08/05/09

Eneas e a súa viaxe.

Para ir pechando o ciclo Troiano e os contidos de mitoloxía deste ano presentamos a Eneas, un heroe máis ligado a mitoloxía romana que á grega. Eneas, fillo dun mortal e da deusa Afrodita, é un dos poucos troianos que consigue escapar á destrucción de Troia. Cuns poucos homes homes embárcase cara a Occidente e acabará fundando unha cidade no Lacio (centro de Italia). O seu fillo, Ascanio ou Iulo, fundará Alba Longa, da que varias xeracións máis tarde sairán Rómulo e Remo para fundar Roma.
Coñecemos as aventuras de Eneas a trevés de distintas fontes, pero a principal é Virxilio. Este foi un poeta romano do s. I a. C., que por encargo do emperador Augusto escribiu un poema épico para enxalzar as orixes de Roma. O poema, titulado a Eneida, entroncaba aos romanos co pasado heroico dos gregos por medio de Eneas e outorgaba ascendencia divina e prestixio á cidade facéndoos descender dos deuses Venus e Marte. Ademais, a familia Iulia, á que pertencía Augusto, aparecía como descendente do mesmo Iulo ou Ascanio. Virxilio quiso destruír o poema antes de morrer porque non estaba revisado, pero Augusto conseguiu salvalo e fíxoo publicar, chegando ata nós.

04/05/09

LISÍSTRATA EN KENYA

O pasado 1º de maio, lendo El Público, un dos meus xornais favoritos, vin un pequeniño artigo que me chamou a atención: "Huelga de sexo para forzar un acuerdo", que falaba sobre a situación política de Kenia. Este país está gobernado por un primeiro ministro, Raila Odinga, e un presidente, Mwai Kibaki, que firmaron un goberno de coalición para poñer fin ás eleccións fraudulentas de 2007 e á posterior onda de violencia. O goberno parece facer augas por un problema de reparto de poderes, mentres a poboación sofre un paro xeneralizado, grande inseguridade cidadá e carencia dos servizos máis básicos.
Fartas desta situación, as mulleres, lideradas por un grupo autodenomindao G-10, decidiron actuar facendo unha folga sexual de sete días para forzar un acordo entre as dúas partes. A última en engadirse foi Ida odinga, a esposa do primeiro ministro e o G-10 agarda que en breve se sume Lucy Kibaki, a esposa do presidente.
Parece como si as nosas compañeiras kenyanas lesen Lisístrata de Aristófanes e decidisen empregar o mesmo método que na comedia tería servido a atenienses e espartanas hai 2.500 anos para conseguir parar a guerra do Peloponeso. Terá o grupo G-10 e outras organizacións feministas de Kenya o poder de convocatoria da nosa Lisístrata, a "que disovía os exércitos"?
Máis información en: ABC, El Periódico, ELESPECTADOR.COM.

30/04/09

Mito de Isis e Osiris


Nut (deusa do ceo) tivo catro fillos con Geb: Osiris (rei dos mortos e as fontes da vida renovadas), a Seth, Isis (deusa da fertilidade e da mortalidade) e a Neftis.
Cando Osiris naceu, unha voz exclamou: "O Rei de todos naceu". Osiris converteuse nun gran rei, colaboru co seu pobo, adestrou os traballos agrícolas e na crianza dos animais. Este rei convertiu a Exipto nunha gran nación. O pobo comezou a adorar a terra que el pisaba. A súa esposa e irmá Isis seguiu o seu camiño.
Osiris tiña un gran inimigo, seu irmán Seth, envidioso e amargado.Seth con axuda de Aso encerraron a Osiris nun ataúde e tirárono ó río Nilo. Outra lenda di que o cortaron en pedazos.
Desde ese día non se volveu ver entre os vivos.
Os rogos e feitizos de Isis resucitaron a Osiris, quen chegou rei da Terra e dos mortos, deus da resurrección, símbolo da fertilidade e rexeneración do Nilo, era tamén o deus da vexetación e da agricultura, ademáis presidiu o tribunal dos difuntos na mitoloxía exipcia.
Horus, fillo de Osiris, derrotou a Seth nunha gran batalla.
Cada ano os exipcios celebran a morte e resurrección de Osiris que simboliza a resurrección da Terra.

