31/01/09

II Liga de Debate. Unha nova escola sofista?


Nestes días está tendo lugar en Santiago a II Liga de Debate, na que participan 48 equipos de toda Galicia. O ano pasado o equipo do IES de Melide chegou aos cuartos de final, e volvemos tentalo este ano cun equipo composto por Carlota, David, Manuel e Xisela, capitaneados outra vez por Lidia.
Este ano o tema a debatir é Axuda ao desenvolvemento: ¿o peixe ou a cana?, aínda que para fase final haberá outro tema diferente: Están as Administracións Públicas afrontando eficazmente o problema do consumo de drogas (legais e ilegais) nos adolescentes?.
O equipo gañador será aquel que sexa capaz de argumentar mellor sobre calquera das dúas opcións que lle toque defender. Polo tanto, o que se pretende e fomentar o debate competitivo e o enfrontamenteo dialéctico entre os nosos estudiantes, que saiban convencer coa palabra independentemente da súa postura persoal sobre un tema calquera.
A importancia do dominio da palabra no mundo actual é indiscultible, senón que lle pregunten a Obama. Os gregos, en concreto os democráticos atenienses, tiñan isto moi claro e crean a retórica, definida como a arte do ben falar para conseguir a persuasión do destinatario. Os primerios mestres de retórica foron os sofistas, que eran ensinantes profesionais deste "ben falar". Os seus discípulos, que con frecuencia buscaban o triunfo na política, serían os futuros dirixentes da polis si conseguían convencer coa palabra na Asemblea. Tamén recibían unha boa formación en retórica aqueles que se dedicaban a defender causas nos tribunais de xustiza.

Algúns recordarán As Nubes de Aristófanes, comedia que limos e vimos representada en Lugo o ano pasado. Nela o autor arremete contra Sócrates, a quen identifica erroneamente cos sofistas, colocándoo ao fronte dunha escola que ensina aos mozos a defender argumentos inxustos. Aquí recurre o protagonista, un vello agobiado polas débedas causadas pola afición do seu fillo ás carreiras de cabalos. O noso protagonista sabe que só un argumento inxusto o poder librar dos tribunais, polo que pon ao langrán do seu fillo a estudar a súa propia defensa. A cousa sae ben e consegue librase das débedas grazas á labia do rapaz, pero tan ben aprende este o argumento inxusto, que nel atopa boas razóns para zouparlle ao pai. O pai, desesperado, queima a escola socrática.

A pesares destes "perigos" da retórica, dende aquí facemos unha forte aposta polo noso super equipo e desexamos que atopen os mellores argumentos para derrotar ao contrario. Mentres sexan as palabras e non as bombas as que convenzan, todo vai ben.

27/01/09

Orfeo, un heroe diferente

Orfeo non era un heroe do estilo de Heracles ou Teseo. Non estaba "cachas" ni era rei de ningún lado. Orfeo era máis ben un heroe intelectual, un artista. As súas armas eran a poesía e a música, e con elas, ás veces, conseguía máis cousas que Heracles coa súa incrible forza. Vota unha ollada e completa as actividades de aula. Podes completar información buscando na rede.

Orfeo
View more presentations or upload your own. (tags: música órficos)

26/01/09

Teseo e o ciclo cretense

Seguindo o noso estudio dos heroes, aquí tedes información sobre Teseo para facer as actividades de aula.

O horóscopo e a mitoloxía

Como o 2009 é o Ano Internacional da Astronomía, nós quixemos facer a nosa aportación, relacionada como sempre coa cultura clásica. Unhas semanas atrás estivemos traballando na clase relacionando os signos do zodíaco coas súas características e as súas correspondentes explicacións mitolóxicas. Cada unha de nós preparou a presentación do seu signo, e este é o resultado.

