos que na súa primeira parte mostará creacións das alumnas de Deseño de 2º de BAC realizadas con materiais reciclabeis. Remataremos con moda romana e grega: peplos, quitóns, togas, clámides... e todo tipo de vestimenta da nova tempada primavera-verán. Olla datas e horarios

VENITE, VENITE IN POMPAM ROMANARUM ET GRAECARUM VESTIUM!!

24/05/10

FELIZ VIAXE A ITACA


Se vas emprender a viaxe cara Itaca
pide que o teu camiño sexa longo,
cheo de aventuras, cheo de coñecementos...


Así comeza o famoso poema de Kavafis que nos fala da viaxe concibida coma unha metáfora da vida, un continuo percorrido por camiños que nos leva á aprendizaxe. Dende hai uns anos ven sendo unha tradición (pouco orixinal, por certo) despedir con este poema aos nosos alumnos/as que van deixar o instituto, para recalar noutros portos.
Sempre é un momento emotivo despedir a aqueles cos que compartimos moitas horas ao longo destes anos. Neste curso, ademais das alumnas de GREGO II, o departamento de grego impartiu Atención Educativa en dous cursos de 2º, de BAC. O feito de que esta materia non fose avaliable non impediu que non aproveitásemos o tempo, vendo películas interesantes, falando de temas de actualidade relacionados coas películas (e de paso repasando algo de historia contemporánea...), de temas cotiás que nos preocupan... A resposta xeral do alumnado foi moi boa, se ben a materia, polas súas características, podía prestarse ao abandono e ao desinterese. Grazas a todos eles por todas estas horas en común.
Pero, personalizando xa, quero despedir de xeito moi especial a Alba, Xisela, Lorena e Fátima, as alumnas de Grego II con quen pasei moitas horas no departamento de grego e, en anos anteriores, nas aulas. Hai pouco lin nunha novela de Coetzee algo sobre a paradoxa de ser profesor, xa que é el quen aprende e quen non é capaz de ensinar nada. No meu caso teño que darlles as grazas por ensinarme tantas cousas, e oxalá que non se cumpra a segunda parte da paradoxa e eu pudese aportar algo á esa súa viaxe. Considérome moi afortunada por poder "gañar o pan" facendo algo que me gusta tanto e recibindo tanto das miñas alumnas... (ás veces penso que son eu a que debería pagar...)
Só me queda desexarlles que cheguen a portos novos e "adquiran fermosas mercancías, nácaras e corais, ámbares e ébanos e perfumes deliciosos de todo tipo". Grazas por este cachiño de camiño xuntas.

14/05/10

A nosa viaxe a Tarraco e Saguntum

Por fin, cando xa casi vai facer un mes que saímos a facer o noso precorrido pola Tarraconensis, publicamos a nosa reportaxe fotográfica. O recordo de esa semaniña axudaranos na nosa costa de fin de curso.

17/04/10

O IES DE MELIDE FAI UN PACTO DE HOSPITALIDADE COA DOMUS BAEBIA SAGUNTINA


Tal como fomos anunciando, achégase a data da nosa viaxe a Tarragona e Valencia. Aínda que faremos outras cousas interesantes nestas cidades -como visitar a Tarragona e Valencia actuais, a Cidade das Artes de das Ciencias- centrarémonos na romanización, estudando a antiga Tarraco, o Saguntum romano e participando nos Ludi Saguntini... que para iso somos de cultura clásica!!
Estamos desexando participar nos talleres dos Ludi e na representación do Miles Gloriosus e xa temos os nosos peplos, quitóns, túnicas, togas... preparados. Como estamos encantados co traballo e facilidades que nos deu a Domus Baebia Saguntina, organizadora deste gran evento, queremos entregarlle unha tessera hospitalis como mostra de afecto, inspirándonos no modo de facer pactos de amistade os pobos romanizados da Gallaecia. Gonzalo Fernández, o profe de Plástica, axudounos copiando a famosa Tessera Hospitales do Courel, que está no museo de Lugo, e nos adaptamos o texto latino. Velaí tedes o orixinal (fotografía de Álvaro P. Vilariño), para poder apreciar mellor o magnífico traballo de Gonzalo.
E si queredes máis detalles da nosa viaxe, podes consultar a nosa guía. VALETE!!

