25/03/09

Ares

Ola amigos! son Ares, o deus olímpico da guerra. Eu son a personificación da forza bruta e da violencia; a diferenza da miña irmá Atenea, que ademais de ser deusa da sabiduría, tamén o é da guerra, pero nun senso menos violento . Os romanos identifícanme como Marte, tamén deus da guerra.Todos me representan como fillo de Zeus e de Hera. O meu lugar de nacemento estaba situado moi lexos, entre os bárbaros e os belicosos tracios, donde fuxín cando me descubriron con Afrodita, a deusa do amor e da beleza.E vaia coa súa beleza! je,je. Cando ocorria algunha desgraza sempre pensaban que era eu o que estaba detrás de todo, e fun moi odiado por todos, incluso polos meus pais. Na mitoloxía Romana aparezo como pai de Rómulo e Remo, tras unirme a Vestal Rea Silvia.Unha das cousas máis terribles que me sucedeu, foi cando Oto e Efialtes, os dous xemelgos Alóadas, tomaron o monte Olimpo e lograron secuestrarme e meterme nunha vasilla durante trece meses, fun liberado cando Artemisa se ofreceu para deitarse con Oto, Efialtes sentiu celos e comezou a pelexar co seu irmán, Artemisa transformouse en cerva e saltou entre os dous, os Alóadas ,para evitar que fuxira, arroxaron as súas lanzas e mataronse un ao outro
Os meus emblemas son:o casco, o escudo e as armas.

Hefesto


Ola chamome Hefesto, ainda que os romanos chamanme Vulcano. Son o deus mais feo de todos, son torto, algo xorobado e coxo porque cando nacín parecinlle tan feo a miña nai Hera que me guindou do Olimpo. Son o ferreiro dos deuses, eu constrúo os raios de Zeus, as armas dos heroes, e todo aquelo que me encargan. Teño a miña fragua de baixo do monte Etna. Cando me vexades recoñeceredesme por levar o martelo, as tenazas e a bigornia. Estou casado con Afrodita, ainda que Helios (o sol por se non sabedes quen é) dixome que me estaba enganando con Ares. Un dos traballos foi cando Aquiles lle prestou as suas armas o seu amigo Patroclo, matouno Héctor pensando que era Aquiles, o morrer Patroclo os troyanos que dan con as armas que Aquiles lle prestara a Patroclo, nese momento ven a nai de Aquiles a encargrme unas armas para su fillo Aquiles.

Perséfone

Ola queridos lectores! Son Perséfone.
Na mitoloxía, grega eu era a reina do inframundo, ou ben unha xoven doncela filla de Deméter e Zeus.A miña figura actuelmente é moi coñecida, e ten un gran poder emocional: unha doncela inocente, o dor dunha nai polo rapto e o regerso da súa filla.
O meu nome, para os gregos, non era seguro pronunciar en voz alta e a que se refería como "A Doncela".
Eu non tiña posición estable no Olimpo. Solía vivir lexos dos outros deuses, levaba unha vida pacífica ata que me convertín na deusa do inframundo. Eu estaba collendo flores con algunhas ninfas cando de súpeto apareceu Ares mediante unha grieta do solo, asusteime moito!. A vida quedou paralizada mentras miña nai me buscaba por todas partes e as ninfas foron transformadas en sireas por non haber intervido. Helios, o sol, que o ve todo, terminou por contarlle todo a miña nai, Deméter. Zeus non puido aguantar máis a agonía da terra xa que miña nai, coa tristeza do meu secuestro deixou de dar frutos a terra, mandou a Hermes a que me rescatase. Hades, meu tío, só puxo unha condición: que non comese nada do inframundo, pero engañoume e comín uns grans de granada que me obligaron a volver cada ano un mes por cada grano que comera. Pasaba seis meses con miña nai, e nese tempo a terra daba frutos e outros seis meses con Hades e, neste tempo miña nai coa tristeza de terme lonxe deixaba de dar frutos. Os gregos explicaban con este suceso as estacións e os ciclos naturais de producción da natureza.