Obama, ο νέος πλανητάρχης

Πλανητάρχης é unha simpática palabra coa que actualmente os gregos designan ao presidente dos EEUU. En grego moderno pronúnciase algo parecido a "planitárjis", xa que a η, eta, pasou a pronunciarse "i", ou sexa, a ser "ita" (por iso este fenómeno fonético denomínase itacismo). Pero a nós o que nos interesa é a palabra en sí, xa que contén dúas raíces do grego clásico, πλανήτης e ἀρχή, que temos noutros helenismos da nosa lingua.
Por outra banda, velaí ao noso παλνητάρχης termando do mundo, nunha viñeta de Fernando Vicente, que saíu publicada en El País do 25-1-09 para ilustrar o artigo de Vargas Llosa Obama en la casa Blanca. É indubidable que esta imaxe nos recorda algo, algo relacionado coa mitoloxía. Aí vai, logo un traballiño:
- Para 1º e 2º de BAC un traballo de etimoloxía:
  1. Buscar o significado das dúas palabras gregas que compoñen πλανητάρχης e traducir literalmente o seu significado.
  2. Buscar helenismos na nosa lingua que conteñan cada unha destas raíces, παλνήτης e ἀρχή (alomenos dous de cada palabra).
  3. Intentar crear con estas dúas raíces gregas unha palabra equivalente na nosa lingua (logo podemos propñela á RAG ou á RAE, a ver si a aceptan)
- Para 3º e 4º de ESO un traballo de mitoloxía:

1. Averiguar a que personaxe mitolóxico fai referencia esta viñeta de Obama. Para elo ten en conta as seguintes pistas:
  • Era un titán, fillo de Xapeto e, polo tanto, irmán de Prometeo.
  • Por rebelarse contra os deuses na titanomaquia, Zeus castigouno a ter que cargar contra cos ceos
  • O seu nome propio utilizámolo como nome común, para designar un libro que contén mapas.
2. Nunha ocasión, o noso titán puido librarse por pouco tempo da súa carga, xa que conseguiu que un forzudo heroe o substituíse. Pero este heroe tiña moitos traballos que facer, polo que enganouno e o pobre titán volveu de novo ao seu choio. De heroe se trataba?
3. Averiguar que personaxe mitolóxico o convertiu en pedra, dando lugar a un importante accidente xeográfico no norte de África.

Para dar a túa resposta, fai un comentario a este artigo e non esquezas poñer o teu nome, para que a profe che poda subir a nota. Date presa, porque só os primeiros comentario coas solucións correctas serán publicados e terán dereito a subida de nota.

22/01/09

Viaxe a Grecia

Para descansar un pouquiño e para que a uns cantos se lle vaia abrindo o apetito, aquí vai un pequeno anticipo da viaxe que faremos o IES de Melide xunto co IES Alfredo Brañas de Carballo e o IES de Ames. Só faltan dous meses, non queda nada!

Ver mapa más grande

16/01/09

Concurso Odisea

Que agardades para apuntarvos ao concurso Odisea?. Como xa sabedes, por outros anos, é un concurso en liña, organizado pola SEEC (Sociedade Galega de Estudios Clásicos), que terá lugar do 2 ao 5 de febreiro. Consiste en responder a preguntas relacionadas coa cultura clásica que van saíndo cada día na páxina da SEEC. O último día a pregunta é máis complicada, en realidade é un preguntón: moitas preguntas é coas iniciais das respostas fórmase unha palabra clave. A verdade é que as preguntas non son fáciles, pero o ano pasado conseguimos chegar á fase final e, sobre todo, pasámolo moi ben e aprendimos moito. Os premios son pelas, que nunca veñen mal, sobre todo ás que estades apuntadas á viaxe a Grecia. Aquí podedes ver as bases do concurso con todo detalle. Veña, que so temos ata o día 30 de xaneiro para inscribirnos.

15/01/09

Morte e resurección na mitoloxía sumeria: Ishtar e Tammuz

Tammuz, desposado coa deusa Ishtar (señora do firmamento, deusa do amor e da guerra) é un deus da fertilidade e do milagro das colleitas.
Conta unha lenda que a deusa Ishtar descendeu ós infernos para salvar a Tammuz da morte, dándolle de comer froitas. Mentres el estivo nos infernos, a vexetación marchitou, pero cando Ishtar o rescatou, a vexetación volveu florecer.
Na cultura sumeria, a recolleita dos cultivo simboliza a morte da Tammuz mentres que a sembra, explicanos a súa resurreción.