08/04/10

MODA CLÁSICA: NOVA TEMPADA PRIMAVERA-VERÁN


A pesares de que o tempo se nos resiste e non da marchado o inverno, xa é primavera en Aspasia. Velaí toda unha ampla gamma de modelos que poderemos lucir proximamente nos Ludi Saguntini, na representación do Miles Gloriosus no teatro romano de Sagunt.
E que non queda case nada para a nosa viaxe a Sagunt e Tarraco!!!. Esta vai ser unha auténtica viaxe no tempo: escoitar unha obra en latín nun teatro romano e vestidos de romanos.
E para que a nosa participación estea á altura do acontecemento, estamos a estudar na aula como vestían os antigos gregos e romanos. Xa levamos un cantos "talleres" ensaiando diferentes modelos con teas, e a verdade é que non parecen complicados e son bastante lucidos.
Aínda que non imos todos a Sagunt, a gran maioría si imos usar o traxe de romano/a en máis ocasións, como na gran festa romana "Arde Lucus" a finais de xuño en Lugo.
Veña, conseguide xa a tela que non queda moito tempo e aínda temos moito que facer.

16/03/10

OS MÁRMORES DO PARTENÓN NO MUSEO BRITÁNICO

Hoxe saiu para Londres un grupiño de alumnas do IES de Melide acompañadas por Natalia, a profe de plástica, e David, profe de música ademais de xefe de estudios. O programa de actividades está moi apretado: museos, un montón de exposicións, musicais, concertos... Pero dende o recuncho das clásicas trataremos de convencelos para que fagan un oquiño e vaian ao British Museum a ver, entre outros mil tesouros arqueolóxicos, os mármores do Partenón. Esta visita suporía un final de percorrido para algúns dos participantes como Patricia, David ou Natalia, que estiveron en Atenas e viron o Partenón cos mármores que se salvaron do robicio de Lord Elgin. Para os outros pode supoñer un comezo e ver o que falta en Atenas o próximo ano.
Como chegaron estes mármores ao museo británico é parte da historia do Partenón, chea de guerras, ocupacións e expolios, que podedes ler con detalle no documento que adxuntamos e que nos ilustra neste vídeo Kostas Gavras

Tamén podedes visitar a web Marbles Reunited, que vos dará máis información sobre este tema.
Ánxela, Raquel e Cristina, alumnas de cultura clásica este ano, son as encargadas de repartir material para visitar estas esculturas no museo e despois poderán facer un post en Aspasia contándonos as súas experiencia. Disfrutade moito!!!
Os mármores do Partenón no Museo Británico

09/03/10

TEATRO CLÁSICO EN LUGO



Unha vez máis o IES de Melide non faltou á cita co Festival de Teatro Grecolatino que organiza a SEEC en Lugo cada ano.
Saímos a primeira hora e comezamos a nosa xornada en Lugo cunha visita ao Centro de Interpretación da Muralla. Era á primeira vez que íamos a este pequeno museo e gustounos moito, xa que mediante unha serie de vídeos e pantallas interactivas explicaba de xeito eficaz e breve a historia da muralla e o seu papel na cidade de Lugo ao longo dos tempos. Cando vimos un dos vídeos a algúns chamounos a atención que, pese a estar todo o vídeo en galego, as declaracións de dous arqueólogos municipais lucenses fosen en castelán. Nas súas intervencións sinalaban a importancia de conservar a muralla, patrimonio da humanidade dende o ano 2000. É mágoa que os que se preocupan por preservar a nosa herdanza non reparen en que é igual de importante (ou máis) conservar a nosa lingua, patrimonio inmaterial e sinal de identidade.
Ás 12.00 acudimos ao auditorio Gustavo Freire para asistir á representación das Asembleístas de Aristófanes a cargo do grupo Párodos do IES Siberia Extremeña. A súa posta en escena, orixinal e algo libre con respecto ao texto de Aristófanes, fíxonos pasar un bo rato coa súa boa interpretación cómica e as danzas e cantos dos seus coros. A protagonista, Praxágora, ademais de boa actriz, resultou toda unha revelación como cantante.
Pola tarde o grupo Parrocha, herdeiros do grupo Sardiña (toda unha referencia en teatro clásico), representaron As Troianas, traxedia de Eurípides. A súa coidadísima posta en escena e a súa representación maxistral foron que de transmitir ese πάθος ou paixón que transmitía a traxedia grega, conseguindo unha auténtica catarse ou liberación dalgúns dos que asistimos, ademais de conseguir impor coa súa interpretación un ambiente de recollemento.
En resumo, unha xornada estupenda na boa compaña dunhas alumnas e alumnos que saben estar e comportarse e aproveitar ben (?) actividades coma esta.

