VENITE, VENITE IN POMPAM ROMANARUM ET GRAECARUM VESTIUM!!
MODA NO I
View more presentations from Susana Losada.


co traballo e facilidades que nos deu a Domus Baebia Saguntina, organizadora deste gran evento, queremos entregarlle unha tessera hospitalis como mostra de afecto, inspirándonos no modo de facer pactos de amistade os pobos romanizados da Gallaecia. Gonzalo Fernández, o profe de Plástica, axudounos copiando a famosa Tessera Hospitales do Courel, que está no museo de Lugo, e nos adaptamos o texto latino. Velaí tedes o orixinal (fotografía de Álvaro P. Vilariño), para poder apreciar mellor o magnífico traballo de Gonzalo.
A semana pasada, concretamente o 18 de febreiro, o expresidente Aznar facía este xesto a un grupo de estudantes da Universidade de Oviedo que o recibían dun xeito pouco cariñoso. Non imos entrar a valorar esta resposta nin ao seu protagonista, porque pouco ou nada ten que ver coa cultura clásica, obxecto do noso blog.
Con este título sensacionalista o xornal El País infórmanos, na súa sección de cultura, dunha exposición sobre Eros ( Ἔρως, o amor) que acolle o Museo de Arte Cicládica en Atenas ata o 5 de abril. En realidade o título da exposición é "Eros dende a Teogonía de Hesíodo ata a antigüidade tardía". O título do xornal pretende ter tirón (e o certo é que servidora acudiu enseguida) porque xunta dos termos ben coñecidos: sexo, sobre todo, e Homero, que debe ser o escritor grego máis coñecido pola maioría (ou minoría...); aínda que é certo que as obras homéricas non destacan, precisamente, polo seu culto ao sexo. Hesíodo é un poeta posterior a Homero, e na escolla do título os organizadores da exposición mostran un matiz cronolóxico importante en canto á documentación dos 280 obxectos que se nos amosan, datados entre os s. VI a IV a. C.


Rodrigo_(3º D)
A Apoloxía de Sócrates é unha das primeiras obras de Platón, ese filósofo grego do s. V a. C. tan coñecido para os/as de 2º de BAC, que están estes días a todo repasar para selectividade (Estudiade Platón, que cae seguro!). Para facerlles máis levadeira a tarefa aos nosos ex-alumnos/as, presentamos unha banda deseñada, realizada por Tabaré Santellán, un alumno de BAC do IES de Ames, que resume magnificamente en catro folios o contido da obra e a filosofía de Socrates. Nela Platón danos a súa versión de como Sócrates se defendeu a si mesmo tras ser acusado de impiedade, por desprezar aos deuses da cidade, e de corromper á xuventude ateniense. Como ben saben algúns (polo menos as de grego de 2º ), a pesares desta defensa, Sócrates foi condenado a beber a cicuta, morrendo no 399 a. C. A condena e morte de Sócrates, un cidadán xusto, convertiuse nun dos feitos máis contovertidos da antiga Grecia. Dende aquí os nosos parabéns a Tabaré, con quen algúns profes e alumnos/as do IES Melide tivemos a sorte de compartir a nosa viaxe a Grecia.