Mitos de morte e resurección: O Cristianismo.

A Pascua cristiá celebra a morte e a resurección de Cristo. Esta celebración cristiá ten a súa orixe na pascua xudea, na que se celebraba a saída de Exipto do pobo xudeo baixo a guía de Moisés cara a terra prometida. Esta Pascua era o que celebraba Xesús e os seus disípulos na Última Cea, na que Xesús anunciou que un deles o traizoaría cun bico e así foi ó rematar a cea foron ó monte Getsmaní, onde Xudas Iscariote lle deu un bico para que o exército que viña o levara preso, despois crucificárono e sepultárono cuns gardas vixiando. O 3º día despois da súa morte resucitou e por quen primeiro foi visto foi por María Magdalena.
A Pascua crstiá celébrase o primeiro domingo despos da primeira lúa chea da primavera, ou sexa a partir do 21 de Marzo.
A morte e a resurección de Xesús representa a "resurección" da terra na primavera e a "morte" desta no inverno, xa que na primavera a terra é fértil e produce e no verán non é fértil e non produce.

23/04/09

Historia do libro

A proveitando que hoxe, 23 de abril, é o día do libro, queremos facer un breve repaso pola historia dese obxecto tan imprescindible para moitos de nós. O libro non foi sempre un obxecto cotiá, presente en todos os fogares e cómodo de ler e levar. Na antigüidade clásica o libro era un obxecto de luxo, só ao alcance duns poucos.
Bota unha ollada a esta presentación para coñecer a historia do libro e trata de imaxinar como sería a túa vida antes da aparición da imprenta, cando o libro era un obxecto de luxo só asequible a unha minoría.

22/04/09

HERA


Son Hera a esposa e irmán de Zeus. O meu nome romano é Xuno. Son filla de Cronos y Rea. A miña principal función é ser a raíña dos deuses e dos matrimonios. O meu emblema é o pavo real. Fun tragada ao nacer polo meu pai, Cronos, porque pensaba que un dos seus fillos arrebataríalle o trono. Só Zeus se librou de ser tragado é mais tarde liberounos a nós.

Zeus, o meu irmán, conquistoume convertíndose en cuco. Con el, e con ninguén máis por suposto, tiven catro fillos: Ares, deus da guerra, Hebe, deusa de la xuventude, Ilitia deusa dos partos e da maternidade e Hefesto. Cando naceu este pobre, como era tan deforme, guindeino do Olimpo e ao caer á terra quedou coxo. Acollérono os habitantes de Lemnos e el é o ferreiro dos deuses.
Son celosa e vengativa coas amantes e outros fillos de Zeus, porque el faime sufrir moito. Un dos descendencentes de Zeus que máis perseguín foi Heracles, acoseino todo o que puiden pero non conseguín nada, máis ben proporcioneille fama. De feito o seu nome, "Hera-klés" (Ἡρα-κλῆς), significa en grego "Famoso a causa de Hera".

Unha vez o príncipe troiano Paris tivo que elexir cal era a máis fermosa entre tres deusas, Afrodita, Atenea e eu. O moi condenado preferiu a Afrodita, a deusa do amor; por eso collinlle tanta rabia aos troianos e decidinme a axudar aos gregos na guerra de Troia, da que eles salirían vencedores.

Agora intento estar máis tranquila porque me respetan tanto deuses como os homes nos meus templos máis importantes, Argos e Micenas.

HADES



Ola a todos! eu son Hades, o meu nome romano è plutón, o deus do inferno. Meu pai é Cronos, miña nai é Rea e meus irmáns, como xa sabedes, son Zeus e Poseidón. Como o meus irmáns e máis eu conseguimos a vitoria sobre os nosos tíos os titáns na titonomaquia, repartimos entre nós o dominio do mundo: o ceo para Zeus, o mar para Poseidón e o inframundo para min.