23/02/10

O dedo de Aznar e a incultura clásica de Feijóo

A semana pasada, concretamente o 18 de febreiro, o expresidente Aznar facía este xesto a un grupo de estudantes da Universidade de Oviedo que o recibían dun xeito pouco cariñoso. Non imos entrar a valorar esta resposta nin ao seu protagonista, porque pouco ou nada ten que ver coa cultura clásica, obxecto do noso blog.
O que si que nos chama a atención foron as declaracións do presidente autónomico de Galicia, onde trata de xustificar a reacción do seu correlixonario, o sr. Aznar, argumentando que este xesto xa se facía no mundo grego e romano, berces da nosa civilización:


Sabemos que o sr. Feijóo nunca vai ler este artigo, pero gustaríanos comentarlle un par de cousas.
En primeiro lugar, é certo que este xesto é moi antigo e aparece documentado en textos clásicos. Ben o saben varias xeracións de rapazas e rapaces que cursaron grego en 2º de BAC, xa que ata o ano pasado, tiveron como lectura obrigatoria As Nubes de Aristófanes. Nesta obra o vello Estrepsíades, un paleto que tenta aprender retórica para defenderse nun preito, ergue o dedo medio (v. 654) para explicarlle a un parodiado Sócrates que coñece o dáctilo (palabra con dobre sentido en grego:"dedo" e nome dunha unidade métrica). Este xesto provocaba as risas do público xa que na antiga Grecia tiña exactamente o mesmo significado obsceno que para nós.
En segundo lugar, sr. presidente, certo é que Grecia e Roma son o berce da nosa civilización e o seu legado é incuestionable (algúns vivimos de transmitilo!); pero tamén tiñan os seus defectiños: eran escravistas, defendían a pena de morte, a tortura, o terrorismo de estado, privaban dos dereitos elementais ás mulleres... Afortunadamente nalgúns aspectos superámolos e progresamos.
A súa argumentación, á parte de simplista, é perigosa. Que lle parecería que os alumnos dun centro de ensino o recibisen cun saúdo tan clásico coma este?. No noso instituto, en concreto, facer este xesto na aula pode supoñer unha expulsión inmediata, segundo o Regulamento de Réxime Interno.
E xa para rematar, sr. Feijóo, dáse conta da importancia da cultura clásica? Dende este modesto espazo instámoslle a que inflúa na Consellería de Educación para que esta materia poda ser cursada nos dous cursos de ESO, 3º e 4º, coma sucedía coa LOXSE, xa que agora coa LOE só se pode cursar un ano. É evidente que o coñecemento do mundo clásico é fundamental para que os nosos alumnos/as poidan argumentar con coñecemento de causa se é que algún día chegan a ser persoeiros públicos.

04/02/10

MORDENDO AS UNLLAS NO CONCURSO ODISEA


Despois de tres días respondendo as preguntas do concurso Odisea, organizado pola SEEC, hoxe estamos desesperados co famoso preguntón do cuarto día. Buscamos ese personaxe dunha comedia grega co seu nome en latín, que ademais debe ter 12 letras, para colmo de males non controlamos a nin inicial, xa que na 1ª pregunta hai varias posibilidades ¡¡que difícil!! (Ata nin o atopa a profe!) Hai algúns que xa están a punto de abandoar, pero sabemos que noutros centros xa o atoparon, e iso dános ánimo. O caso é que aínda que ao día seguinte os de 3º de ESO teñen exame de bioloxía ou os de BAC foron toda a mañá de excursión, aquí estamos dando o caio arredor de 30 rapaces e rapazas, moitos incluso quedaron aquí a comer unha pizza para non perder tempo. Ata algún de ciencias se achegou a botar unha man e participan antigas alumnas de cultura clásica que agora están en ciencias. A ver a que hora saímos hoxe de aquí. O ano pasado un equipo do IES de Melide conseguiu chegar á final, que pasará este ano?, conseguiremos chegar á final en Compostela?

