05/12/08

Zeus-Ío


Na mitoloxía grega, Ío era a doncela de Argos,filla do deus do río Ínaco, sacerdotisa de Hera, que foi amada por Zeus.
Para unirse a ela,Zeus transformouse en néboa.
Este transformouna en vaca branca para protexela dos celos da súa muller,Hera. Sen embargo, como esta sospeitaba que o animal era a amante do seu marido,pediulle que lla regalara e,unha vez conseguido,entregoulla a Argos,o monstro dos cen ollos,para que a vixiara.Como o monstro nunca durmía con todos os seus ollos cerrados, a Ío resultáballe imposible escapar ata que Zeus enviou ao seu fillo, o deus Hermes, para que a rescatara. Hermes inxenióusellas para matar ao monstro facendo que se durmira con todos os seus ollos cerrados contándolle aburridas historias. Entón Hera enviou un tabao para que a atormentara coas súas picaduras. Ío vagaba pola terra sen descanso ata que atravesou nadando o mar e chegou a Exipto; en honor a ela este mar leva o seu nome, Xónico. Alí recuperou a súa forma física orixinal e deu a Zeus un fillo, Épafo, antepasado do heroe grego Hércules.
(Fonte:Wikipedia)

1 comentario:

Susana Losada dixo...

Moi ben Marta. Ben redactado, aínda que debes intentar non abusar dos "este/a" e reformar un pouco o primeiro párrafo, que non queda claro. A imaxe é boa e diferente das que vimos na clase. Falta a etiqueta.