24/03/09

A Odisea

Xusto a piques de iniciar a nosa propia Odisea en Grecia (mañá marchamos!!) paréceunos oportuno publicar este post. Aínda que esteamos lonxe, tentaremos mandar noticias ao blog e non esquezades tampouco vos facer o mesmo... recordade que con internet estamos a un paso. Ai si os deuses do Olimpo tivesen Internet...! Imaxinades que sería do pobre Hermes?
Imos agora coa auténtica Odisea. Despois da guerra de Troia, os gregos regresan á súa patria, pero non todos o fan con igual fortuna. Ulises ou Odiseo, rei de Itaca, tardará dez anos máis en regresar debido á enemistade de Poseidón, que axitará os mares cada vez que se embarque e o fará naufragar mil veces. Aínda que son varias as fontes sobre Ulises, sobre todas elas destaca a Odisea de Homero. O Odiseo homérico é un heroe que se caracteriza pola súa intelixencia e que conta coa protección de Atenea, que se fará máis sabio coa súa viaxe e gañará os epítetos de "o moi prudente", "o home de moitos enganos" ou "o home de moitos camiños". A viaxe convírtese con Homero nunha metáfora da búsqueda da sabiduría, sendo máis importante o camiño que a meta. Así nolo canta o poeta Kavafis no seu poema Itaca:

Se has de facer a viaxe cara Itaca,

pide que o teu camiño sexa longo,

cheo de aventuras, cheo de coñecementos...


A guerra de Troia

Un dos mitos máis importantes na mitoloxía clásica é a guerra de Troia e todo o ciclo de lendas e cantos épicos que xurde arredor dela, o que denominamos ciclo troiano. Segundo a lenda, o troiano Paris raptou á fermosa Helena, esposa do rei de Esparta Menelao, provocando deste xeito o ataque dos gregos á cidade de Troia e a conseguinte guerra que duraría dez anos. Troia, no estreito dos Dardanelos, chamábase en grego Ilión (Ἰλιόν), e de aquí deriva Ilíada, o poema de Homero que ven sendo a testemuña literaria más antiga en lingua grega e na literatura europea. Pero a Ilíada de Homero non nos conta toda a guerra de Troia, senón só nove días do noveno ano de guerra, cando o famoso Aquiles (o dos pes lixeiros, o do talón...) se enfada co rei Agamenón e decide retirarse da loita. Así comprendemos que Homero comece a súa obra pedíndolle inspiración a musa "Canta, musa, a cólera do Pélida Aquiles"...
Coa Ilíada e a Odisea (a outra obra de Homero) educáronse incontables xeracións de homes gregos e occidentais en xeral, que vían nos seus heroes un modelo de comportamento.
Cando estudiamos mitoloxía sempre insistimos na idea de que a mitoloxía era un xeito de ver a vida, de explicar cousas que nese momento non tiñan unha explicación racional: os fenómenos naturais, a orixe do mundo, o comportamento humano, etapas do pasado... Disto último trata precisamente o ciclo troiano, pois a partir dos libros de Homero os arqueólogos descubriron as cidades de Troia, Micenas, Tirinto, Esparta... e puderon probar que si houbo unha guerra alá polo 1200 a.C. As causas de esta guerra histórica serían menos románticas e máis materialistas, os intentos dos gregos por controlar as rutas comerciais do Mar Negro levaríanos a enfrontarse cos pobos asiáticos que controlaban os estreitos.
Bota unha ollada a esta historia resumida e completa información cos enlaces e a bibliografía vista en clase.

21/03/09

Meme Limonada


Fernando, domenechino no mundo blogueiro, envíanos este meme e agradécémoslle os honores e o refresco. Fernando máis Aspasia fomos compañeiros na facultade e "parimos" blogs case na mesma data. Xa sabíamos que andaban circulando refrescantes limonadas polos blogs, e parécenos unha boa excusa para intercambiar blogs amigos. As normas son:

  1. Pór o logo no post ou no blog.
  2. Nomear polo menos a outros 5 blogs que mostren gran Actitude e/ou Gratitude
  3. Asegurarse de enlazar ben aos nomeados no post.
  4. Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blog.
  5. Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.

Os nosos blogs premiados son:
  • Heladio Anxo, que dende o seu blog Caladiños cóntanos noticias con historia, fálanos de libros que nos fan mellores, recórdanos as paisaxes da súa nenez ou nos fai pensar sobre o que está a ocurrir.
  • Encarna, Hécuba non mundo blogueiro, porque o seu blog é toda unha referencia para un blog con poucos meses de vida como Aspasia.
  • Paco Núñez, que co seu blog de economía e Luces, cámara... Acción! fai que algúns paganos podamos achergarnos a algo tan arduo como a economía.
  • Todas as rapazas e rapaces devoradores de libros, que alimentan o noso blog Papalibros do club de lectura do IES de Melide, porque co seu entusiasmo fan que o traballo na biblioteca sexa un auténtico pracer.
  • Daniel, tamén compañeiro de "parto" no mundo blogueiro, porque escribe cun entusiamo que contaxia.
Poderíamos seguir citando a outros moitos blogs de Chiron que nos acompañan sempre no camiño, pero imos deixar que a cadea se vaia completando soa.