29/01/10

O CULTO AO SEXO NOS TEMPOS DE HOMERO

Con este título sensacionalista o xornal El País infórmanos, na súa sección de cultura, dunha exposición sobre Eros ( Ἔρως, o amor) que acolle o Museo de Arte Cicládica en Atenas ata o 5 de abril. En realidade o título da exposición é "Eros dende a Teogonía de Hesíodo ata a antigüidade tardía". O título do xornal pretende ter tirón (e o certo é que servidora acudiu enseguida) porque xunta dos termos ben coñecidos: sexo, sobre todo, e Homero, que debe ser o escritor grego máis coñecido pola maioría (ou minoría...); aínda que é certo que as obras homéricas non destacan, precisamente, polo seu culto ao sexo. Hesíodo é un poeta posterior a Homero, e na escolla do título os organizadores da exposición mostran un matiz cronolóxico importante en canto á documentación dos 280 obxectos que se nos amosan, datados entre os s. VI a IV a. C.
Os antigos trataban os temas amorosos cunha tolerencia e naturalidade descoñecidas en moitas sociedades actuais. O amor físico representábase frecuentemente de forma explícita, sen ter por elo carácter pornográfico. Na exposición podemos ver, polo tanto, todo tipo de escenas amorosas e xogos eróticos, e por este motivo os menores de 16 anos deben ir acompañados por un tutor ou profesor. O día dos namorados falaremos máis deste deus Eros tan poderoso, arrollador, invencible..., pero mentres, podes ver un resumo da exposición premendo na imaxe.


14/01/10

De la Ilíada de Rachel Bespaloff


Un días antes de Nadal recibín un paquetiño no instituto e pensei que sería, como de costume, un libro promocional dalgunha editorial. Cal non sería a miña sorpresa cando ao abrir o sobre atopei o libriño De la Ilíada de Rachel Bespaloff, en editorial Minúscula, acompañado dunha pequena carta de Zeltia; entrañable compañeira, exalumna e estudiante de filosofía na Autónoma de Barcelona. Que sorte a nosa, a dos profes, que sempre estamos aprendendo cousas novas e que satisfacción tan grande cando é dos nosos propios alumnos!!. Ademais, o feito de que a alguén lle sigan interesando os clásicos anos despois de telos visto no instituto é o mellor premio que pode recibir unha profe de grego.
E despois desta introducción, imos deixar gabarnos para falar do libro. Rachel Bespaloff (1895-1949) naceu en Bulgaria no seno dunha familia de intelectuais xudeus. Despois de pasar a súa infancia en Kiev e cursar estudios de música e danza en Xenebra, instalouse en París, onde frecuentou ao filósofo Léon Chestov, e comezou a escribir baixo a influencia do seu pensamento. Publicou estudios sobre Heideger e Kierkegard na Revue Philosophique. En 1942, fuxindo da invasión nazi de Paris, exiliouse coa súa familia a EEUU, onde morreu en 1949.
De la Ilíada é un pequeno ensaio onde Bespaloff móstranos a súa visión da guerra, destacando o papel da poesía, única forza reparadora da xustiza e capaz de humanizar aos adversarios que van enfrontarse. O estudo que fai dos trazos heroicos dos principais personaxes (Héctor, Aquiles, Helena...) é verdadeiramente interesante e ameno, e pode ser unha importante fonte bibliográfica para o estudio da épica homérica en 2º de BAC. A nosa autora fai tamén un estudo comparativo da Ilíada con grandes obras épicas da literatura universal como Guerra e Paz de Tolstói ou con textos sagrados como a Biblia.
En fin, magnífico regalo, grazas Zeltia

13/01/10

Concurso Odisea de novo


A ver si comezamos este novo ano poñéndonos as pilas e, tal como falamos en clase, acabamos de decidirnos a formar os grupos para participar no concurso Odisea 2010. Como xa sabedes moitos este é un concurso on line organizado pola SEEC (Sociedade de Estudios Clásicos) de Galicia. Terá lugar a primeira de semana de febreiro e está previsto que no noso insti participen alomenos unha ducia de equipos, incluídas algunhas veteranas do ano pasado, que conseguiron chegar a fase final (a pesares de que este ano non están matriculadas en ningunha mateira de clásicas!!)
Pois ben, para que vaiades entrenando, aquí está un resumo das preguntas que caeron nos anos anteriores, para que vaiades practicando. Certo é que na páxina da SEEC podedes consultatalas, pero xa me encarguei de borrar as respostas (he, he...)