O meu reino esta dividido en dúas rexiones: o Érebo, por onde os mortos pasaban diretamente despois da morte, e Tártaro , a rexión mas profunda, onde os titáns estan presos. Era un sitio infeliz, habitado por sombras e outras cousas máis. Habia un río que separaba o mundo subterráneo, do mundo superior e o meu amigo Caronte, o vello barqueiro, se encargaba de transportar as almas dos mortos através das augas. Tamén tiña como gardián o can o Cerbeiro, que tiña tres cabezas, non deixaba que saíran os mortos ni que entraran os vivos. Na escuridade, no subterráneo estaba o meu palacio. No meu inferno tamén hai castigos, como o de tártalo, tuvo que sufrir un horrible castigo por traicionar aos deuses. Colgando dunha árbore e con unha pedra encima. Asi aprenderia a non traicionar aos deuses. Eu tiña un casco que a quen llo puxera se volvia invisible. Unha vez presteillo a Perseo para que matara a Gorgona.


Para moitos, decir la palabra Hades xa era espantoso. Desta forma, me busqué un nombre para usar. Moitas persoas se referian a mim como Ploutos, que significa
"riqueza" en griego. Esto explica o nome que me deron os romanos: Plutón. Sófocles me chamaba “o rico” tamén me chamaban Climent ("tristemente célebre"), Eubuleo ("bon consexero") y polidegmon ("que recibo moitos nomes").

Todos os deuses me odiaban por ser o deus do inferno, polo rapto de Perséfone e bueno!!pero eu non era malo. Eu tamén podia ser capaz de amar a unha muller e cuidala con moito cariño. Pero non queria unha calquera,se non que quería a más bela e dulce,esa muller xa de sobra sabedes quen era, Perséfone,por eso a raptei. Cando a raptei meu irmao Zeus taba de acordo conmigo,porque xa saberedes que Zeus è o pai e Deméter è a nai, sabedelo non?bueno pois ,cando se enterou Demèter enfadouse moito,e ordenou a Zeus que a trouxera outra vez!e eu cedin ainda que me doeu moito. Cando ela se enterou marchou toda contenta,pero resulta que ao cabo do tempo,Perséfone comenzou a extrañarme.Eso xa vos sona non?porque ela sabia que eu en realidad era o único que a trataba como unha reina!porque para mim era a miña reina. Bueno pois fixemos todos un trato para que ela non extrañara a sua familia e ao mesmo tempo a mim. Pois no inverno ela estaba conmigo e no verán con sua nai,mais o seu pai.Bueno chicos non teño nada mais que contarvos non vos mareo mais,que debedes de estar cansados de ler e eu cansado de escribir!un beso cuidaros!

16/04/09

ZEUS

Eu son Zeus en Grecia, pero en Roma chámanme Xúpiter.
Son rei da terra e dos ceos, pai dos deuses, e deus dos homes. Goberno no máis alto do ceo.
Os meus emblemas son a aguia, o raio, o cetro...
Os meus pais son Cronos e Rea. Por ser fillo de Cronos algúnhas veces chamanme Crónida.
A miña nai foi dar a luz a illa de Creta, para que o meu pai non me comese o nacer, como fixera con todos os meus irmans.
A miña nai decidiu darlle unha pedra para que comese, e el pensou que era eu. Ela pediulle axuda a sua nai Xea, para que me escondese nunha das suas moradas na terra. Cando eu crecín destronei ao meu pai, e a súa vez liberei a todos os meus irmans, xa que o meu pai os comera enteiriños. Eu non me fixen así de importante do día para a mañá, tamén me custou. Tiven que loitar contra titáns e xigantes ata vencelos.