19/03/09

Poseidón





Ola rapaces. Xa estarides agardando a que pasase polo blog, non? Que tal estades? espero que ben porque o traballo nunca foi moi bon, JeJe!! non me digades que non teño razón. Bueno, seguro que despois de ver o video que fixen con imáxes miñas e aínda que sexa pequeno, xa me recoñeceriades, a parte de que o meu nome aparece no título. Eu teño dous nomes, dependendo de onde esteña. Pois os gregos chamanme Poseidón, e os romanos Neptuno, cousas deles. Como algúns saberedes, son deus do mar, dos cabalos, e dos terremotos "axitador da terra" como din por ahí. Normalmente veredesme co meu tridente co que podo facer cousas impresionantes, pero prefiro non mostralas que despois pasame o que Zeus cunha das súas amantes. Son fillo de Cronos e Rea, é irmán de Zeus, Hades é Demeter. Estou casado (aínda que fun un chisco infiel,bueno bastante, pero non vou falar diso, vos xa me entendedes) coa ninfa Anfitrite, coa que saio nunha das imáxes do video anterior. Estara mal que eu o diga, pero son moi venerado en grecia, pois e pobo mariñeiro, e ó igual que outros rindenme culto porque queren ter un viáxe seguro (por mar eh, non vaiades pensar que estou falando por terra, ahí xa ai outros deuses). En fin non sei que máis contarvos de min, pero xa me dirá Susana se debo engadir máis cousas ou cometin erros. Veña rapaces, ata outra.


Rodrigo_(3ºD)

12/03/09

Hermes

Ola, son un deus olímpico; en Grecia chámanme Hermes e en Roma Mercurio. Son o deus dos camiñantes, e o que manteño a paz xa que como son o deus dos caminantes, protexo ós viaxeiros e casígoos tamén cando fan algo mal por iso cando os de Atenas fai algúns anos facían expedicións rendíanme culto; tamén son o deus do comercio, e por ahí din que o dos roubos bueno non é de todo certo pero a verdade un pouco si que o son xa que nada máis que nacín escapeille a miña nai e fun roubarlle as ovellas a meu irmán Apolo, bah e alguhna gamberrada máis por ahí!! Jeje. Ademais tamén me encargo de levar as almas dos mortos ó inferno, por iso me chaman Hermes Psicopompo, e son o heraldo dos deuses, teño que falar públicamente nas asmblas e noutras ocasións. Por certo tamén me consideran o protector dos animais sacrificiais. A verdade son bastante famoso e represéntanme varias veces e para dicir a verdade non o fan nada mal xa que me poñen todo o que levo: sandalias con alas, sombreiro de ala ancha ó que eu chamo pétaso, caduceo que é una vara de ouro, ás veces un cordeiro a hombros una lira ou frauta que por certo estes dous últimos inventeinos eu, tamén inventei varios tipos de carreiras e deportes de loita. Bueno que se me olvidou una cousa moi importante son fillo de Zeus e de Maia e tamén dicir que son moi astuto xa que para ser deus de todo isto hai que selo. Jeje. Por certo os atenienses tiñan no meu honor unha herma que é unha pedra rectangular que arriba ten a miña cara e no medio os meus xenitais, bueno xa que en Grecia non se escandalizaban por estas cousas como fan noutros lugares, son sagradas para eles xa que un día un político chamado Alcibíades os rompeu e castigárono duramente.

10/03/09

Teatro en Lugo


Hoxe fumos a Lugo a ver Las Bacantes de Eurípides e Lisístrata de Aristófanes, que abrían a nova tempada do Festival de Teatro Grecolatino. A representación das dúas obras estivo a cargo do Grupo Hypnos, de Córdoba e foi espléndida. Coa súa interpretación entregada, este grupo conseguiu achegarnos unha traxedia difícil como As Bacantes, e facernos comprender esa dor humana, ese sufrimento inevitable no que se centran as traxedias gregas. Chamounos a atención especialmente o coro coa súa coreografía e a súa cor, ¡que ben nos trasmitiu co seu "evohé" esa ambigüidade de Dioniso, deus libertador que outorga a alegría, pero tamén deus do exceso e da loucura!

