19/03/09

Poseidón





Ola rapaces. Xa estarides agardando a que pasase polo blog, non? Que tal estades? espero que ben porque o traballo nunca foi moi bon, JeJe!! non me digades que non teño razón. Bueno, seguro que despois de ver o video que fixen con imáxes miñas e aínda que sexa pequeno, xa me recoñeceriades, a parte de que o meu nome aparece no título. Eu teño dous nomes, dependendo de onde esteña. Pois os gregos chamanme Poseidón, e os romanos Neptuno, cousas deles. Como algúns saberedes, son deus do mar, dos cabalos, e dos terremotos "axitador da terra" como din por ahí. Normalmente veredesme co meu tridente co que podo facer cousas impresionantes, pero prefiro non mostralas que despois pasame o que Zeus cunha das súas amantes. Son fillo de Cronos e Rea, é irmán de Zeus, Hades é Demeter. Estou casado (aínda que fun un chisco infiel,bueno bastante, pero non vou falar diso, vos xa me entendedes) coa ninfa Anfitrite, coa que saio nunha das imáxes do video anterior. Estara mal que eu o diga, pero son moi venerado en grecia, pois e pobo mariñeiro, e ó igual que outros rindenme culto porque queren ter un viáxe seguro (por mar eh, non vaiades pensar que estou falando por terra, ahí xa ai outros deuses). En fin non sei que máis contarvos de min, pero xa me dirá Susana se debo engadir máis cousas ou cometin erros. Veña rapaces, ata outra.


Rodrigo_(3ºD)

12/03/09

Hermes

Ola, son un deus olímpico; en Grecia chámanme Hermes e en Roma Mercurio. Son o deus dos camiñantes, e o que manteño a paz xa que como son o deus dos caminantes, protexo ós viaxeiros e casígoos tamén cando fan algo mal por iso cando os de Atenas fai algúns anos facían expedicións rendíanme culto; tamén son o deus do comercio, e por ahí din que o dos roubos bueno non é de todo certo pero a verdade un pouco si que o son xa que nada máis que nacín escapeille a miña nai e fun roubarlle as ovellas a meu irmán Apolo, bah e alguhna gamberrada máis por ahí!! Jeje. Ademais tamén me encargo de levar as almas dos mortos ó inferno, por iso me chaman Hermes Psicopompo, e son o heraldo dos deuses, teño que falar públicamente nas asmblas e noutras ocasións. Por certo tamén me consideran o protector dos animais sacrificiais. A verdade son bastante famoso e represéntanme varias veces e para dicir a verdade non o fan nada mal xa que me poñen todo o que levo: sandalias con alas, sombreiro de ala ancha ó que eu chamo pétaso, caduceo que é una vara de ouro, ás veces un cordeiro a hombros una lira ou frauta que por certo estes dous últimos inventeinos eu, tamén inventei varios tipos de carreiras e deportes de loita. Bueno que se me olvidou una cousa moi importante son fillo de Zeus e de Maia e tamén dicir que son moi astuto xa que para ser deus de todo isto hai que selo. Jeje. Por certo os atenienses tiñan no meu honor unha herma que é unha pedra rectangular que arriba ten a miña cara e no medio os meus xenitais, bueno xa que en Grecia non se escandalizaban por estas cousas como fan noutros lugares, son sagradas para eles xa que un día un político chamado Alcibíades os rompeu e castigárono duramente.

10/03/09

Teatro en Lugo


Hoxe fumos a Lugo a ver Las Bacantes de Eurípides e Lisístrata de Aristófanes, que abrían a nova tempada do Festival de Teatro Grecolatino. A representación das dúas obras estivo a cargo do Grupo Hypnos, de Córdoba e foi espléndida. Coa súa interpretación entregada, este grupo conseguiu achegarnos unha traxedia difícil como As Bacantes, e facernos comprender esa dor humana, ese sufrimento inevitable no que se centran as traxedias gregas. Chamounos a atención especialmente o coro coa súa coreografía e a súa cor, ¡que ben nos trasmitiu co seu "evohé" esa ambigüidade de Dioniso, deus libertador que outorga a alegría, pero tamén deus do exceso e da loucura!