Son un deus ao que lle gustan moito as mulleres, aínda que tamén lle dou os homes, un pouco de todo. Poreso raptei a Ganimedes para que me servise as copas no Olimpo.
A miña esposa é Hera, coa que tiven catro fillos, dos que destacan Ares e Hefesto. Por certo, é demasiado celosa, pero a verdade é que creo que ten algúns motivos, xa que non é a única muller que me gusta, os meus amantes tráenme toliño.
Gústame moito transformarme para seducilas, e fíxeno moitas veces, como cando me transformei en choiva de ouro para Dánae, en cisne para Leda, en touro a Europa, ou cando mostrei todo o meu poder a Semele e foi fulminada por un raio. Debido a que ela estaba embarazada eu saquei o fillo e implanteino no meu muslo e de alí saiu Dionisio, o que convertín en deus do viño, da traxedia e da desmesura.
Tamen tiven fillos con algunhas destas amantes:
Metis: Atenea, a deusa da sabiduria e da guerra.
Temis: dela nacen as horas, deusas das estacións.
Mnemosine: nacen as 9 musas.
Eurínome: nacen as 3 gracias.
Leto: Apolo e Artemisa.
Maia: Hermes.
Alcmena: Heracles (Hercules)
Podería segir falando de min, xa que sempre estou metido en todo, e son un deus moi importante, pero necesitaria un blog enteiriño para min so.

15/04/09

Afrodita

Ola rapaces! Que tal?
Son Afrodita, Venus en Roma.
Deusa do amor e a beleza.
Son filla de Urano e Xea, nacín do semen de meu pai pero vouvos contar a historia completa.
O meu pai Urano non deixaba saír do interior da miña nai Xea a meus irmáns e entón Cronos castrouno e eu nacín do seu semen.
Os meus símbolos ou emblemas son: a cuncha, a pomba, a mazá e o carro tirado por cisnes.

Estou casada con Hefesto, pero como é tan feo teño uns cantos amantes como Ares, o home ó de verdade amo e foi co que me pillou un día o meu marido e co que tiven un fillo chamado Eros, Adonis co que paso 2/3 do ano, e algúns homes máis.
Hay unha lenda que di que son filla de Zeus e Dione, pero a min sempre me dixeron que era filla de Urano e Xea.

Bueno e non me enrollo moito máis porque seguro que tedes moito que facer.
Adeus.

02/04/09

Viaxe a Grecia 09



Escribimos agora xa dende Melide, despois de oito fantásticos días en Grecia.
Pasámolo moi ben a tódalas horas, divertímonos moito, e probamos moitas cousas novas. Entre elas ir in barco, en avión, en metro e en burro!!! Ai que molones eran.
Tamén probamos todas as comidas típicas de alá nunha cena que fixemos todos xuntos. Cando digo todos xuntos, refírome ós tres institutos que fomos: IES de Ames, de Carballo e o noso, o de Melide. Eran todos xeniais, falamos con todos e pasámolo moi, moi ben con eles, iso é que houbo algúns choros ó despedirnos no aeroporto de Santiago. Ata queremos facer unha cea para vernos todos outra vez!!! Ademais de todo isto tamén nos gustou moito todos os monumentos que vimos: o Partenón(impresionante, era enorme...), o templo de Apolo en Delfos... Pero, polo menos nós, podemos dicir que o que máis nos gustou foi a illa de Santorini e o barco no que chegamos a ela, aínda que tivemos que botar oito horas nel. Era preciosa, con tódalas casiñas brancas, con moitos camiños, escaleiras, e sobre todo costas cara arriba...Ó final do día doíannos as pernas...Pero mereceu a pena. E non esquecemos a illa do volcán, que bonita era!, toda a illa vermella e moi diferente do que estamos acostumados a ver. Tamén estivemos, como non, en Atenas, pero esa cidade non nos gustou moito. Había zonas moi vellas e algunhas persoas eran moi raras, con perdón. Pasamolo moi ben pero nestes últimos días xa tiñamos unhas poucas ganas de vir a Melide e ver a nosa xente.