Pero non podemos dicir menos de Lisístrata, onde practicamente os mesmos actores que pola mañán nos trasmitiron ese πάθος ou paixón, fixéronnos rir a gargalladas. Foi unha representación moi axeitada para o día da muller traballadora, aínda que xa sabemos que non nos podemos fiar moito do feminismo de Aristófanes.
No IES de Melide xa levamos moitos anos asistindo a este festival de teatro, e temos que decir que se supera cada vez, xa que calidade dos grupos participantes é impresionante.
Ademais das representacións, fixéronse entrega dos premios do concurso Odisea a dous grupos do IES de Ames e a un do IES Fontexería de Muros. A ver si un ano destes recollemos algún nós!
Queremos recordar que todas estas actividades están organizadas pola Sociedade de Estudos Clásicos na súa sección galega.
Por último, que máis pode pedir unha profesora, que nun día de traballo ve un dos seus espectáculos favoritos, na compaña de 23 alumnas que saben estar a altura dun acto coma este e, ademais, disfrutan del?

08/03/09

Artemisa

A que estou guapa?
Ola rapaces! Que tal polo instituto? Pois nada, que me gustou este blog e gustaríame que soubérades de min. O meu nome grego é Artemisa, aínda que os romanos me chamaban Diana. Son filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo.
Son a deusa da caza, dos animais salvaxes, da creación, da castidade e tamén dos partos, pois axudei a miña nai no parto de meu irmán. E fíxeno moi ben! Modestia a parte!jaja! De ahí que me chaman a Luminosa. Soa ben non? Agora claro con todos os hospitais que hai xa non axudades como facía eu. Por que, a que estou no certo ó pensar que no voso instituto non hai ningunha deusa dos partos?
Son unha deusa virxen, non quero ós homes para nada, total son todos iguais e hai moitos que non nos merecen verdade rapazas? Tamén estou relacionada ca Lúa. Adorábanme en toda Grecia, pero os meus lugares de culto máis famosos son Braurón, Muniquia e Esparta.
Normalmente, no arte grego clásico, aparezo representada coma unha cazadora con vestido curto, botas de caza, arco e frechas. Soio ter ó lado un can de caza ou un cervo.
Hera, a verdadeira esposa de papá, prohibiu que miña nai dera a luz onde dera o sol, polo que Zeus enviou ó vento para que collera a miña nai e a levara a onde Poseidón. Éste cubriuna cas olas e finalmente nacemos meu irmán máis eu.
Non me quero enrrollar moito máis porque o mellor se vedes moita letra non vos apetece coñecerme. Voume despedir contándobos un dos meus mitos:
Hai xente que di que eu enviei un escorpión a Orión para matalo debido a súa soberbia e porque decían que era o mellor cazador; outros din que eu estaba moi namorada del e que meu irmán, por celos ou para protexerme, enganoume e retoume a un duelo de disparo de frechas contra un punto, aparentemente ó azar, pero que realmente era Orión, e acabeino matando.
Pero isto só é o que din eh...

Patri _(3ºA)

16/02/09

Edipo, a loita contra o destino

Máis que un heroe mitolóxico, Edipo é un heroe tráxico, un home que loita contra o seu destino e, polo tanto, está condenado ao fracaso, xa que o destino está por riba de deuses e homes. Entre outras fontes, coñecemos o mito de Edipo a traveso da traxedia de Sófocles Edipo Rei. Nesta obra preséntasenos a un home xusto, o rei de Tebas Edipo, que trata de averiguar cal é a causa pola que a súa cidade sofre unha peste. No curso da investigación Edipo descubrirá cousas terribles que traerán a destrución da súa casa. Poderíamos dicir que esta é unha das primeiras historias policíacas da literatura occidental.
Mentres ves a presentación, podes escoitar esta "Epopeya de Tebas", de Les Luthiers en clave cómica.

15/02/09

Perseo, o matador de Medusa

Perseo era un auténtico heroe, fillo de Dánae e do propio Zeus. Dánae fora encerrada polo seu pai nunha torre para que non tivese fillos, pois estaba predestinado que un fillo dela mataría ao seu avó. Zeus non pode resistir ante a beleza de Dánae e sedúcea en forma de chuvia de ouro. Cando nace Perseo, el e a súa nai son guindados ao mar dentro dunha arca, para evitar que se cumpra o oráculo. Ambos conseguen chegara sanos e salvos á illa de Sérifos e aquí empezarán os problemas de Perseo, un fillo de solteira que terá que protexer á súa nai do acoso masculino. Terá que realizar unha misión imposible para librar á súa nai dun pesado pretendente: matar a Medusa, monstro mariño que petrificaba coa súa mirada.