Pero non podemos dicir menos de Lisístrata, onde practicamente os mesmos actores que pola mañán nos trasmitiron ese πάθος ou paixón, fixéronnos rir a gargalladas. Foi unha representación moi axeitada para o día da muller traballadora, aínda que xa sabemos que non nos podemos fiar moito do feminismo de Aristófanes.
No IES de Melide xa levamos moitos anos asistindo a este festival de teatro, e temos que decir que se supera cada vez, xa que calidade dos grupos participantes é impresionante.
Ademais das representacións, fixéronse entrega dos premios do concurso Odisea a dous grupos do IES de Ames e a un do IES Fontexería de Muros. A ver si un ano destes recollemos algún nós!
Queremos recordar que todas estas actividades están organizadas pola Sociedade de Estudos Clásicos na súa sección galega.
Por último, que máis pode pedir unha profesora, que nun día de traballo ve un dos seus espectáculos favoritos, na compaña de 23 alumnas que saben estar a altura dun acto coma este e, ademais, disfrutan del?

08/03/09

Artemisa

A que estou guapa?
Ola rapaces! Que tal polo instituto? Pois nada, que me gustou este blog e gustaríame que soubérades de min. O meu nome grego é Artemisa, aínda que os romanos me chamaban Diana. Son filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo.
Son a deusa da caza, dos animais salvaxes, da creación, da castidade e tamén dos partos, pois axudei a miña nai no parto de meu irmán. E fíxeno moi ben! Modestia a parte!jaja! De ahí que me chaman a Luminosa. Soa ben non? Agora claro con todos os hospitais que hai xa non axudades como facía eu. Por que, a que estou no certo ó pensar que no voso instituto non hai ningunha deusa dos partos?
Son unha deusa virxen, non quero ós homes para nada, total son todos iguais e hai moitos que non nos merecen verdade rapazas? Tamén estou relacionada ca Lúa. Adorábanme en toda Grecia, pero os meus lugares de culto máis famosos son Braurón, Muniquia e Esparta.
Normalmente, no arte grego clásico, aparezo representada coma unha cazadora con vestido curto, botas de caza, arco e frechas. Soio ter ó lado un can de caza ou un cervo.
Hera, a verdadeira esposa de papá, prohibiu que miña nai dera a luz onde dera o sol, polo que Zeus enviou ó vento para que collera a miña nai e a levara a onde Poseidón. Éste cubriuna cas olas e finalmente nacemos meu irmán máis eu.
Non me quero enrrollar moito máis porque o mellor se vedes moita letra non vos apetece coñecerme. Voume despedir contándobos un dos meus mitos:
Hai xente que di que eu enviei un escorpión a Orión para matalo debido a súa soberbia e porque decían que era o mellor cazador; outros din que eu estaba moi namorada del e que meu irmán, por celos ou para protexerme, enganoume e retoume a un duelo de disparo de frechas contra un punto, aparentemente ó azar, pero que realmente era Orión, e acabeino matando.
Pero isto só é o que din eh...

Patri _(3ºA)

16/02/09

Edipo, a loita contra o destino

Máis que un heroe mitolóxico, Edipo é un heroe tráxico, un home que loita contra o seu destino e, polo tanto, está condenado ao fracaso, xa que o destino está por riba de deuses e homes. Entre outras fontes, coñecemos o mito de Edipo a traveso da traxedia de Sófocles Edipo Rei. Nesta obra preséntasenos a un home xusto, o rei de Tebas Edipo, que trata de averiguar cal é a causa pola que a súa cidade sofre unha peste. No curso da investigación Edipo descubrirá cousas terribles que traerán a destrución da súa casa. Poderíamos dicir que esta é unha das primeiras historias policíacas da literatura occidental.
Mentres ves a presentación, podes escoitar esta "Epopeya de Tebas", de Les Luthiers en clave cómica.