Silvia e Patri, 3ºA

Doniso

Ola, eu son Dioniso, o deus do viño e do teatro.
Si vas a Roma e preguntas por min coñecenme como Baco, aínda que en Grecia as veces tamen me chaman así.
Son fillo de Zeus e de Sémele, miña nai morreu por culpa de Hera que o ser tan celosa, nun ataque de rabia dixolle que co home co que se acostara non era Zeus e mña nai celouse e dixolle a meu pai que si era el que se mostrara como era. Sen querer miña nai morreu fulminada por un raio e como eu inda non nacera, meu pai introduciume no seu muslo ata os nove meses e de ai nacín.
Os meus lugares de culto son: Frixia, Tracia, cimas das montañas (Citerón, en Tebas), Delos, Lemnos, Naxos, Quíos, Corfú, Cos, Lesbos, Pérgamo.
Asi que xa sabedes a rendirme culto!!

01/04/09

Deméter


Ola rapaces! Como andades de examenes polo insti? porque estas semanas debestes ter bastantes...
Eu son Deméter así me chaman en Grecia, e o meu nome romano é Ceres. Son a filla de Cronos e Rea.
Os emblemas cos que me identifico son: as espigas, a fouce e a amapoula.
Xa que son a deusa grega da agricultura, nutricia da terra pura e xoven, ciclo vivificador da vida e a morte, e protectora do matrimonio e a lei sagrada.
Tiven unha relación con Zeus, é dicir, fun unha das súas amantes, e naceu Perséfone, a que quero.
Pero todo se entristeceu na miña vida, cando Hades, o meu propio irmán e deus dos infernos, levou secuestrada á miña filla... estaba tolo por ela!.
Busqueina desesperadamente e deixei todas as miñas tarefas, así foi que a terra deixou de producir por completo e a xente quedou sen alimento. Pero eu só me preocupaba por encontrar a miña Perséfone.
Cheguei e Eleusis, disfrazada de anciana para que ningún me recoñecera, e unha vella chamada Iamba axudoume moito e deume moitos ánimos para seguir buscando.E por fin encontrei a Perséfone, pero como Hades tíñaa custodiada no seu reino, supliqueille ao meu irmán Zeus que buscase unha solución. Zeus non podía entrometerese entrometerse no reino do seu irmán, pero tampouco quería ver morrer aos homes de fame. Ao final fixemos un trato con Hades: Perséfone pasaría a metade do ano conmigo e a outra metade con él. Ao recobrar á miña filla e a miña felicidade a terra volveu a producir.
E así todos os anos fago que a terra se encha de froitos cando estou feliz coa miña Perséfone, e déixoa descansar cando ela marcha a cumplir os seus deberes como raíña do Inferno.

26/03/09

Eros


Eu son Eros o deus primordial responsable da atracción sexual, o amor e o sexo, tamén son venerado como o deus da fertilidade. Din en algún mito que son fillo de Afrodita e Ares, pero según o banquete de Platón fun concebido por Poros e Penia no cumpleaños de Afrodita. Esto explica os diferentes aspectos do amor. As veces son chamado como Dioniso, "o libertador". A min os romanos chámanme Cupido, tamén son conocido como Amor. Según a tradición iniciada por Erastóstenes son principalmente o patrón do amor entre os homes,gústame estar coas mulleres e facerlles cousiñas... No pensamente grego ai dous aspectos sobre a miña concepción. Na Teogoría de Hesíodo nazco tras o caos primosdial xunto con Gea, a terra e Tártaro, o inframundo. De acordo coa obra de Aristófanes"las aves", eu brotei dun ovo posto pola noite, quen o había concebido na oscuridade. Nos misterios eleusinos son adorado como un Protógono. A outra versión e que son fillo de Afrodita e Ares, Hermes o Efesto, o de Poros e Penia e a veces de Iris e Céfiro. Eu era o axudante de Afrodita e dirixía a forza primordial do amor e levaba aos mortales. Eu coñecin a princesa Psiqué, unha princesa moi guapa. Afrodita estaba celosa da beleza da mortal Psique, porque os homes estaban abandonando os seus altares para ir adorar no seu lugar a unha simple muller. Afrodita ordenoume que fixera que Psiqué se enamorara dun home moi feo, pero o final acabéime namorando eu dela. Os dous namorámonos. Di Apuleyo que tuvemos unha filla chamada Hedoné.