Preguntas do Concurso Odisea
E si non queredes facer trampa de verdade, non vale entrar, tampouco, ás páxinas da SEEC a buscar as respostas. Aquí volas deixo, para que non desesperedes. Ánimo e Καλό Ταξίδι!

21/12/09

Héroes da Ilíada

Case rematando o ano, os de 4º poñémonos as pilas e sacamos o noso primeiro artigo. Xa que na clase estivemos vendo a guerra de Troia, fixemos un mapa en Google situando aos heroes da Ilíada nos seus reinos. Este foi o resultado.

Ver Heroes da Ilíada en un mapa más grande

15/11/09

PROXECTOS APETITOSOS

No departamento de grego do IES de Melide seguimos cumprindo promesas, a diferenza dos políticos, a pesares dos tempos de crise. Se a comezo de curso falábamos dunha viaxe a Valencia, agora falamos de dúas viaxes: a de Sagunt (Valencia) e a tradicional a Grecia, que acabamos organizando ante a insistente petición do alumnado. A ver se agora somos quen de levar estas dúas empresas a cabo (contaremos coa axuda dos deuses?).
O que esta claro é que temos que organizarnos xa e deixar os cabos atados antes das vacacións de Nadal. O alumnado e as familias xa tedes un plan detallado, pero aquí queremos ofrecervos unha versión máis visual para axudar a decidirvos.
Comezamos pola viaxe a Grecia, a máis tradicional e veterana. Como ben sabedes é unha viaxe ambiciosa e, por suposto, cara. Se cadra non é máis axeitada para o tempos de crise... recordade que a podedes facer noutro ano. Na última diapositiva tedes un enlace con detalles importantes como o presuposto provisional.

En segundo lugar temos a viaxe a Sagunt (Valencia), que será un mes máis tarde que a de Grecia. Esta si que é unha viaxe máis axeitada de presuposto e non menos atractiva que a de Grecia. Iremos a Sagunt coincidindo cos Ludi Saguntini, unha auténtica festa de cultura clásica na que se representa teatro clásico e se realizan talleres de cultura clásica nas rúas da cidade, a que acuden centos de estudiantes da Comunitat Valenciana e outros lugares. Coñeceremos, ademais, a cidade de Valencia e faremos sendeirismo. A única pega é que son poucos días. Na última diapositiva tedes un enlace para ver máis detalles do plan de viaxe. Con estas opcións, ningún alumno/a de clásicas do IES de Melide, debería quedar sen viaxar.

16/10/09

ÁGORA E HIPATÍA

Tal como prometíamos na nosa primera entrada deste curso no blog, o próximo xoves 22 de outubro imos ver Ágora a Santiago. Para poder disfrutar máis proxección e entender un pouco mellor o que se nos conta, Xabier Garabal, o profe de mates, preparounos esta presentación sobre Hipatía, que como xa sabedes é a filósofa e matemática grega que inspira a película de Amenábar. Na presentación hai unha serie de datos imprescindibles para un bo coñecemento deste personaxe, pero dende aquí queremos propoñerte que investigues sobre a época e o lugar no que se centran os acontecementos. Para elo elaboramos un cuestionario, que está debaixo da presentación e que podes enviar unha vez cuberto. Xa sabes que todas estas actividades sirven para subir nota...
Prepárate, logo, para disfrutar da película e aproveitala ao máximo. Por certo, despois do cine, todas e todos os que queirades podedes vir comer un "kebaq", especie de bocata típico turco que tamén se come moito en Grecia (alí chámanlle gyros), para ir preparando o padal.

29/09/09

APRENDENDO A LER

Non, non somos de infantil... pero si que é certo que estes días estamos aprendendo a ler en grego e acordámonos de cando deletreabamos "mi ma-má me mi-ma...". Para axudar un pouco nesta tarefa botamos man dunha estupenda presentación de Ana Ovando, esa "mega-profe" de Valencia que fai cousas tan chulas.

Leer griego - Watch more Videos at Vodpod.