15/02/09

Perseo, o matador de Medusa

Perseo era un auténtico heroe, fillo de Dánae e do propio Zeus. Dánae fora encerrada polo seu pai nunha torre para que non tivese fillos, pois estaba predestinado que un fillo dela mataría ao seu avó. Zeus non pode resistir ante a beleza de Dánae e sedúcea en forma de chuvia de ouro. Cando nace Perseo, el e a súa nai son guindados ao mar dentro dunha arca, para evitar que se cumpra o oráculo. Ambos conseguen chegara sanos e salvos á illa de Sérifos e aquí empezarán os problemas de Perseo, un fillo de solteira que terá que protexer á súa nai do acoso masculino. Terá que realizar unha misión imposible para librar á súa nai dun pesado pretendente: matar a Medusa, monstro mariño que petrificaba coa súa mirada.

11/02/09

Xasón e os Argonautas, a primeira gran viaxe

Despois da breve interrupción polo concurso Odisea e agardando aínda o desenlace, volvemos a nosa tarefa. Agora imos ver outro gran heroe: Xasón, rei de Iolcos, en Tesalia. Para recuperar o seu trono, Xasón deberá partir a lonxana e misteriosa Cólquide (actual Xeorxia) na busca do vélaro de ouro. Para elo constrúe, coa axuda de Atenea, a primeira gran embarcación que recordan os gregos, a nave Argos. Xuntará a mellor tripulación para a súa viaxe, os Argonautas. Cando chegue ao seu destino, topará con novas dificultades.

04/02/09

Facendo a nosa Odisea




Estes días en cultura clásica e grego de 1º de BAC estamos participando no concurso Odisea. Como xa explicabamos nun artigo anterior, é xa o terceiro ano que competimos e notamos que os que competimos nos anos anteriores imos collendo o "tranganillo" e atopamos con máis facilidade as respostas. Outros aínda temos que practicar máis con google e outros buscadores. Temos que aprender dunha vez que San Google non é un "respondedor" de preguntas, senón un buscador de palabras e o importante é teclear as palabras clave. É imprescindible ler ben a pregunta e cando atopemos unha posible resposta comprobrar sempre si se axusta ás pistas que da a pregunta en cuestión. Tampouco hai que esquecer que, aínda que na rede temos unha chea de recursos e bos lugares para consultar, temos algúns libros na biblioteca que son fáciles de manexar e conteñen información moi precisa. Estamos un pouco nerviosos/as co preguntón do xoves, pero estamos practicando coas preguntas dos anos anteriores. O ano pasado un equipo de Melide conseguiu chegar ao desempate. Conseguirémolo de novo este ano?

31/01/09

II Liga de Debate. Unha nova escola sofista?


Nestes días está tendo lugar en Santiago a II Liga de Debate, na que participan 48 equipos de toda Galicia. O ano pasado o equipo do IES de Melide chegou aos cuartos de final, e volvemos tentalo este ano cun equipo composto por Carlota, David, Manuel e Xisela, capitaneados outra vez por Lidia.
Este ano o tema a debatir é Axuda ao desenvolvemento: ¿o peixe ou a cana?, aínda que para fase final haberá outro tema diferente: Están as Administracións Públicas afrontando eficazmente o problema do consumo de drogas (legais e ilegais) nos adolescentes?.
O equipo gañador será aquel que sexa capaz de argumentar mellor sobre calquera das dúas opcións que lle toque defender. Polo tanto, o que se pretende e fomentar o debate competitivo e o enfrontamenteo dialéctico entre os nosos estudiantes, que saiban convencer coa palabra independentemente da súa postura persoal sobre un tema calquera.
A importancia do dominio da palabra no mundo actual é indiscultible, senón que lle pregunten a Obama. Os gregos, en concreto os democráticos atenienses, tiñan isto moi claro e crean a retórica, definida como a arte do ben falar para conseguir a persuasión do destinatario. Os primerios mestres de retórica foron os sofistas, que eran ensinantes profesionais deste "ben falar". Os seus discípulos, que con frecuencia buscaban o triunfo na política, serían os futuros dirixentes da polis si conseguían convencer coa palabra na Asemblea. Tamén recibían unha boa formación en retórica aqueles que se dedicaban a defender causas nos tribunais de xustiza.