13/01/09

Morte e resurección na mitoloxía grega: Perséfone e Deméter

Acabamos de estudiar en clase o mito de Perséfone, filla da deusa das colleitas Deméter. Hades, deus dos Infernos e irmán de Deméter, namorase da súa sobriña e, considerando o sozinho que estaba alí abaixo e a posiblidade -ben fundada- de que á rapaza non lle fixese moita gracia a súa compaña, decide raptala.
Deméter, desesperada, busca á súa filla e non a atopa por ningures. Grazas a un soplo de Triptólemo, entérase de que Perséfone está no Hades co seu irmán, o moi desgraciado!. Entón, recurre ao seu outro irmán, Zeus, e pai putativo da raparariga e suplícalle que lle devolvese á súa filla. Pero nos Infernos quen manda era Hades e, agora que por fin ten unha raíña, non está disposto a renunciar a ela.
Ata tal punto sofre Deméter a ausencia da súa filla, que descoida as súas tarefas, os homes deixan de colleitar e comezan a morrer de fame.
Ante tal situación de crise, Zeus decide intervir e permite a Perséfone voltar á terra coa súa nai se non tomou ningún alimento nas mansións de Hades. Pero resulta que Perséfone comera sete pebidas de granada! e agora? Pois, Zeus, que ao fin ao cabo non quere ver morrer aos homes (se non, a quen lle ía lanzar el os raios?) busca un apaño: Perséfone pasará sete meses ao ano, un por cada pebida, co seu esposo no Hades, e os cinco restantes coa súa nai Deméter. Entón, cando volve a súa filla do Hades, Deméter está feliz e fai que a terra produza e se encha de froitos. Pero cando a filla a abandóaa, súmese nunha profunda depresesión e abandoa ela tamén o seu traballo, deixando á terra sen vida.
Perséfone ven sendo como a semente, que está "morta" varios meses ao ano para logo na primavera rexurdir con forza. Unha vez máis volvemos a comprobar como a mitoloxía era un xeito de entender o mundo e buscar explicacións, neste caso de fenómenos naturais como os ciclos naturais de producción ou estacións do ano.
Coñecemos mitos de outras culturas ou relixión que traten tamén a morte e a resurección para explicar isto mesmo? Agardamos as vosas colaboracións.

Heracles

Heracles ou Hércules era un dos heroes máis importantes da mitoloxía grega. Fillo de Zeus e unha mortal, Alcmena, representaba a forza física empregada para liberar ao mundo e aos homes de monstros. A figura de Heracles está moi presente en todo o Mediterráneo e identificouse con héroes doutras culturas. A nosa cultura abunda en lugares e monumentos relacionados con Hércules ou Heracles. Recordas algún?

Deuses menores e seres míticos

Seguindo co noso esquema de traballo, imos agora a ver outros deuses e divindades secundarias, non por elo menos importantes. Na presentación tamén temos outros seres da mitoloxía grega, como sereas, sátiros, centauros... que están presentes en moitos mitos. Non esquezas que nesta presentación podes consultalos.

06/01/09

A cabeza de Medusa

Con este título de resonancias mitolóxicas, ven de publicarse a última novela de Marilar Aleixandre, premio da Fundación Caixa Galicia 2008. Nela cóntasenos a historia de Lupe e Sofía, dúas estudantes de 2º de Bac que son violadas ao voltar dunha cea de entroido cos seus compañeiros de instituto. Ao igual que Medusa, as dúas rapazas descubrirán como moitos non se atreven a miralas de fronte e sufrirán a súa propia cabeleira de serpes, debaténdose entre denunciar a agresión ante a xustiza ou rendirse ante as presións do entorno, especialmente dos seus propios compañeiros de instituto. Avanzando as súas páxinas atopámonos con situacións familiares: a vida cotiá no instituto, profes, clases, broncas... sen que falten ligues e amores.
A autora fai un acertado tratamento do mito da Medusa, no que, ao igual que en moitas sociedades actuais, castígase á muller agredida e non ao agresor. Marilar segue a versión do poeta latino Ovidio, quen na súa obra Metamorfoses refírenos como Medusa era una fermosa muller castigada por Atenea (Minerva) cando foi violada por Poseidón no seu templo. A deusa fixo que a súa cabeleira se transformase en serpes e que os seus ollos convertesen en pedra a quen a miraba.

A escritora xa se achegara a mitoloxía clásica e, en concreto, ao poeta Ovidio na súa obra "Mudanzas" (Pen Clube, 2007), poemario inspirado nas "Metamorfoses".