23/09/09

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Despois de case tres meses de vacacións, Aspasia volve con forza e ganas de actividade. Copiando unha idea de Luís Inclán, un super profe de latín en Catalunya, comezaremos por presentar ás novas alumnas e alumnos que temos en cultura clásica e grego, aínda que algúns e algunhas xa son expertos mergulladores do mundo clásico. Imos, pois, cos máis noviños, os de 3º ESO, onde temos 20 alumnos/as, un pouco de cada 3º. Temos a sorte de que os repetidores volveron a coller cultura clásica, polo que xa son veteranos no blog Rodrigo, cos seus vídeos estupendos, María, Iris e Lucía. Aos outros irémolos coñecendo pouco a pouco e, en breve aparecerán como autores. Como en Galicia temos a mala sorte (ou malas leis...) de non poder escoller a cultura clásica nos dous cursos de 2º ciclo de ESO, os repetidores van a resultar os únicos que teñan o "privilexio" de poder cursar a materia dous anos.
En 4º de ESO, con nove rapazas e rapaces, poderemos traballar máis xa que temos unha hora máis de clase que en 3º. Varias rapazas cursan tamén latín, polo que a formación clásica vai ser aínda máis completa.

En grego de 1º Bac hai 12 alumnas/os, algún máis que o ano pasado. Case todos cursaron latín o ano anterior, polo que a entreda no grego vai resultar máis doada. Polo de pronto, están moi atarefados co alfabeto, e para axudalos un pouquiño, recomendámoslle que escoiten o rap do alfabeto que temos na barra da dereita.
Por último, as super expertas de 2º Bac, as catro valientes que se animaron a escoler grego a pesares da multitude de opcións que había en 2º. As nosas clases van ser no departamento de clásicas, xa que no IES de Melide non andamos moi sobrados de aulas. Se en todos os cursos pronosticamos un feliz desenlace, con máis razón en 2º de Bac, onde estas catro currantas van facer a súas primeiras traduccións serias.
Temos tamén un pequeno programa de actividades extraescolares. Polo de pronto agardamos a estrea de Ágora, de A. Amenábar, para ir a vela ao cine en Santiago. O nove de marzo iremos, ao igual que en anos anteriores, a ver teatro clásico a Lugo: As Asambleístas de Aristófanes e Miles Gloriosus de Plauto (gracias á eficiencia da SEEC, este ano coñecemos o programa moito antes).
Pero a actividade máis esperada é a viaxe que facemos todos os anos. Este curso, para variar de Grecia, imos tentar algo diferente, a Comunitat Valenciana, visitando Sagunto e participando nos talleres de cultura clásica e Ludi que organiza a Domus Baebia Saguntina. Se cadra incluso podemos achegarnos a Tarraco e pasar unha semaniña en Levante. Estade atentos ás noticias, xa que pronto ampliaremos a información.
Rematamos esta benvida, dando moitos ánimos a todos e todas, seguro que sacamos beno curso e ademais o pasmos ben.

21/06/09

Rapto de Helena

Ola a todos de novo. Por aquí andamos outra vez, pero non para falarvos de Poseidón, se non da causa da guerra de Troia, o rapto de Helena, a esposa de Menelao. O rapto de Helena foi realizado en Esparta por Paris, príncipe troiano. Existen varias versións sobre isto, e unha de elas é que Helena non foi obrigada, senon que se deixou levar por Paris.
Helena era filla de Zeus e Leda, e era moi famosa pola súa grande beleza. Dise que antes de ser raptada por Paris, xa fora raptada de pequena por Teseo, coa intención de contraer matrimonio con ela, pero deixouna coa súa nai Etra mentres el ía a por Perséfone que estava no inframundo. Logo, Helena foi salvada polos seus irmans, os Dióscuros, que fixeron prisioneira a Etra. Déixovos este video con imaxes dalgunha escea da guerra de Troia.

Rodrigo_(3º D)

08/06/09

UN POUCO DE HISTORIA

Aínda que estamos case no final de curso, en cuarto de ESO imos asomarnos un pouco á historia de Grecia e Roma. Empezaremos botando unha visual á historia e a arte gregas e, se todo sae ben, completaremos o noso traballo en arte coas actividades da aula virtual. Polo de pronto, aquí vai unha presentación sobre os aspectos máis importantes da cultura grega.