Algúns recordarán As Nubes de Aristófanes, comedia que limos e vimos representada en Lugo o ano pasado. Nela o autor arremete contra Sócrates, a quen identifica erroneamente cos sofistas, colocándoo ao fronte dunha escola que ensina aos mozos a defender argumentos inxustos. Aquí recurre o protagonista, un vello agobiado polas débedas causadas pola afición do seu fillo ás carreiras de cabalos. O noso protagonista sabe que só un argumento inxusto o poder librar dos tribunais, polo que pon ao langrán do seu fillo a estudar a súa propia defensa. A cousa sae ben e consegue librase das débedas grazas á labia do rapaz, pero tan ben aprende este o argumento inxusto, que nel atopa boas razóns para zouparlle ao pai. O pai, desesperado, queima a escola socrática.

A pesares destes "perigos" da retórica, dende aquí facemos unha forte aposta polo noso super equipo e desexamos que atopen os mellores argumentos para derrotar ao contrario. Mentres sexan as palabras e non as bombas as que convenzan, todo vai ben.

27/01/09

Orfeo, un heroe diferente

Orfeo non era un heroe do estilo de Heracles ou Teseo. Non estaba "cachas" ni era rei de ningún lado. Orfeo era máis ben un heroe intelectual, un artista. As súas armas eran a poesía e a música, e con elas, ás veces, conseguía máis cousas que Heracles coa súa incrible forza. Vota unha ollada e completa as actividades de aula. Podes completar información buscando na rede.

Orfeo
View more presentations or upload your own. (tags: música órficos)

26/01/09

Teseo e o ciclo cretense

Seguindo o noso estudio dos heroes, aquí tedes información sobre Teseo para facer as actividades de aula.

O horóscopo e a mitoloxía

Como o 2009 é o Ano Internacional da Astronomía, nós quixemos facer a nosa aportación, relacionada como sempre coa cultura clásica. Unhas semanas atrás estivemos traballando na clase relacionando os signos do zodíaco coas súas características e as súas correspondentes explicacións mitolóxicas. Cada unha de nós preparou a presentación do seu signo, e este é o resultado.

Obama, ο νέος πλανητάρχης

Πλανητάρχης é unha simpática palabra coa que actualmente os gregos designan ao presidente dos EEUU. En grego moderno pronúnciase algo parecido a "planitárjis", xa que a η, eta, pasou a pronunciarse "i", ou sexa, a ser "ita" (por iso este fenómeno fonético denomínase itacismo). Pero a nós o que nos interesa é a palabra en sí, xa que contén dúas raíces do grego clásico, πλανήτης e ἀρχή, que temos noutros helenismos da nosa lingua.
Por outra banda, velaí ao noso παλνητάρχης termando do mundo, nunha viñeta de Fernando Vicente, que saíu publicada en El País do 25-1-09 para ilustrar o artigo de Vargas Llosa Obama en la casa Blanca. É indubidable que esta imaxe nos recorda algo, algo relacionado coa mitoloxía. Aí vai, logo un traballiño:
- Para 1º e 2º de BAC un traballo de etimoloxía:
  1. Buscar o significado das dúas palabras gregas que compoñen πλανητάρχης e traducir literalmente o seu significado.
  2. Buscar helenismos na nosa lingua que conteñan cada unha destas raíces, παλνήτης e ἀρχή (alomenos dous de cada palabra).
  3. Intentar crear con estas dúas raíces gregas unha palabra equivalente na nosa lingua (logo podemos propñela á RAG ou á RAE, a ver si a aceptan)
- Para 3º e 4º de ESO un traballo de mitoloxía:

1. Averiguar a que personaxe mitolóxico fai referencia esta viñeta de Obama. Para elo ten en conta as seguintes pistas:
  • Era un titán, fillo de Xapeto e, polo tanto, irmán de Prometeo.
  • Por rebelarse contra os deuses na titanomaquia, Zeus castigouno a ter que cargar contra cos ceos
  • O seu nome propio utilizámolo como nome común, para designar un libro que contén mapas.
2. Nunha ocasión, o noso titán puido librarse por pouco tempo da súa carga, xa que conseguiu que un forzudo heroe o substituíse. Pero este heroe tiña moitos traballos que facer, polo que enganouno e o pobre titán volveu de novo ao seu choio. De heroe se trataba?
3. Averiguar que personaxe mitolóxico o convertiu en pedra, dando lugar a un importante accidente xeográfico no norte de África.

Para dar a túa resposta, fai un comentario a este artigo e non esquezas poñer o teu nome, para que a profe che poda subir a nota. Date presa, porque só os primeiros comentario coas solucións correctas serán publicados e terán dereito a subida de nota.

22/01/09

Viaxe a Grecia

Para descansar un pouquiño e para que a uns cantos se lle vaia abrindo o apetito, aquí vai un pequeno anticipo da viaxe que faremos o IES de Melide xunto co IES Alfredo Brañas de Carballo e o IES de Ames. Só faltan dous meses, non queda nada!

Ver mapa más grande

16/01/09

Concurso Odisea

Que agardades para apuntarvos ao concurso Odisea?. Como xa sabedes, por outros anos, é un concurso en liña, organizado pola SEEC (Sociedade Galega de Estudios Clásicos), que terá lugar do 2 ao 5 de febreiro. Consiste en responder a preguntas relacionadas coa cultura clásica que van saíndo cada día na páxina da SEEC. O último día a pregunta é máis complicada, en realidade é un preguntón: moitas preguntas é coas iniciais das respostas fórmase unha palabra clave. A verdade é que as preguntas non son fáciles, pero o ano pasado conseguimos chegar á fase final e, sobre todo, pasámolo moi ben e aprendimos moito. Os premios son pelas, que nunca veñen mal, sobre todo ás que estades apuntadas á viaxe a Grecia. Aquí podedes ver as bases do concurso con todo detalle. Veña, que so temos ata o día 30 de xaneiro para inscribirnos.

15/01/09

Morte e resurección na mitoloxía sumeria: Ishtar e Tammuz

Tammuz, desposado coa deusa Ishtar (señora do firmamento, deusa do amor e da guerra) é un deus da fertilidade e do milagro das colleitas.
Conta unha lenda que a deusa Ishtar descendeu ós infernos para salvar a Tammuz da morte, dándolle de comer froitas. Mentres el estivo nos infernos, a vexetación marchitou, pero cando Ishtar o rescatou, a vexetación volveu florecer.
Na cultura sumeria, a recolleita dos cultivo simboliza a morte da Tammuz mentres que a sembra, explicanos a súa resurreción.