Atenea

Eu son Atenea, filla de Zeus e de Metis, son a deusa da gerra, da intelixencia, das artes e da paz. Como xa sabredes, eu nacín da cabeza de Zeus xa co meu escudo e vestida coa armadura, disposta a pelexar. O día que eu nacín os deuses estaban a pelexar cos xigantes e grazas a min gañaron, non é por chulearme nin nada pero...tampouco me importa decilo jaja
Eu tiven que competir con Posidón polo padroado de Atenas. Para ver quen era o mellor dos dous, ofrecimos un regalo aos cidadáns: eu ofrecinlles o olivo e Posidón un cabalo e por suposto elixironme a min. O olivo convertiuse no simbolo de Atenas, é un dos cultivos mais abundantes en Grecia.
Eu tamen axudei a Perseo, Aquiles... eles eran os meus heroes, si eu non decidira ser virxen iríame con eles, jaja.
Din que en vez de ser a deusa da intelixencia que son a deusa da estratexia, xa que a miña batalla con Ares, o meu gran rival, fora planificada con desciplina e método.
Eu tamen son unha boa tecedora e ensinaba ás fiandeiras a miña arte. Cunha destas tecedoras, Aracne, tiven unha historia. Ela era unha xoven moi fermosa, que sabía coser as mil maravillas, tan ben o facía que me desafiou para saber quen o faria mellor das duas. Ainda que esa non era a miña intención pero ela tiñao tan creido que me enfureceu e aceptei, pero cando rematamos ela xa se deu conta de que o meu traballo era mellor e sentiuse tan humillada e tan arrepentida que se intentou aforcar, pero eu condeeina a coser e tecer para sempre, e decir, que a convertin en araña. Esta historia describiuse moi ben nun dos famosos cuadros de Velazquez, as fiandeiras.

25/03/09

Apolo


Chámome Apolo e son un deus grego nacín na illa de Delos na presencia de todos os inmortales. Na mitoloxía grega e romana son un deus olímpico dos máis importantes e multifacéticos. Son reconocído como o deus da luz e do sol, como a mediciña e a curación e máis importante como o deus da música, poesía e as artes. Son fillo de Zeus e de Leto e son irmán xemelgo da cazadora virxen Artemisa. Teño dous lugares de culto: a sagrada illa de Delos e o santuario de Delfos, ao pe do monte Parnaso.
Cando Hera descubriu que miña nai, Leto ou Latona, estaba embarazada e que Zeus era o meu pai, prohibíu que dera a luz en terra firme, continente ou en calquera illa no mar. Entón miña nai encontrou unha illa flotante, Delos, que non era no continente e tívonos alí a miña irmá Artemisa e máis a min. No momento do parto, a illa quedou fixa cunhas cadeas no fondo do mar e máis tarde foi consagrada para min.

O oráculo de Delfos é un un gran recinto sagrado dedicado principalmente a min, ten no centro o meu gran templo. Considérase que Delfos esta situado no centro ou embigo do mundo, o pe do monte Parnaso. Alí estaba a famosa fonte de Castalia, onde se reunían as musas. Como xefe das musas e director do seu coro, actúo como deus patrón da música e da poesía. Hermes creou a lira para min e ese instrumento convertíuse nun atributo para min.

Unha vez Marsias, un sátiro, desafioume nun concurso musical. De Marsias dise que nacera en Celea (Frixia), na fonte principal do río Meandro. Marsias era un experto tocando o aulos, unha especie de frauta dobre. Enfrontámonos nun concurso musical coa condición de que o gañador podría tratar ó perdedor como quixese. As xuíces eran as musas, polo que gañei eu e Marsias foi desollado vivo nunha cova preto de Celea pola súa hybris ou soberbia ao desafiar a un deus. Clavei a pel de Marsias nun árbol, preto do lago Aulocrene e a súa sangue formou o río Marsias.