11/02/09

Xasón e os Argonautas, a primeira gran viaxe

Despois da breve interrupción polo concurso Odisea e agardando aínda o desenlace, volvemos a nosa tarefa. Agora imos ver outro gran heroe: Xasón, rei de Iolcos, en Tesalia. Para recuperar o seu trono, Xasón deberá partir a lonxana e misteriosa Cólquide (actual Xeorxia) na busca do vélaro de ouro. Para elo constrúe, coa axuda de Atenea, a primeira gran embarcación que recordan os gregos, a nave Argos. Xuntará a mellor tripulación para a súa viaxe, os Argonautas. Cando chegue ao seu destino, topará con novas dificultades.

04/02/09

Facendo a nosa Odisea




Estes días en cultura clásica e grego de 1º de BAC estamos participando no concurso Odisea. Como xa explicabamos nun artigo anterior, é xa o terceiro ano que competimos e notamos que os que competimos nos anos anteriores imos collendo o "tranganillo" e atopamos con máis facilidade as respostas. Outros aínda temos que practicar máis con google e outros buscadores. Temos que aprender dunha vez que San Google non é un "respondedor" de preguntas, senón un buscador de palabras e o importante é teclear as palabras clave. É imprescindible ler ben a pregunta e cando atopemos unha posible resposta comprobrar sempre si se axusta ás pistas que da a pregunta en cuestión. Tampouco hai que esquecer que, aínda que na rede temos unha chea de recursos e bos lugares para consultar, temos algúns libros na biblioteca que son fáciles de manexar e conteñen información moi precisa. Estamos un pouco nerviosos/as co preguntón do xoves, pero estamos practicando coas preguntas dos anos anteriores. O ano pasado un equipo de Melide conseguiu chegar ao desempate. Conseguirémolo de novo este ano?

31/01/09

II Liga de Debate. Unha nova escola sofista?


Nestes días está tendo lugar en Santiago a II Liga de Debate, na que participan 48 equipos de toda Galicia. O ano pasado o equipo do IES de Melide chegou aos cuartos de final, e volvemos tentalo este ano cun equipo composto por Carlota, David, Manuel e Xisela, capitaneados outra vez por Lidia.
Este ano o tema a debatir é Axuda ao desenvolvemento: ¿o peixe ou a cana?, aínda que para fase final haberá outro tema diferente: Están as Administracións Públicas afrontando eficazmente o problema do consumo de drogas (legais e ilegais) nos adolescentes?.
O equipo gañador será aquel que sexa capaz de argumentar mellor sobre calquera das dúas opcións que lle toque defender. Polo tanto, o que se pretende e fomentar o debate competitivo e o enfrontamenteo dialéctico entre os nosos estudiantes, que saiban convencer coa palabra independentemente da súa postura persoal sobre un tema calquera.
A importancia do dominio da palabra no mundo actual é indiscultible, senón que lle pregunten a Obama. Os gregos, en concreto os democráticos atenienses, tiñan isto moi claro e crean a retórica, definida como a arte do ben falar para conseguir a persuasión do destinatario. Os primerios mestres de retórica foron os sofistas, que eran ensinantes profesionais deste "ben falar". Os seus discípulos, que con frecuencia buscaban o triunfo na política, serían os futuros dirixentes da polis si conseguían convencer coa palabra na Asemblea. Tamén recibían unha boa formación en retórica aqueles que se dedicaban a defender causas nos tribunais de xustiza.

Algúns recordarán As Nubes de Aristófanes, comedia que limos e vimos representada en Lugo o ano pasado. Nela o autor arremete contra Sócrates, a quen identifica erroneamente cos sofistas, colocándoo ao fronte dunha escola que ensina aos mozos a defender argumentos inxustos. Aquí recurre o protagonista, un vello agobiado polas débedas causadas pola afición do seu fillo ás carreiras de cabalos. O noso protagonista sabe que só un argumento inxusto o poder librar dos tribunais, polo que pon ao langrán do seu fillo a estudar a súa propia defensa. A cousa sae ben e consegue librase das débedas grazas á labia do rapaz, pero tan ben aprende este o argumento inxusto, que nel atopa boas razóns para zouparlle ao pai. O pai, desesperado, queima a escola socrática.