03/06/09

APOLOXÍA DE SÓCRATES

A Apoloxía de Sócrates é unha das primeiras obras de Platón, ese filósofo grego do s. V a. C. tan coñecido para os/as de 2º de BAC, que están estes días a todo repasar para selectividade (Estudiade Platón, que cae seguro!). Para facerlles máis levadeira a tarefa aos nosos ex-alumnos/as, presentamos unha banda deseñada, realizada por Tabaré Santellán, un alumno de BAC do IES de Ames, que resume magnificamente en catro folios o contido da obra e a filosofía de Socrates. Nela Platón danos a súa versión de como Sócrates se defendeu a si mesmo tras ser acusado de impiedade, por desprezar aos deuses da cidade, e de corromper á xuventude ateniense. Como ben saben algúns (polo menos as de grego de 2º ), a pesares desta defensa, Sócrates foi condenado a beber a cicuta, morrendo no 399 a. C. A condena e morte de Sócrates, un cidadán xusto, convertiuse nun dos feitos máis contovertidos da antiga Grecia. Dende aquí os nosos parabéns a Tabaré, con quen algúns profes e alumnos/as do IES Melide tivemos a sorte de compartir a nosa viaxe a Grecia.

08/05/09

Eneas e a súa viaxe.

Para ir pechando o ciclo Troiano e os contidos de mitoloxía deste ano presentamos a Eneas, un heroe máis ligado a mitoloxía romana que á grega. Eneas, fillo dun mortal e da deusa Afrodita, é un dos poucos troianos que consigue escapar á destrucción de Troia. Cuns poucos homes homes embárcase cara a Occidente e acabará fundando unha cidade no Lacio (centro de Italia). O seu fillo, Ascanio ou Iulo, fundará Alba Longa, da que varias xeracións máis tarde sairán Rómulo e Remo para fundar Roma.
Coñecemos as aventuras de Eneas a trevés de distintas fontes, pero a principal é Virxilio. Este foi un poeta romano do s. I a. C., que por encargo do emperador Augusto escribiu un poema épico para enxalzar as orixes de Roma. O poema, titulado a Eneida, entroncaba aos romanos co pasado heroico dos gregos por medio de Eneas e outorgaba ascendencia divina e prestixio á cidade facéndoos descender dos deuses Venus e Marte. Ademais, a familia Iulia, á que pertencía Augusto, aparecía como descendente do mesmo Iulo ou Ascanio. Virxilio quiso destruír o poema antes de morrer porque non estaba revisado, pero Augusto conseguiu salvalo e fíxoo publicar, chegando ata nós.

04/05/09

LISÍSTRATA EN KENYA

O pasado 1º de maio, lendo El Público, un dos meus xornais favoritos, vin un pequeniño artigo que me chamou a atención: "Huelga de sexo para forzar un acuerdo", que falaba sobre a situación política de Kenia. Este país está gobernado por un primeiro ministro, Raila Odinga, e un presidente, Mwai Kibaki, que firmaron un goberno de coalición para poñer fin ás eleccións fraudulentas de 2007 e á posterior onda de violencia. O goberno parece facer augas por un problema de reparto de poderes, mentres a poboación sofre un paro xeneralizado, grande inseguridade cidadá e carencia dos servizos máis básicos.
Fartas desta situación, as mulleres, lideradas por un grupo autodenomindao G-10, decidiron actuar facendo unha folga sexual de sete días para forzar un acordo entre as dúas partes. A última en engadirse foi Ida odinga, a esposa do primeiro ministro e o G-10 agarda que en breve se sume Lucy Kibaki, a esposa do presidente.
Parece como si as nosas compañeiras kenyanas lesen Lisístrata de Aristófanes e decidisen empregar o mesmo método que na comedia tería servido a atenienses e espartanas hai 2.500 anos para conseguir parar a guerra do Peloponeso. Terá o grupo G-10 e outras organizacións feministas de Kenya o poder de convocatoria da nosa Lisístrata, a "que disovía os exércitos"?
Máis información en: ABC, El Periódico, ELESPECTADOR.COM.

