10/03/09

Teatro en Lugo


Hoxe fumos a Lugo a ver Las Bacantes de Eurípides e Lisístrata de Aristófanes, que abrían a nova tempada do Festival de Teatro Grecolatino. A representación das dúas obras estivo a cargo do Grupo Hypnos, de Córdoba e foi espléndida. Coa súa interpretación entregada, este grupo conseguiu achegarnos unha traxedia difícil como As Bacantes, e facernos comprender esa dor humana, ese sufrimento inevitable no que se centran as traxedias gregas. Chamounos a atención especialmente o coro coa súa coreografía e a súa cor, ¡que ben nos trasmitiu co seu "evohé" esa ambigüidade de Dioniso, deus libertador que outorga a alegría, pero tamén deus do exceso e da loucura!

Pero non podemos dicir menos de Lisístrata, onde practicamente os mesmos actores que pola mañán nos trasmitiron ese πάθος ou paixón, fixéronnos rir a gargalladas. Foi unha representación moi axeitada para o día da muller traballadora, aínda que xa sabemos que non nos podemos fiar moito do feminismo de Aristófanes.
No IES de Melide xa levamos moitos anos asistindo a este festival de teatro, e temos que decir que se supera cada vez, xa que calidade dos grupos participantes é impresionante.
Ademais das representacións, fixéronse entrega dos premios do concurso Odisea a dous grupos do IES de Ames e a un do IES Fontexería de Muros. A ver si un ano destes recollemos algún nós!
Queremos recordar que todas estas actividades están organizadas pola Sociedade de Estudos Clásicos na súa sección galega.
Por último, que máis pode pedir unha profesora, que nun día de traballo ve un dos seus espectáculos favoritos, na compaña de 23 alumnas que saben estar a altura dun acto coma este e, ademais, disfrutan del?

1 comentario:

Daniel Lagoa dixo...

¡qué bien! En Curtis vamos mañana a ver el Miles Gloriosus y ya estamos impacientes. Tengo que confesar que estoy un poco nervioso porque no estoy muy acostumbrado a viajar con alumnos pero espero que todo salga bien. Por otra parte, deseo que tengamos suerte y nuestros actores también lo hagan estupendamente. Seguro que sí. Un saludo.