A pesares destes "perigos" da retórica, dende aquí facemos unha forte aposta polo noso super equipo e desexamos que atopen os mellores argumentos para derrotar ao contrario. Mentres sexan as palabras e non as bombas as que convenzan, todo vai ben.

27/01/09

Orfeo, un heroe diferente

Orfeo non era un heroe do estilo de Heracles ou Teseo. Non estaba "cachas" ni era rei de ningún lado. Orfeo era máis ben un heroe intelectual, un artista. As súas armas eran a poesía e a música, e con elas, ás veces, conseguía máis cousas que Heracles coa súa incrible forza. Vota unha ollada e completa as actividades de aula. Podes completar información buscando na rede.

Orfeo
View more presentations or upload your own. (tags: música órficos)

26/01/09

Teseo e o ciclo cretense

Seguindo o noso estudio dos heroes, aquí tedes información sobre Teseo para facer as actividades de aula.

O horóscopo e a mitoloxía

Como o 2009 é o Ano Internacional da Astronomía, nós quixemos facer a nosa aportación, relacionada como sempre coa cultura clásica. Unhas semanas atrás estivemos traballando na clase relacionando os signos do zodíaco coas súas características e as súas correspondentes explicacións mitolóxicas. Cada unha de nós preparou a presentación do seu signo, e este é o resultado.

Obama, ο νέος πλανητάρχης

Πλανητάρχης é unha simpática palabra coa que actualmente os gregos designan ao presidente dos EEUU. En grego moderno pronúnciase algo parecido a "planitárjis", xa que a η, eta, pasou a pronunciarse "i", ou sexa, a ser "ita" (por iso este fenómeno fonético denomínase itacismo). Pero a nós o que nos interesa é a palabra en sí, xa que contén dúas raíces do grego clásico, πλανήτης e ἀρχή, que temos noutros helenismos da nosa lingua.
Por outra banda, velaí ao noso παλνητάρχης termando do mundo, nunha viñeta de Fernando Vicente, que saíu publicada en El País do 25-1-09 para ilustrar o artigo de Vargas Llosa Obama en la casa Blanca. É indubidable que esta imaxe nos recorda algo, algo relacionado coa mitoloxía. Aí vai, logo un traballiño:
- Para 1º e 2º de BAC un traballo de etimoloxía:
  1. Buscar o significado das dúas palabras gregas que compoñen πλανητάρχης e traducir literalmente o seu significado.
  2. Buscar helenismos na nosa lingua que conteñan cada unha destas raíces, παλνήτης e ἀρχή (alomenos dous de cada palabra).
  3. Intentar crear con estas dúas raíces gregas unha palabra equivalente na nosa lingua (logo podemos propñela á RAG ou á RAE, a ver si a aceptan)
- Para 3º e 4º de ESO un traballo de mitoloxía:

1. Averiguar a que personaxe mitolóxico fai referencia esta viñeta de Obama. Para elo ten en conta as seguintes pistas:
  • Era un titán, fillo de Xapeto e, polo tanto, irmán de Prometeo.
  • Por rebelarse contra os deuses na titanomaquia, Zeus castigouno a ter que cargar contra cos ceos
  • O seu nome propio utilizámolo como nome común, para designar un libro que contén mapas.
2. Nunha ocasión, o noso titán puido librarse por pouco tempo da súa carga, xa que conseguiu que un forzudo heroe o substituíse. Pero este heroe tiña moitos traballos que facer, polo que enganouno e o pobre titán volveu de novo ao seu choio. De heroe se trataba?
3. Averiguar que personaxe mitolóxico o convertiu en pedra, dando lugar a un importante accidente xeográfico no norte de África.

Para dar a túa resposta, fai un comentario a este artigo e non esquezas poñer o teu nome, para que a profe che poda subir a nota. Date presa, porque só os primeiros comentario coas solucións correctas serán publicados e terán dereito a subida de nota.

22/01/09

Viaxe a Grecia

Para descansar un pouquiño e para que a uns cantos se lle vaia abrindo o apetito, aquí vai un pequeno anticipo da viaxe que faremos o IES de Melide xunto co IES Alfredo Brañas de Carballo e o IES de Ames. Só faltan dous meses, non queda nada!

Ver mapa más grande