30/04/09

Mito de Isis e Osiris


Nut (deusa do ceo) tivo catro fillos con Geb: Osiris (rei dos mortos e as fontes da vida renovadas), a Seth, Isis (deusa da fertilidade e da mortalidade) e a Neftis.
Cando Osiris naceu, unha voz exclamou: "O Rei de todos naceu". Osiris converteuse nun gran rei, colaboru co seu pobo, adestrou os traballos agrícolas e na crianza dos animais. Este rei convertiu a Exipto nunha gran nación. O pobo comezou a adorar a terra que el pisaba. A súa esposa e irmá Isis seguiu o seu camiño.
Osiris tiña un gran inimigo, seu irmán Seth, envidioso e amargado.Seth con axuda de Aso encerraron a Osiris nun ataúde e tirárono ó río Nilo. Outra lenda di que o cortaron en pedazos.
Desde ese día non se volveu ver entre os vivos.
Os rogos e feitizos de Isis resucitaron a Osiris, quen chegou rei da Terra e dos mortos, deus da resurrección, símbolo da fertilidade e rexeneración do Nilo, era tamén o deus da vexetación e da agricultura, ademáis presidiu o tribunal dos difuntos na mitoloxía exipcia.
Horus, fillo de Osiris, derrotou a Seth nunha gran batalla.
Cada ano os exipcios celebran a morte e resurrección de Osiris que simboliza a resurrección da Terra.

Mitos de morte e resurección: O Cristianismo.

A Pascua cristiá celebra a morte e a resurección de Cristo. Esta celebración cristiá ten a súa orixe na pascua xudea, na que se celebraba a saída de Exipto do pobo xudeo baixo a guía de Moisés cara a terra prometida. Esta Pascua era o que celebraba Xesús e os seus disípulos na Última Cea, na que Xesús anunciou que un deles o traizoaría cun bico e así foi ó rematar a cea foron ó monte Getsmaní, onde Xudas Iscariote lle deu un bico para que o exército que viña o levara preso, despois crucificárono e sepultárono cuns gardas vixiando. O 3º día despois da súa morte resucitou e por quen primeiro foi visto foi por María Magdalena.
A Pascua crstiá celébrase o primeiro domingo despos da primeira lúa chea da primavera, ou sexa a partir do 21 de Marzo.
A morte e a resurección de Xesús representa a "resurección" da terra na primavera e a "morte" desta no inverno, xa que na primavera a terra é fértil e produce e no verán non é fértil e non produce.

23/04/09

Historia do libro

A proveitando que hoxe, 23 de abril, é o día do libro, queremos facer un breve repaso pola historia dese obxecto tan imprescindible para moitos de nós. O libro non foi sempre un obxecto cotiá, presente en todos os fogares e cómodo de ler e levar. Na antigüidade clásica o libro era un obxecto de luxo, só ao alcance duns poucos.
Bota unha ollada a esta presentación para coñecer a historia do libro e trata de imaxinar como sería a túa vida antes da aparición da imprenta, cando o libro era un obxecto de luxo só asequible a unha minoría.

22/04/09

HERA


Son Hera a esposa e irmán de Zeus. O meu nome romano é Xuno. Son filla de Cronos y Rea. A miña principal función é ser a raíña dos deuses e dos matrimonios. O meu emblema é o pavo real. Fun tragada ao nacer polo meu pai, Cronos, porque pensaba que un dos seus fillos arrebataríalle o trono. Só Zeus se librou de ser tragado é mais tarde liberounos a nós.

Zeus, o meu irmán, conquistoume convertíndose en cuco. Con el, e con ninguén máis por suposto, tiven catro fillos: Ares, deus da guerra, Hebe, deusa de la xuventude, Ilitia deusa dos partos e da maternidade e Hefesto. Cando naceu este pobre, como era tan deforme, guindeino do Olimpo e ao caer á terra quedou coxo. Acollérono os habitantes de Lemnos e el é o ferreiro dos deuses.
Son celosa e vengativa coas amantes e outros fillos de Zeus, porque el faime sufrir moito. Un dos descendencentes de Zeus que máis perseguín foi Heracles, acoseino todo o que puiden pero non conseguín nada, máis ben proporcioneille fama. De feito o seu nome, "Hera-klés" (Ἡρα-κλῆς), significa en grego "Famoso a causa de Hera".

Unha vez o príncipe troiano Paris tivo que elexir cal era a máis fermosa entre tres deusas, Afrodita, Atenea e eu. O moi condenado preferiu a Afrodita, a deusa do amor; por eso collinlle tanta rabia aos troianos e decidinme a axudar aos gregos na guerra de Troia, da que eles salirían vencedores.

Agora intento estar máis tranquila porque me respetan tanto deuses como os homes nos meus templos máis importantes, Argos e Micenas.