20/12/08

Os deuses olímpicos

Despois de pasar unha tempada investigando sobre as distintas unións de Zeus, imos estudiar os principais deuses, os chamados "deuses olímpicos", porque estaban alá moi felices, no monte Olimpo de banquete en banquete, bebendo néctar e ambrosía. Agora van ser os de 3º de ESO os que fagan un post sobre cada un dos deuses, ou sexa que ide quentando motores para comezar o novo ano co blog. De momento tedes información suficiente para completar as actividades do caderno. E aí vai unha felicitación en grego:

καλά Χριστούγεννα και Χρὀνια Πολλά

(un punto máis para quen traduza isto ben!)
Deuses Olímpicos
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: hades dioniso)

17/12/08

Reivindicacións na Acrópole


Este é o aspacto que amosou a Acrópole de Atenas hoxe, martes 16 de decembro, dende primeiras horas da mañá. Un grupo de estudiantes depregaron este gran pano no muro noreste da Acrópole, visible dende moitos puntos da cidade. Na pancarta faise un chamamento á resistencia, "αντίταση", para mañán, 18 de decembro, día europeo da solidariedade.
Dende a morte dun rapaz de 15 anos, o pasado 6 de decembro, a causa dun disparao da policía, estanse a producir en Grecia numerosas e violentas protestas. Os protagonistas destes conflitos son os estudiantes, en moitos casos secundados por profesores e cidadáns en xeral.
Que está a pasar? Foi só a morte de Alexis Grigoropulos o que motivou esta "revolta"? Son indudables os efectos da crise económica mundial nun país coma Grecia, onde o custe da vida é semellante a España, mentres que o salario medio anda polos 700 € (Un mestre gaña 1.100 € ao mes). Pero, por outra banda, compre saber que pasa co sistema educativo grego. Antes do ingreso dos novos países membros da UE, o presuposto de educación en Grecia era un dos máis baixos dos países europeos. Para facernos unha idea, basta como exemplo o feito de que é practicamante imposible que un estudiante grego aprobe o equivalente á selectividade, sen pasar un ano por una academia privada, xa que os centros públicos non preparan para o ingreso na universidade.
Que pasou con aquela Grecia tan preocupada pola educación dos mozos, tal como nos conta Aristófanes nas Nubes?

Rematando coas amantes de Zeus

Para rematar co traballo deste trimestre, que vos parece este video titulado "Amores de Zeus"? Seremos quen de facer algo parecido a isto algún día?

13/12/08

Zeus - Leto

Leto era filla dos titáns Febe e Ceo, nai de Artemisa (deusa da caza) e Apolo (deus da adiviñación, das artes e da música). Foi unha das moitas amantes de Zeus. Hera desterrouna e todos os países e illas negáronse a darlle a Leto un fogar para que naceran os seus fillos, por temor a unha posible vinganza de Hera, pero logo dunha longa viaxe chegou a insua (illa flotante) de Delos, no mar Exeo, alí Leto pediu aloxamento e recibiu a hospitalidade dos seus habitantes. No momento en que Leto recibiu a hospitalidade dos habitantes de Delos surxironlle catro columnas dende o fondo do mar que a deixaron firmemente anclada para sempre, e pasou de ser unha insua a ser unha illa. Na illa de Delos naceron os seus dous fillos xemelgos Apolo e Artemisa. A illa de Delos dende eso momento foi a illa sagrada de Apolo.
(Fonte: Enciclopedia Encarta)

12/12/08

Zeus e Dánae

Dánae era filla de Acrisio, rei de Argos.
Este, debido a carencia de descendencia de fillos varóns, acudiu a un oráculo para saber se esto cambiaria. O oráculo díxolle, "Serás asasinado por un dos teus netos".
Para que isto non sucedese, encerrou a Dánae nunha torre de bronce ou nunha cova.



Zeus namorouse tolamente de Dánae, e para seducila e lograr introducirse dentro da súa prisión, convertiuse nunha nunha choiva de ouro(símbolo do poder e seducción da riqueza)
Trala union, Dánae quedou embarazada de seu fillo Perseo.
Acrisio cheo de ira, abandona a fillo e nai no mar dentro dun cofre de madeira. Para que Dánae e Perseo sobreviviran, Zeus pediulle a seu irmán Poseidon que calmase as augas dos mares, e ambos sobreviviron.
Alcanzaron a costa da illa de Sérifos, donde foron recollidos por Dictis, irmán do rei da illa, Polidectes, quen criou a Perseo.