Bueno rapaces agora xa sabedes un pouco mais de min, veña un bico. Por certo estou moi a gusto en Melide donde tanta xente estudia e toca música.

Ares

Ola amigos! son Ares, o deus olímpico da guerra. Eu son a personificación da forza bruta e da violencia; a diferenza da miña irmá Atenea, que ademais de ser deusa da sabiduría, tamén o é da guerra, pero nun senso menos violento . Os romanos identifícanme como Marte, tamén deus da guerra.Todos me representan como fillo de Zeus e de Hera. O meu lugar de nacemento estaba situado moi lexos, entre os bárbaros e os belicosos tracios, donde fuxín cando me descubriron con Afrodita, a deusa do amor e da beleza.E vaia coa súa beleza! je,je. Cando ocorria algunha desgraza sempre pensaban que era eu o que estaba detrás de todo, e fun moi odiado por todos, incluso polos meus pais. Na mitoloxía Romana aparezo como pai de Rómulo e Remo, tras unirme a Vestal Rea Silvia.Unha das cousas máis terribles que me sucedeu, foi cando Oto e Efialtes, os dous xemelgos Alóadas, tomaron o monte Olimpo e lograron secuestrarme e meterme nunha vasilla durante trece meses, fun liberado cando Artemisa se ofreceu para deitarse con Oto, Efialtes sentiu celos e comezou a pelexar co seu irmán, Artemisa transformouse en cerva e saltou entre os dous, os Alóadas ,para evitar que fuxira, arroxaron as súas lanzas e mataronse un ao outro
Os meus emblemas son:o casco, o escudo e as armas.

Hefesto


Ola chamome Hefesto, ainda que os romanos chamanme Vulcano. Son o deus mais feo de todos, son torto, algo xorobado e coxo porque cando nacín parecinlle tan feo a miña nai Hera que me guindou do Olimpo. Son o ferreiro dos deuses, eu constrúo os raios de Zeus, as armas dos heroes, e todo aquelo que me encargan. Teño a miña fragua de baixo do monte Etna. Cando me vexades recoñeceredesme por levar o martelo, as tenazas e a bigornia. Estou casado con Afrodita, ainda que Helios (o sol por se non sabedes quen é) dixome que me estaba enganando con Ares. Un dos traballos foi cando Aquiles lle prestou as suas armas o seu amigo Patroclo, matouno Héctor pensando que era Aquiles, o morrer Patroclo os troyanos que dan con as armas que Aquiles lle prestara a Patroclo, nese momento ven a nai de Aquiles a encargrme unas armas para su fillo Aquiles.

Perséfone

Ola queridos lectores! Son Perséfone.
Na mitoloxía, grega eu era a reina do inframundo, ou ben unha xoven doncela filla de Deméter e Zeus.A miña figura actuelmente é moi coñecida, e ten un gran poder emocional: unha doncela inocente, o dor dunha nai polo rapto e o regerso da súa filla.
O meu nome, para os gregos, non era seguro pronunciar en voz alta e a que se refería como "A Doncela".
Eu non tiña posición estable no Olimpo. Solía vivir lexos dos outros deuses, levaba unha vida pacífica ata que me convertín na deusa do inframundo. Eu estaba collendo flores con algunhas ninfas cando de súpeto apareceu Ares mediante unha grieta do solo, asusteime moito!. A vida quedou paralizada mentras miña nai me buscaba por todas partes e as ninfas foron transformadas en sireas por non haber intervido. Helios, o sol, que o ve todo, terminou por contarlle todo a miña nai, Deméter. Zeus non puido aguantar máis a agonía da terra xa que miña nai, coa tristeza do meu secuestro deixou de dar frutos a terra, mandou a Hermes a que me rescatase. Hades, meu tío, só puxo unha condición: que non comese nada do inframundo, pero engañoume e comín uns grans de granada que me obligaron a volver cada ano un mes por cada grano que comera. Pasaba seis meses con miña nai, e nese tempo a terra daba frutos e outros seis meses con Hades e, neste tempo miña nai coa tristeza de terme lonxe deixaba de dar frutos. Os gregos explicaban con este suceso as estacións e os ciclos naturais de producción da natureza.