13/01/09

Morte e resurección na mitoloxía grega: Perséfone e Deméter

Acabamos de estudiar en clase o mito de Perséfone, filla da deusa das colleitas Deméter. Hades, deus dos Infernos e irmán de Deméter, namorase da súa sobriña e, considerando o sozinho que estaba alí abaixo e a posiblidade -ben fundada- de que á rapaza non lle fixese moita gracia a súa compaña, decide raptala.
Deméter, desesperada, busca á súa filla e non a atopa por ningures. Grazas a un soplo de Triptólemo, entérase de que Perséfone está no Hades co seu irmán, o moi desgraciado!. Entón, recurre ao seu outro irmán, Zeus, e pai putativo da raparariga e suplícalle que lle devolvese á súa filla. Pero nos Infernos quen manda era Hades e, agora que por fin ten unha raíña, non está disposto a renunciar a ela.
Ata tal punto sofre Deméter a ausencia da súa filla, que descoida as súas tarefas, os homes deixan de colleitar e comezan a morrer de fame.
Ante tal situación de crise, Zeus decide intervir e permite a Perséfone voltar á terra coa súa nai se non tomou ningún alimento nas mansións de Hades. Pero resulta que Perséfone comera sete pebidas de granada! e agora? Pois, Zeus, que ao fin ao cabo non quere ver morrer aos homes (se non, a quen lle ía lanzar el os raios?) busca un apaño: Perséfone pasará sete meses ao ano, un por cada pebida, co seu esposo no Hades, e os cinco restantes coa súa nai Deméter. Entón, cando volve a súa filla do Hades, Deméter está feliz e fai que a terra produza e se encha de froitos. Pero cando a filla a abandóaa, súmese nunha profunda depresesión e abandoa ela tamén o seu traballo, deixando á terra sen vida.
Perséfone ven sendo como a semente, que está "morta" varios meses ao ano para logo na primavera rexurdir con forza. Unha vez máis volvemos a comprobar como a mitoloxía era un xeito de entender o mundo e buscar explicacións, neste caso de fenómenos naturais como os ciclos naturais de producción ou estacións do ano.
Coñecemos mitos de outras culturas ou relixión que traten tamén a morte e a resurección para explicar isto mesmo? Agardamos as vosas colaboracións.

Heracles

Heracles ou Hércules era un dos heroes máis importantes da mitoloxía grega. Fillo de Zeus e unha mortal, Alcmena, representaba a forza física empregada para liberar ao mundo e aos homes de monstros. A figura de Heracles está moi presente en todo o Mediterráneo e identificouse con héroes doutras culturas. A nosa cultura abunda en lugares e monumentos relacionados con Hércules ou Heracles. Recordas algún?

Deuses menores e seres míticos

Seguindo co noso esquema de traballo, imos agora a ver outros deuses e divindades secundarias, non por elo menos importantes. Na presentación tamén temos outros seres da mitoloxía grega, como sereas, sátiros, centauros... que están presentes en moitos mitos. Non esquezas que nesta presentación podes consultalos.

06/01/09

A cabeza de Medusa

Con este título de resonancias mitolóxicas, ven de publicarse a última novela de Marilar Aleixandre, premio da Fundación Caixa Galicia 2008. Nela cóntasenos a historia de Lupe e Sofía, dúas estudantes de 2º de Bac que son violadas ao voltar dunha cea de entroido cos seus compañeiros de instituto. Ao igual que Medusa, as dúas rapazas descubrirán como moitos non se atreven a miralas de fronte e sufrirán a súa propia cabeleira de serpes, debaténdose entre denunciar a agresión ante a xustiza ou rendirse ante as presións do entorno, especialmente dos seus propios compañeiros de instituto. Avanzando as súas páxinas atopámonos con situacións familiares: a vida cotiá no instituto, profes, clases, broncas... sen que falten ligues e amores.
A autora fai un acertado tratamento do mito da Medusa, no que, ao igual que en moitas sociedades actuais, castígase á muller agredida e non ao agresor. Marilar segue a versión do poeta latino Ovidio, quen na súa obra Metamorfoses refírenos como Medusa era una fermosa muller castigada por Atenea (Minerva) cando foi violada por Poseidón no seu templo. A deusa fixo que a súa cabeleira se transformase en serpes e que os seus ollos convertesen en pedra a quen a miraba.

A escritora xa se achegara a mitoloxía clásica e, en concreto, ao poeta Ovidio na súa obra "Mudanzas" (Pen Clube, 2007), poemario inspirado nas "Metamorfoses".