Máis tarde despois de que Perseo matase a Medusa e rescatase a Androsena, cumpliuse a profecia do oráculo.



09/12/08

Zeus e Semele


Cadmo casa con Harmonía, fillo de Ares e Afrodita, e á voda acuden todos os deuses. Desta unión nace Sémele e Zeus uníndose coa xoven ten a Dionisos da seguinte maneira:
non habendo acabado a xestación do neno, Hera, ciumenta desta unión, facéndose pasar pola súa nodriza, convence a Sémele de que lle pida a Zeus que se mostre con toda a súa grandeza e o seu poder para saber si é realmente o pai dos deuses ou un farsante.

Entón Sémele pídelle a Zeus que lle conceda un deseo e que llo xure pola Estixe, Zeus comete o erro de facelo arrastrado polo desexo. Sémele pide velo en toda a extensión do seu poder. Zeus négase pero non pode negarse a cumplir a súa promesa. Nese momento cando o pai dos deuses fai unha demostración de todo o seu poder basado fundamentalmente en raios e lóstregos, que loxicamente reducen a cenizas á pobre Sémele sin que Zeus poda facer nada para impedilo.
Antes de ser consumida Sémele, Zeus extrae a criatura que está no seu ventre e para completar a súa xestación, introdúceselle no seu propio muslo donde o cose con moito coidado e de onde o sacará cando pasen os nove meses necesarios.

Desde o seu nacemento o neno ó que se lle chamou Dionisio ou Baco foi considerado deus inmortal pese a que era fillo dunha mortal, aínda que trala súa morte foi divinizada.

07/12/08

Zeus e Temis


Temis era filla de Urano e Xea e polo tanto, tía de Zeus. Temis era a deusa da orde e da xustiza e encargábase de rexilas leis. Dicíase que cando un mortal imcumpría as leis, ela advertía a Némesis, a deusa da discoradia, e esta castigábao. Foi a constructora do templo de Delfos.
A unión de Zeus e Temis é moi importante e simboliza " A Lei Suprema " pois o deus de todos os deuses esta a casar coa XUSTIZA. Temis era moi respetada e dicíase que era a titánide máis antiga. Ata Hera a respetaba e se dirixía a ela como "Señora Temis".
Desta unión nacen divinidades moi importantes tales como as Moiras ( Parcas ), as Horas e astrea.
As Moiras eran tres fiandeiras que tiñan no seu tear o destino dos mortais. Elas tiñan nas súas mans o principio e o fin da vida dos homes o cal estaba encarnado nos fíos do seu tear.
As Horas era as deusas das estacións do ano nun principio, pero logo foron consideradas coma as deusas da xustiza xunto coa súa irmá Astrea.
Astrea " a estrelada " era a portadora dos raios de Zeus. Era unha deusa alada e cunha coroa brillante e que levaba nas súas mans os raios de seu pai. Ela era totalmente fiel ó deus supremo e este agradecido decidiu honrala convertíndoa na constelación Virgo e permitíndolle ser virxe.

05/12/08

Zeus e Metis


Zeus únese a Metis, deusa da intelixencia e filla de Oceano e de Tetis e polo tanto curmá de Zeus. Foi quen lle proporcionou a Zeus un bebedizo para que llo dese a seu pai Cronos e así conseguir que este vomitase a todos os fillos que posteriormente devorara.
Metis foi o primeiro amor de Zeus e este, deixouna embarazada. Pero logo, un oráculo de Urano e Xea predixo que o segundo fillo que Zeus tivese con ela, íao destronar como fixera el con seu pai. Zeus, asustado pola predición, decide devorar a Metis. A partir de entón, Metis continuará albergando no seu interior ó seu fillo e este seguirase desenvolvendo, a pesar de estar no interior de seu pai. Isto provoca que o fillo do deus supremo adquira os seus coñecementos ancestrais.
Ó cabo dun tempo, Zeus sufre unhas terribles dores de cabeza e decide chamar a Hefesto, o ferreiro dos deuses, para que lle abrise a cabeza cunha acha e lle quitase a dor.
Da cabeza de Zeus nace entón Atenea, xoven e fermosa, completamente armada co seu casco e escudo. Atenea será, polo tanto, a deusa da sabiduría e da guerra ademais de ser un dos deuses do Olimpo.