24/03/09

A Odisea

Xusto a piques de iniciar a nosa propia Odisea en Grecia (mañá marchamos!!) paréceunos oportuno publicar este post. Aínda que esteamos lonxe, tentaremos mandar noticias ao blog e non esquezades tampouco vos facer o mesmo... recordade que con internet estamos a un paso. Ai si os deuses do Olimpo tivesen Internet...! Imaxinades que sería do pobre Hermes?
Imos agora coa auténtica Odisea. Despois da guerra de Troia, os gregos regresan á súa patria, pero non todos o fan con igual fortuna. Ulises ou Odiseo, rei de Itaca, tardará dez anos máis en regresar debido á enemistade de Poseidón, que axitará os mares cada vez que se embarque e o fará naufragar mil veces. Aínda que son varias as fontes sobre Ulises, sobre todas elas destaca a Odisea de Homero. O Odiseo homérico é un heroe que se caracteriza pola súa intelixencia e que conta coa protección de Atenea, que se fará máis sabio coa súa viaxe e gañará os epítetos de "o moi prudente", "o home de moitos enganos" ou "o home de moitos camiños". A viaxe convírtese con Homero nunha metáfora da búsqueda da sabiduría, sendo máis importante o camiño que a meta. Así nolo canta o poeta Kavafis no seu poema Itaca:

Se has de facer a viaxe cara Itaca,

pide que o teu camiño sexa longo,

cheo de aventuras, cheo de coñecementos...


A guerra de Troia

Un dos mitos máis importantes na mitoloxía clásica é a guerra de Troia e todo o ciclo de lendas e cantos épicos que xurde arredor dela, o que denominamos ciclo troiano. Segundo a lenda, o troiano Paris raptou á fermosa Helena, esposa do rei de Esparta Menelao, provocando deste xeito o ataque dos gregos á cidade de Troia e a conseguinte guerra que duraría dez anos. Troia, no estreito dos Dardanelos, chamábase en grego Ilión (Ἰλιόν), e de aquí deriva Ilíada, o poema de Homero que ven sendo a testemuña literaria más antiga en lingua grega e na literatura europea. Pero a Ilíada de Homero non nos conta toda a guerra de Troia, senón só nove días do noveno ano de guerra, cando o famoso Aquiles (o dos pes lixeiros, o do talón...) se enfada co rei Agamenón e decide retirarse da loita. Así comprendemos que Homero comece a súa obra pedíndolle inspiración a musa "Canta, musa, a cólera do Pélida Aquiles"...
Coa Ilíada e a Odisea (a outra obra de Homero) educáronse incontables xeracións de homes gregos e occidentais en xeral, que vían nos seus heroes un modelo de comportamento.
Cando estudiamos mitoloxía sempre insistimos na idea de que a mitoloxía era un xeito de ver a vida, de explicar cousas que nese momento non tiñan unha explicación racional: os fenómenos naturais, a orixe do mundo, o comportamento humano, etapas do pasado... Disto último trata precisamente o ciclo troiano, pois a partir dos libros de Homero os arqueólogos descubriron as cidades de Troia, Micenas, Tirinto, Esparta... e puderon probar que si houbo unha guerra alá polo 1200 a.C. As causas de esta guerra histórica serían menos románticas e máis materialistas, os intentos dos gregos por controlar as rutas comerciais do Mar Negro levaríanos a enfrontarse cos pobos asiáticos que controlaban os estreitos.
Bota unha ollada a esta historia resumida e completa información cos enlaces e a bibliografía vista en clase.